Amosando publicacións coa etiqueta Carla. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carla. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de xuño de 2014

As chicas de Dubai se despiden en PortAventura.

Día 11:

Todos estamos tristes porque é o noso último día neste engaiolante lugar. Coma todos os día espertamos, vestímonos e baixamos a almorzar. Este día comemos moito xa que tíñamos que ir con moita enerxía ao parque de atraccións de Portaventura. Ao rematar  o almorzo, baixamos as nosas maletas e despedimos, con morriña, a que fora a nosa casa durante unha semana inolvidable...

Xa estabamos chegando a Portaventura cando comezamos a ver o Shambhala, que é a montaña rusa máis grande de Europa. Ao chegar alí a entrada estaba chea de autobuses, posto que era o primeiro día do ano no que o parque abría. Estivemos esperando dúas horas, nas que estivemos falando mentres que outros durmían.
Entramos abraidos, polo tamaño do parque (que consta de 6 zonas diferentes) e por todas as súas atraccións.




Xa no parque, separámonos e montamos en moitísimas atraccións. Almorzamos nun dos restaurantes da zona de México, "La Cantina". Despois de xantar montamos noutras atraccións nas que aínda non montaramos como o Dragon Khan, Huracan Kondor... e tamén facemos unhas pequenas compras dos recordos do parque.
As sete da tarde o parque pechou e despedímosnos del. 

Marchamos cara o bus, como estabamos moi cansos quedamos durmidos moi cedo. Xa para cear os profesores espertáronnos nunha gran área de descanso en Zaragoza. 


domingo, 8 de xuño de 2014

5º Día por Carla, Alicia e Noelia

Día 10:

Hoxe espertamos as 08:30 da mañá e baixamos almorzar ao comedor xa que tíñamos que ir con enerxía a realizar moitas actividades nunha praia de Vilanova i La Geltru. Cando chegamos nos dividimos en dous grupos, uns marchan co Kaiak ata a outra praia e outros van facer vela. Cando cada grupo acabou, intercambiaron as actividades, os que facían Kaiac foron facer vela e viceversa. Estas actividades foron entretidas, pero esgotadoras, así que para relaxarnos démonos un pequeno baño no Mediterráneo.

Como chegou a hora de comer, dirixímonos a un parque para comer o noso pícnic. Despois de almorzar volvemos á praia para poder durmir a sesta antes das seguintes actividades. As tres da tarde comezamos co volley ball e fútbol praia. Para rematar este día, démonos o último mergullo da viaxe.

Volvemos cara o noso hotel moi cansos. Alí ceamos e duchámonos para logo saír de festa todos xuntos.   Ás doce da noite regalámoslle a nosa compañeira Blanca unha torta de gominolas e felicitámola polos seus 16 anos. O DJ adicoulle unha canción.

Este día a discoteca estaba chea de rapaces de Madrid, Cádiz, País Vasco... coñecemos moita xente nova e pasámolo xenial.



venres, 6 de xuño de 2014

4º día de excursión por Alicia, Noelia e Carla (as rapazas de Dubai)

Día 10:


Esta mañá, ó espertar estábamos moi cansos, xa que pola noite saíramos de festa a un local da zona.

Este día comezámolo collendo un autobús cara a cidade, Barcelona onde visitamos o famoso estadio de fútbol, O Camp Nou. A verdade é que quedamos abraiados pola súa inmensidade e sobre todo chamounos a atención a gran tenda que ten no seu interior, onde puidemos mercar agasallos para as familias.

Ó rematar dirixímonos ó Museo da Ciencia, o CosmoCaixa, un lugar espectacular onde se atopa un hábitat natural con diversos animais, experimentos científicos, documentais... era realmente fantástico e cabe dicir que nos encantou a todos, ademais era un lugar enorme.



















Este día comemos de bufete libre nun dos restaurantes do museo.
Despois, estivemos nos seus xardíns e logo dirixímonos ao autobús rumbo ao centro de Barcelona para visitar diversos monumentos como os construídos polo famoso arquitecto, Antoni Gaudí: A casa Mila ou Batlló famosa pola súa fachada en forma de osos e o seus teitos coma un dragón.

Ás sete da tarde visitamos o monumento máis representativo, a Sagrada Familia, un inmenso e impresionante templo expiatorio construído tamén por Antoni Gaudí.

É unha obra maxestosa, leva máis de cen anos en construción e aínda non esta rematada.
No seu interior destacan as grandes cúpulas do teito, os piares que sustentan o templo, as enormes e coloridas vidreiras, e as poucas imaxes de santos.

O que máis nos sorprendeu de Barcelona foi esta catedral inacabada, xa que é un lugar impresionante e por iso quedamos todos abraiados. Regresamos ao hotel en autobús onde escoitamos o partido de Atlético de Madrid contra o Barcelona.

Cando chegamos xa era tarde, e tivémonos que vestir a trescentos por hora para poder saír de festa.


domingo, 1 de xuño de 2014

Noelía, Carla e Ali van de cruceiro polo Delta do Ebro

Día  9:

Espertamos as 8:25 da mañá, preparámonos, almorzamos e collemos o noso pícnic. De seguido marchamos cara ó autobús, que nos leva a L'Ampolla, unha poboación situada no Delta do Ebro. Alí facemos un percorrido podo Delta, onde o guía nos dá unha explicación sobre a súa fauna, flora e o proceso de cultivo do arroz.





Máis tarde fixemos unha parada para almorzar. Como tivemos un longo tempo de espera, algúns dos nosos compañeiros xogaron ao "pañuelito", mentres  os que estaban comendo no restaurante rían. Pasámolo xenial, isto recordounos os nosos anos de párvulos. Pouco despois, sobre as 18:00 h, embarcamos e comezamos a nosa viaxe fluvial.


Ía frío. Chamounos a atención a vexetación, o guía íanos explicando e amosando un pouco toda a paisaxe. Cando chegou a hora de volver, puxéronnos música na planta de arriba todos rimos e bailamos xa que estábamos quecendo motores para a noite.


Collemos o autobús e volvemos ao noso hotel. Alí preparámonos para saír de festa. Era a primeira noite que saíamos e todos tíñamos unhas ganas incribles  de coñecer ós locais da zona, como a discoteca Nikki´s ou On Sempre.

xoves, 29 de maio de 2014

As rapazas viaxeiras de Dubai coñecen Barcelona

Día 7:

Como todos os días espertamos as 8.30 da mañá e baixamos a almorzar  coa compaña dos anciáns aloxados no hotel. O acabar dirixímonos no noso autobús cara Barcelona. A nosa primeira parada foi para facer un percorrido polo Barrio Gótico, comezando pola visita á Catedral que está adicada á patroa de Barcelona que é Santa Eulalia. Xa no interior, a nosa guía explicounos moitas cousas interesantes sobre este lugar.
Despois fomos camiñando por diferentes rúas contemplando os monumentos importantes e as esculturas modernistas.
Tamén estivemos na Generalitat de Cataluña, a continuación demos un paseo polas Ramblas. A famosísima rúa de Barcelona  é un lugar cheo de tendas de souvenirs, e artistas de rúa así como de moitísimos turistas. Tamén vimos o Gran Teatre del Liceu que é un Teatro de Ópera moi importante que xa sufriu dous incendios.
Ao final desta rúa atópase a Praza de Colón e a fermosura do Mar Mediterráneo.

Cando nos dirixíamos ó Porto Deportivo quedamos abraiados coa inmensa cantidade de cruceiros, iates e barcos que alí había. Ó pé do mar estaba construído un enorme centro comercial o MareMagnum. Neste centro comercial atópase o restaurante Fresco MareMagnum onde degustamos un bufete libre. Por certo, a comida estaba boísima!!!!

Ao rematar de xantar deixáronos tempo libre e algúns fomos de compras.
As 16.30 estabamos todos no autobús ascendendo cara o monte Tibidabo, o punto máis alto da cidade.


Tras unha pequena parada para gozar das vistas subimos andando por unhas interminables escaleiras que chegaban ata o pé do castelo do cal a nosa guía nos explicou moitas cousas. Accedemos ao seu interior e subimos á azotea do castelo dende onde as vistas  eran aínda máis espectaculares.


 
Deseguido subimos ao autobús e percorremos a Vila Olímpica, un lugar espectacular e moi grande no que se celebraron os Xogos Olímpicos no ano 1992.

Antes de regresar fixemos unha pequena parada nas Ramblas para mercar agasallos. Moitos fomos comprar ao famosísimo Café Hard Rock.

Á noite chegamos ó hotel cansos de tanto camiñar, démonos unha ducha e baixamos cear para logo ir tirar fotos á praia. E logo a durmir.....

mércores, 21 de maio de 2014

As rapazas de Dubai contan o seu primeiro día de excursión

Día 6 de abril

Despois dunha noite na que case non puidemos pegar ollo debido a que algúns dos nosos compañeiros tiñan a música a todo volume e non paraban de cantar, ás 12:00 da mañá chegamos ao noso destino, Calafell (Tarragona), e dirixímonos ao noso hotel Ramblas Miramar que se atopaba en primeira liña de praia.

Alí os nosos profesores asináronnos os nosos cuartos. O primeiro que fixemos foi pegármonos un baño que nos sentou de marabilla. Logo dirixímonos ao comedor onde, contemplando as vistas do mar Mediterráneo, degustamos un estupendo buffet libre.


Pola tarde fomos en autobús a Vilanova y La Geltrú (na provincia de Barcelona), unha vila situada a media hora do noso hotel. Neste lugar puidemos realizar diferentes actividades deportivas como kaiak, segway, circuíto de obstáculos... Ademais disto, algúns de nós decidimos darnos un baño no Mediterráneo. A verdade é que se estaba moi ben.
Ao rematar volvemos ao noso hotel, durante o camiño a metade quedaron durmidos debido ao cansazo das actividades. Logo de chegar e darnos un baño, baixamos cear ao comedor.

E antes de irnos durmir, os nosos profesores deixáronnos uns minutiños para que déramos unhas voltas nocturnas por Calafell.

Así rematou este día tan divertido para nós, agora toca esperar a ver que pasa mañá.

mércores, 23 de abril de 2014

Días 9 e 10 en Dubai

Día 9:

http://www.traveler.es
Xa é o noso último día neste engaiolante e exótico lugar. Non podemos crer que teñamos que marchar!!!

Para poder recordar este país unha vez esteamos fóra del, percorremos algunhas das súas rúas máis coñecidas, tirando moitas fotos e comprando moitos recordos propios desta cultura.

http://www.getyourguide.es
Chegada xa a tarde marchamos a praia para descansar unhas horiñas e coller color. Xa cando o sol se estaba agochando polo horizonte, un helicóptero recóllenos na azotea do noso hotel. Durante este recorrido de 22 apaixoantes minutos gozamos das preciosas vistas de Dubai, algo inesquecible para nós.

Xa rematamos esta aventura e volvemos ao hotel para facer as nosas maletas e despedirnos do noso querido hotel, xa que as once e media temos que estar no aeroporto para facturar.


Día 10:

Xa é a 01:55 da mañá en Dubai e xa estamos no avión da compañía Qatar Airways. Despois dun longo voó chegamos  a Londres as 06:20 polo horario europeo. Paseamos un pouco pola cidade londinense e as 11:50 emprendemos o voó cara Oporto o cal chegamos as 14:10. Nese aeroporto esteranos todos os nosos familiares con moitas ganas de vernos as tres.

martes, 22 de abril de 2014

Día 7 e 8 en Dubai

Día 7:
http://www.ebookers.ch

Á diferencia de todas as mañás levantámosnos máis tarde. Marchamos cara o acuario The Lost Chambers, que se atopa no interior do hotel Atlantis.
Este acuario é o hábitat mariño máis grande de Oriente Medio e  contén máis de 65.000 animais mariños. Cada sala ten un ambiente distinto e moi traballado.




http://events.hellotrade.com
Xa pola tarde marchamos facer un pequeno percorrido pola cidade e visitamos as Emirates Towers, dúas das torres máis altas de Dubai, cunha altura de 355 e 309 metros respectivamente. Subimos ao alto dunha das torres e alí puidemos ter unha marabillosa panorámica de Dubai.

Despois ceamos nun dos esctaculares restaurantes das torres.


 
Día 8:

Esta mañá visitamos o monumento máis impresionante de Dubai, cos seus 828 metros de altura é o edificio máis alto do mundo, o Burj Khalifa. Na planta 124 atópase o miradoiro da Torre Califa, sen dúbida o mellor punto para contemplar a cidade.

O horario de apertura do miradoiro é de 10:00 a 22:00. O prezo é de 100 dirhams por persoa (uns 20 euros). O rascaceos destaca por ter un gran número de plantas residenciais, algo insólito ata o momento.

http://www.seedubaitours.com/
Pola noite recóllennos no noso hotel para gozar dun fermoso cruceiro por Dubai Marina, a zona máis moderna de Dubái e unha das máis animadas pola noite. O paseo ten unha duración de 3 horas e costa 55 euros por persoa.
Unha vez embarcados percorreremos as canles de Dubai Marina ata chegar ao tronco da Palmeira Jumeirah, a illa artificial máis famosa de Dubai. Un día moi ben aproveitado.

mércores, 2 de abril de 2014

día 5 e 6 en dubai

Día 5:

http://hauteliving.com
Comezamos este día como outro máis, levantándonos cedo e con moitas ganas de poñer rumbo cara outro lugar descoñecido para nós, Al Bastakiya. Para chegar ata alí collemos un barco pola ría natural ata Al Bastakiya no sur de Dubai Creek, concretamente en Al Fahidi Street.
 É unha área de antigas casas e patios interiores, sobre as que se alzan os antigos captadores de vento, un sitema de canalizacion do vento. 


Cerca deste lugar dirixímonos ao Heritage Village, onde atopamos a Casa de Sheikh Saeed Al Maktoum, unha casa moi peculiar por ser o mellor exemplo da arquitectura arábiga e tamén por pertencer ao goberno. Nela atópanse fotografías, instrumentos marítimos, moedas e selos.



http://pictures.infodubai.net
Pola noite visitamos un peculiar pub de orixe irlandés que se caracteriza por dar pequenos concertos de música irlandesa chamado The Irish Village, onde coñecemos a moita xente e bailamos moito.

 



 

Día 6:

http://www.edsaplan.com
Xa levamos unha semana de viaxe. Como vai un día de moita calor decidimos refrescarnos nos diferentes parques acuáticos de Dubai. Como Aventure Water Park que é un dos parques acuáticos mais importantes do mundo e espectaculares; hai tobogáns que en vez de baixar soben, hai un tubo polo que atravesas o interior dun acuario. A entrada custounos 200 dirhams, uns 40 euros por persoa.




http://www.worldfortravel.com
Á tarde decidimos visitar outro parque acuático que é o  Wild Wadi Water Park un dos parque máis antigos da cidade,a atracción que máis nos gustou foi o simulador de surf. A entrada custounos 215 dirhams uns 43 euros por persoa. 

 As entradas son un pouco caras pero merece a pena pagar.

Despois deste axitado e  emocionante día dirixímosnos ao noso fantástico hotel.





sábado, 29 de marzo de 2014

Cuarto día en Dubai

Día 4:

http://www.starwoodhotels.com
Que mellor maneira de comezar o día que almorzar contemplando o claro amencer na espectacular azotea do noso hotel. A continuación dirixímonos co noso coche á Mezquita de Jumeirah situada en Al-Jumeirah Road. Alí esperabanos o noso guía en compaña dun grupo de turistas alemáns. 

Para poder realizar a visita da Mezquita tivemos que cubrir o pelo cun velo e levar unha vestimenta longa xa que alí non está permitido levar roupa curta. 

Durante a hora e cuarto que dura a visita, cóntannos que é a Mezquita máis importante de Dubai, debido a súa impresionante arquitectura e por ser a única á que poden acceder os non musulmáns.

Como xa era hora de xantar,  decidimos ir a un restaurante próximo, chamado Seaview. Alí degustamos o marisco que xa o botábamos de menos, posto que somos galegas. A verdade e que comemos moitísimo por tan só 180 dirhams por persoa que veñen sendo 36 euros.

http://travelview.es
A continuación desprazámonos ao Zoco de Bur Dubai situado no norte de Bur Dubai. O regateo, centos de cores, un ambiente que evoca o pasado son algúns dos ingredientes que converten este zoco nun lugar tan especial. Mercamos recordos, lámpadas, teas...

Despois deste visitamos os outros dous, o Zoco do Ouro e o das Especias (o máis antigo e onde gozamos das cores e os aromas).
Tras visitar estes maravillosos e sorprendentes lugares acabamos este esgotador día de visita e regateo.

xoves, 6 de marzo de 2014

O noso terceiro día en Dubai

Día 3:
O noso día comeza así:
Levantámonos cedo, sobre as oito da mañá, xa que fai un estupendo día e queremos aproveitalo. Para almorzar dirixímonos a un dos restaurantes do hotel. Alí as tres gozamos dun almorzo típico europeo: ovos, café, torradas, zume de laranxa,  bolos variados...
http://www.jumeirah.com
Ao rematar decidimos tomarnos unhas horiñas de descanso no spa Talise para darnos unhas masaxes, facernos uns tratamentos faciais, relaxarnos nos jacuzzis e poñérmonos estupendas... Estamos alí durante dúas relaxantes horas.

Despois de todo isto, baixamos á entrada do hotel onde collemos o noso coche e puxemos rumbo cara o Dubai Mall. En Quiksilver mercamos unhas luvas, unhas gafas de sol e un traxe de esquí. Chegou, por fin, a hora de dirixirnos caras as pistas, onde nos esperaba o noso monitor. El impártenos unhas pequenas clases máis avanzadas, xa que nós xa tiñamos algún coñecemento previo debido á nosa estadía dunha semana en Andorra cando estabamos en 2º ESO.

http://www.rhinocarhire.com
Tras tantas horas desta entretida actividade entrounos a fame e volvemos ao centro comercial para comer nun dos seus luxosos restaurantes. Desta volta escollemos un italiano chamado Carluccio´s.
Despois de xantar, descansamos un anaco e seguimos esquiando ata as oito da noite. Regresamos en coche ata o hotel. Absolutamente derreadas ceamos e imos cedo para as nosas habitacións. E así despedimos este apaixonante día.

domingo, 23 de febreiro de 2014

Segundo día en Dubai.

Día 2:
http://www.skyscrapercity.com/showthread.php?t=743144
Erguémonos cedo, almorzamos e saímos dar una volta para coñecer a cidade onde íamos estar os próximos nove días. Paseamos polas rúas ata atoparnos sen darnos conta no Dubái Mall, o centro comercial máis grande do lugar.
Entramos nel e facemos unhas compras. Percorremos todas as tendas como podemos: Chanel, Dior, Zara...
Cara as dúas da tarde comemos nun dos restaurantes chamado o More The Dubai Mall no que puidemos degustar pratos de todas as culturas e admirar a Fonte de Dubai.
http://www.turismoenfotos.com
Volvemos ao hotel e alí un coche lévanos a un Safari no Deserto. Alí gozamos da fermosura das dunas, fixemos un emocionante circuíto por elas nun 4x4, e despois decidimos montar nun camelo e practicar un novo deporte para nós, o "Sandboarding". Este deporte consiste en descender as dunas cunha táboa de snowboard. 
En total unhas seis horas de apaixonantes aventuras desérticas.
Ao atardecer ceamos, barbacoa e bufete libre, baixo o resplandor do sol agochándose baixo as dunas.
E cando pensabamos que non podíamos gozar máis...  gozamos dun marabilloso espectáculo de danza do ventre. 
Cando xa era tarde decidimos voltar ao noso luxoso hotel. Cada unha diríxese a súa suite, para descansar despois deste incrible día.



domingo, 16 de febreiro de 2014

Partimos cara a Dubái

Día 1: Saímos cara a Dubái.

https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcReg9GDYPdcfd2Le1KhJD7T79TY5DMVNL11zH1Tk8_nvN4OdFIxkQComezamos esta apaixonante viaxe o xoves día 1 de maio e tardaremos 19h 40min en chegar ao noso destino. Voamos desde o aeroporto de Porto (Purtugal) ás 8:50 da mañá cara Londres, Reino Unido.
Chegamos ás 11:00 h á terminal S.Gatwich (LGW).

En Londres facemos unha pequena parada, alí comemos e vamos ao centro da cidade, visitamos o London Eye e ao Big Ben.
Por fin, ás 21:35 da noite partimos. Chegamos o venres 2 de maio ao Dubai International Airport ás 7:30 da mañá.

Ao chegar,  recollemos o coche que alugamos e imos ao noso hotel, o Burj Al Arab.

Pola mañá relaxámonos na praia xa que estamos cansas de estar no avión. Comemos nun dos bos restaurantes do noso hotel, degustando manxares típicos de Dubai como a Shawarma, que son unhas láminas de carne asada ao espeto e de sobremesa tomamos uns deliciosos doces árabes.

Despois de botarlle unha ollada ao noso marabilloso hotel, marchamos ao museo de Dubái para coñecer desde o primeiro día a súa historia. Este museo ofrécenos un bo percorrido pola historia de Dubái, desde os seus inicios ata a nova cidade. 

Pola noite, despois de cear, imos á discoteca máis popular de Dubai, que é a Planetarium ata ás duas da mañá.

sábado, 21 de decembro de 2013

Características de Dubái

Dubái é un dos sete Emiratos Árabes Unidos, ubicado na costa do golfo pérsico, dentro do deserto de Arabia, no continente asiático, concretamente en Dubái Creek que divide Dubái en Deria, ao norte, e Bur Dubái, ao sur. Este territorio extrema ao sur co Emirato de Abu Dabi, polo noroeste co Shajab e co Sultanato de Omán polo suroeste.

Antigamente, Dubái contaba cunha extensión de a penas 3.885 km2, pero actualmente conta 4.114 km2 dos cales 1318 km2 son de costa e foron gañados ao mar.

A súa poboación está experimentando un gran crecemento, na actualidade ronda os 2,106 millóns de persoas.

O idioma dos Emiratos Árabes é o árabe, a pesar diso o inglés é o idioma máis falado en Dubái, aínda que tamén se poden atopar moitas outras linguas como o chino, o indo, etc.
 
http://www.conversor-divisas.net/currency/AED

O dírham é a moneda oficial dos Emiratos Árabes Unidos, cada moeda divídese en cen fils.O seu valor aproximado é de 4 ou 4,5 euros.

O sistema de goberno deste país é unha monarquía constitucional, que desde 1833 goberna a dinastía Al Maktoum. A constitución política establece a división de poder en tres ramas: executiva, lexislativa e xudicial, permitindo que o goberno local realice algunhas funcións políticas e administrativas ao goberno federal se é necesario.

Mohammed bin Rashid Al Maktoum é o representante do poder executivo federal no emirato, ao cargo do Consello Executivo de Dubái establecido en 2003.

mércores, 27 de novembro de 2013

O noso destino, Dubai.

  DUBÁI




Ola a tod@s!
Somos tres rapazas: Noelia, Carla e Alicia de 15 anos pertencentes a un grupo de 4º da ESO.
Temos pensado facer unha viaxe inesquecible e moi divertida. Visitaremos Dubái, un dos sete Emiratos Árabes Unidos, no continente asiático. 

A razón pola cal nós eliximos este fermoso e moderno país é porque temos especial interese pola súa cultura, gastronomía (mezze e hummus entre outros), arquitectura (Burj Khalifa) e os deportes (sandboarding,...) que alí se practican.
Aínda que temos moitas ganas de iniciar esta viaxe, temos certo reparo xa que somos turistas e descoñecemos moitos dos seus costumes. Por outra banda, como mulleres que somos, estamos interesadas en contrastar a situación deste colectivo nese país.

Por agora nos despedimos pero xa vos seguiremos contando!


Dubai Timelapse from dimid on Vimeo.