Amosando publicacións coa etiqueta Jorge. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Jorge. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de xuño de 2014

Jorge cóntanos o seu cruceiro polo Mediterráneo.



Día 1:

Tras catorce horas de autobús, por fin chegamos a Barcelona. Ata as catro da tarde non podiamos embarcar no cruceiro e tiñamos chegado as once da mañá, tivemos que facer tempo paseando polas Ramblas.
Tamén visitamos o Parque “Güell” e a Sagrada Familia, na que nos tería gustado entrar pero había moita cola e non tiñamos tempo como para estar a esperar, así que marchamos. A última hora, antes de subir o cruceiro, fomos a un centro comercial que estaba xusto ao lado do porto, e aproveitamos para facer unhas pequenas compras.
Cando por fin chegou a hora de subir ó barco, todos estabamos nerviosos por embarcar e poder descansar depois de tan larga viaxe. Unha vez dentro, fomos para os nosos camarotes para desfacer as maletas. Despois dunha sesta bastante larga xa era hora de cear, así que nos preparamos e alá fomos. Ao rematar fomos a unha discoteca do cruceiro. Despois duns bailes volvemos a os camarotes a descansar. Mallorca agardábanos!


mércores, 19 de marzo de 2014

Itinerario de Australia por Jorge, Junior e Christian 2/2

O día 19 sairemos do hotel de Melbourne (Crowne Towers Hotel) 247€/noite, para dirixírmonos ao Xardín Botánico. O Xardín Botánico de Melbourne atópase entre os mellores de Australia e do mundo, é gratuíto e parécenos un dos mellores lugares dentro da cidade para pasar un día. Despois, iremos descansar e comer algo o The Colonial Tramcar Restaurant (74€/persoa), no que probaremos comida típica de Australia. Logo iremos ao Melbourne Museum, no que faremos actividades para aprender.
www.vacationsandtravelmag.com

www.visitbrisbane.com.au
O día 20 viaxaremos a Brisbane onde nos aloxaremos no  Treasury Hotel and Casino (175€/noite). Pola tarde imos ir visitar a ponte ''Story Bridge'' cruzaremos andando por ela dun lado ao outro. Á noite iremos cear ao restaurante ''Zafrón'' (15-23€/persoa).



visitperthcity.com



Ao día seguinte viaxaremos á cidade de Perth e dirixirémonos ao hotel Hyatt Regency Perth (190€/noite). Á tarde iremos ao Water Labyrinth, onde gozaremos coas fontes facendo formas na auga. Cearemos alí xa que na praza hai vendedores ambulantes, que venden comida de todo o mundo.





O día 22 durmiremos no Hotel Grant Chancello Adelaide on Hyndley en Adelaida (93 €/noite). Á tarde iremos á Galería de Arte do Sur de Australia (20 €/persoa). En toda a tarde veremos máis de 3000 obras de arte. Á noite cearemos a no restaurante Georges on Waymouth (25€/menú).

venres, 13 de decembro de 2013

Australia en cifras

   

Escudo de Australia
orixe da imaxe: commons.wikimedia.org
Australia está localizada na Latitude Sur y Lonxitude Oriental no continente de Oceanía.

Neste país fálase inglés e utilízase o Dolar Australiano ( 1EUR equivale a 1,49AUD ).
Conta cunha extensión de 7 692 024 km² e a súa capital é Camberra que conta cunha población de 345 000 habitantes. e unha superficie de 814,2 km².
                                                                                                          Ross Watson
commons.wikimedia.org
A historia deste país comeza coa chegada dos humáns ao seu continente fai 42.000 anos. Tempo despois mariñeiros españois e portugueses xa tiñan descuberto o lugar pero foron os neerlandeses os que comezaron coa súa historia escrita. Estes dixeron que o lugar era inhabitable deixando o camiño libre para os británicos.
            Gareth Koch
www.last.fm
Os asentamentos británicos foron utilizados como prisións para os presos desterrados.
Na súa cultura podemos atopar músicos ( Paul Newell Hester, músico australiano baterista das bandas de rock Split Enz e Crowded House ), pintores ( Ross Watson , pintor australiano famoso polas suas versións de cadros do pasado, nos que intercala figuras contemporáneas ) e deportistas. ( Curtis Good, futbolista australiano que xoga como defensor no Newcastle United da Premier League )
                                                   
                                                                                         Paul Newell Hester             
elbitgris.blogspot.com

O sistema de goberno deste país é unha Monarquía Constitucional Federal Parlamentaria , sistema de goberno onde o monarca ostenta a xefatura do estado, que é un poder simbólico.

O clima deste país (atópase no hemisferio sur e resulta atravesado polo trópico de capricornio) é tropical e temperado. Caracterízase por ter días claros ( sendo así un país onde chove pouco ) pero cando chove pode causar inundacións danos á fauna animal e o peche de estradas.

En inverno as temperaturas oscilan entre 5ºC pola mañá e chegando os 21ºC o mediodía volvendo a baixar pola noite. O inverno comeza en Maio e remata a finais de agosto.
    Curtis Good nun partido co seu equipo
www.dailymail.co.uk

O verán comeza a mediados de Decembro e rematando en Febreiro chéganse a alcanzar os 40ºC. 

venres, 8 de novembro de 2013

Australia O Último Continente



Grupo Os Koalas

Ola somos o grupo os koalas. Somos uns alumnos de  4ºESO do Instituto Pedras Rubias de Salceda de Caselas e o noso grupo está integrado por :  
Líder : Jorge  Manuel  González  Ríos  
Man dereita : Pablo Augusto Rodríguez Feerick e Man esquerda:  Christian Lamas Cabaleiro.

Imos ir de viaxe a un continente moi afastado e autenticamente excitante en todos os sentidos:Oceanía e, en particular, vamos visitar Australia.                                                                                                                                       
                                                                                              Integrantes do grupo os koalas
Xardíns Botánicos de Sydney
O NOSO SOÑO É MIRAR A NEMO
Escollemos este país porque hai moitos animais espectaculares como poden ser os canguros e koalas. E aparte polo rugby porque nunca vimos un partido dese deporte e sería interesante ir a un partido.