Amosando publicacións coa etiqueta Junior. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Junior. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xuño de 2014

2º DÍA Barcelona por Christian e Junior


O segundo día levantámonos cedo para ir almorzar, tiñamos que estar abaixo as 8:45 e cando estiveran todos iríamos coller a comida no buffet. Despois tiñamos 15 ou 20 minutos para preparar as mochilas. Quedabamos todos na entrada do hotel para que os profesores nos contaran e fomos cara o autobús para comezar a nosa visita a Barcelona. 

Cando chegamos, a monitora Eva díxonos que íamos visitar o Barrio Gótico e logo comeríamos no Maremagnum que é un centro comercial que está construído enriba do mar, na zona do porto. Pola tarde visitaríamos a Vila Olímpica.

  
Do Barrio Gótico vimos a Catedral e a Basílica de Santa María do Mar

No Maremagnum comemos de buffet, podiamos coller o que quixeramos e repetir á vontade. Ao rematar de comer deixáronos tempo libre ata as catro menos cinco, hora na que quedaramos cos profesores para ir en autobús á Vila Olímpica coa a monitora. 

Cando chegamos a Montjuic subimos ata o cume do monte para ver toda Barcelona (tan fermosa e tan grande) dende un miradoiro. Logo subimos máis arriba onde nos esperaba o castelo de Montjuic, o cal visitamos. 

Tiramos algunhas fotos e marchamos para o autobús para ir ó hotel. Fomos cear e marchamos para as habitacións a “durmir”.


mércores, 19 de marzo de 2014

Itinerario de Australia por Jorge, Junior e Christian 2/2

O día 19 sairemos do hotel de Melbourne (Crowne Towers Hotel) 247€/noite, para dirixírmonos ao Xardín Botánico. O Xardín Botánico de Melbourne atópase entre os mellores de Australia e do mundo, é gratuíto e parécenos un dos mellores lugares dentro da cidade para pasar un día. Despois, iremos descansar e comer algo o The Colonial Tramcar Restaurant (74€/persoa), no que probaremos comida típica de Australia. Logo iremos ao Melbourne Museum, no que faremos actividades para aprender.
www.vacationsandtravelmag.com

www.visitbrisbane.com.au
O día 20 viaxaremos a Brisbane onde nos aloxaremos no  Treasury Hotel and Casino (175€/noite). Pola tarde imos ir visitar a ponte ''Story Bridge'' cruzaremos andando por ela dun lado ao outro. Á noite iremos cear ao restaurante ''Zafrón'' (15-23€/persoa).



visitperthcity.com



Ao día seguinte viaxaremos á cidade de Perth e dirixirémonos ao hotel Hyatt Regency Perth (190€/noite). Á tarde iremos ao Water Labyrinth, onde gozaremos coas fontes facendo formas na auga. Cearemos alí xa que na praza hai vendedores ambulantes, que venden comida de todo o mundo.





O día 22 durmiremos no Hotel Grant Chancello Adelaide on Hyndley en Adelaida (93 €/noite). Á tarde iremos á Galería de Arte do Sur de Australia (20 €/persoa). En toda a tarde veremos máis de 3000 obras de arte. Á noite cearemos a no restaurante Georges on Waymouth (25€/menú).

sábado, 8 de marzo de 2014

Primeira parte da nosa viaxe a Australia



Itinerario de Australia

Guía de viaxe de Australia. Jorge González Ríos, Junior Ojo Mars e Christian Lamas Cabaleiro onde iremos visitar as seguintes cidades:

www.yesaustralia.com
Cidades-Hoteis
1.Sidney. Oaks Goaldsbrough Apartments Sydney  (157€/noite).
2. Newcastle. Crowne Plaza Newcastle (166€/noite).
3. Canberra. Ibis Styles Canberra (95€/noite).
4.Goald Coast. Jupiters Hotel and Casino Gold Coast (118€/noite).
5. Melbourne. Crown Towers Hotel (247€/noite).
6. Brisbane. Treasury Hotel and Casino (175€/noite).
7.Perth. Hyatt Regency Perth (190€/noite).
8.Adelaida. Hotel Grant Chancello Adelaide on Hindley (93€/noite).
9.Tweed. Hilton Surfers Paradise (170€/noite).

Na nosa viaxe aterraremos o venres 13 no noso jet privado (170.430€) en Sidney. O noso hotel alí será ó Oaks Goaldsbrough Apartments. O día 14 iremos ao Acuario a ver a Nemo, ao zoo, ao santuario da vida mariña, a torre de Sydney e o Museo de cera, todo por (63€/persona).
No acuario, mergullarémonos con tabeiróns (30€/por persona) e  faremos ioga debaixo da auga (30€/persoa).
Pola tarde iremos ao zoo, onde comeremos cos koalas e faremos un tour.


Pola noite iremos á Ópera e cearemos no Guillaume at Bennelong (480€ /por persoa).
Ao día seguinte visitaremos o Museo de cera, o Santuario da vida mariña e a Torre de Sidney e poremos rumbo a Camberra, a capital de Australia.



O día 16 marcharemos do Hotel Ibis Styles Canberra con dirección a Cockington Green  que é un parque onde se reproducen os monumentos nacionais a pequena escala, por exemplo  Pazo de Cockington, unha mina de oro e moitas cousas máis. Despois iremos ao Delta Force Paintball Canberra (800€). Botaremos toda a tarde alí e pola noite iremos ao Mount Ainslie Lookout para ver a cidade dende a cima do monte. Por último saldremos de marcha e iremos a The Wig & Pen para coñecer a noite en Camberra.


O día 17 poremos rumbo a Newcastle. Alí asistiremos a un partido de rugby entre o Newcastle Jets FC  e o  Western Sydnney Wanderersno no Estadio Energy Australia  (250€/persona) e pola tarde iremos á praia de Port Stephens onde faremos windsurf e surf. A cea será no restaurante Subo (20€/por persoa), onde probaremos a gastronomía de Australia.


O día 18 poremos rumbo a Gold Coast (Costa dourada). Alí iremos xogar ao minigolf pola mañá no Putt Golf (50€/por persoa); logo iremos a un parque acúatico onde gozaremos nos donuts e nos tobogáns de auga. Remataremos a tarde dando unhas voltas en karts no Goald Coast Karts (30€/por hora) e despois cearemos no restaurante The Little Plate (7€-17€/persoa).