Amosando publicacións coa etiqueta Manhattan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manhattan. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de maio de 2014

Día 3 e 4 en EE.UU.



Hi people!
Xa estamos de volta cunha nova entrada da nosa incrible viaxe! Nesta ímosvos falar do noso terceiro e cuarto día polas rúas de New York.

DÍA 3 XULLO. 

Vendo o partido dos NYY
(foto orixinal de Rachid Brasil)
Neste xoves xa estabamos máis descansadas por iso decidimos espertarnos antes para poder aproveitar mellor o tempo. Primeiro fomos ver un partido de béisbol dos New York Yankees. E despois pola tarde, marchamos ver a famosísima Statue Of Liberty National Monument
(en galego "Estatua da liberdade") pero antes, tíñamos que ir
 almorzar xa que morríamos da fame. Despois de encher a barriga e con moitas ganas de seguir a nosa viaxe, dirixímosnos ata o estadio dos New York Yankees, o Yankee Stadium, para ver o partido que xogaba este equipo contra os Boston Americans. O NYY é un dos equipos máis coñecidos nos Estados Unidos en canto a béisbol, xa que é un profesional da Liga Americana.
Xa dentro do estadio dos NYY
(foto orixinaria de Rachid Brasil)
Para chegar ó estadio decidimos coller un taxi xa que nos quedaba bastante lonxe e non nos apetecía andar moito porque somos un pouco vagas. Unha vez alí, quedamos sorprendidas polo grande e impresionante que é aquel estadio. Durante un rato demos un par de voltas por fóra coa boca aberta e os ollos coma pratos. Ao entrar ó interior, a cousa non cambiaba xa que seguía sendo incriblemente grande e bonito. Para non perder nin un detalle, sentamos nas primeiras filas das gradas. A verdade que a experiecia deixounos atónitas porque aquel espectáculo era diferente ó que estamos acostumados os europeos. Para empezar, o béisbol é un deporte lento por iso os partidos fanse bastante longos; os estadios acollen moitísima máis xente que o fútbol por exemplo; é moi característico a comida que hai a vender porque é destas que engordan nada máis mirala; e por último a cousa que máis nos chamou a atención é o que se fai despois da sétima ronda, o chamado "seventh-inning stretch" que é un descanso para que todo o público se poña de pé e estire as pernas mentres se cantan cancións a coro.
A Estatua da Liberdade dende o barco.
Cando estaba a piques de rematar o partido, o bateador deulle un gran golpe a bola con tanta sorte que esta veu a parar a nós, quedándonos con ela como recordo. Ó rematar o partido case afónicas polo que berramos, decidimos parar nun pequeno restaurante da zona para comer e descansar un rato antes de ir ao seguinte destino. 
Volvemos nun taxi ata o sur de Manhattan para despois coller un barco que nos levou ata a Estatua da Liberdade.
Unha vez que chegamos a illa da Liberdade, quedamos aínda máis sorprendidas do que estabamos xa. É unha estatua xigantesca de, nada máis e nada menos, que case 93 metros de altura. Grazas a que ten instalados ascensores puidemos subir ata o miradoiro que ten arriba de todo e librámosnos de subir 354 chanzos. 
Manhattan e o Bridge Brooklyn
dende a illa da Liberdade.
Cando chegamos ó miradoiro, foi a primeira vez en toda a viaxe que as tres nos quedamos sen fala. Había unhas asombrosas vistas dende aí arriba. Aproximadamente estivemos sobre unha hora, o suficiente para que dese tempo a escurecer e así poder ver a paisaxe pola noite. E se de día impresionaba, de noite era incluso máis fermoso. 
Máis tarde, sobre as dez e media da noite, decidimos volver a Manhattan no barco e despois coller un taxi para que nos levase ao noso hotel. Estábamos tan cansas que foi ir cear, volver a habitación e caer rendidas na cama.

DÍA 4 XULLO.


domingo, 30 de marzo de 2014

Día 1 e 2 en EEUU: Chegada a New York.

Hello people!
Por fin chegamos a New York despois dunha dura viaxe dende Madrid e sufrindo o chamado "jet lag".
Nesta entrada, en forma de diario, ímosvos falar do noso primeiro e segundo día nos Estados Unidos, concretamente, no primeiro destino: New York. 

Día 1 xullo. 

O día 30, despois dunha longa viaxe decidimos durmir a mona toda a tarde, e pasada xa a primeira noite, comezamos a nosa aventura por terras estadounidenses. 
Laura e Andrea no Jonh F. Kennedy Airport. (Iria sacou a foto)
No día 1 dedicámosnos a dar un paseo pola zona de Times Square, onde se encontra o noso marabilloso hotel.
Espertamos sobre as dez. Famentas, dirixímonos cara ó comedor do hotel para tomarnos un bo almorzo ao estilo estadounidense. Co estómago cheo, preparámonos para pasar todo o día fóra, paseando polo corazón de Manhattan. 
Sobre as doce, saímos do hotel e andamos un chisco ata chegar a zona máis carismática de Times Square. Entramos nunha chea de tendas enormes e repletas de cousas fascinantes. Despois, alucinadas pola cantidade de carteis, luces e persoas que aquel pequeno espazo abeiraba, dirixímonos cara á zona de Diamond District. Como as distancias dun sitio a outro eran curtas, decidimos facer todo o percorrido andando pero, debido á cantidade de xente que había, facíase bastante estresante chegar. 
Na entrada do Empire State Building.
Por última zona antes de ir xantar, andamos ata Garment District ou tamén denominado Fashion District, onde fartámonos de comprar roupa xa que había tanta cantidade de tendas que era imposible non gastar todos os números da tarxeta de crédito!
Nestas dúas zonas, xa non había tanta acumulación de persoas pero aínda así, había demasiadas para o que estamos acostumadas!
Cando nos demos conta, xa case pasara a hora de ir xantar, así que fomos o Carbone Ristorante, un restaurante italiano da zona de Garment District que nos tiña boa pinta. A verdade é que comemos xenial e agradecemos poder descansar un ratiño do noso percorrido. Sobre as catro e media, volvemos de novo a rúa. 
Pola tarde tiñamos pensado ir ó rañaceos máis famoso de NY,  o Empire State Building.
Camiñamos ata alí e foi sobre as cinco e media-seis cando chegamos. Tivemos que facer un chisco de cola para subir pero, a verdade, que pagou a pena.
As vistas dende o miradoiro do edificio eran incribles. Víase todo Manhattan, as persoas como formigas e infinidade de rañaceos!
Xa cansas, sobre as nove volvemos ao hotel pola carismática avenida Broadway, que de noite era moitísimo máis alucinante! Cando chegamos ao hotel eran as dez e media da noite, polo que fomos cear e, nada máis terminar, directas ás nosas habitacións para descansar por fin as pernas para o seguinte día.

Día 2 xullo

O día 2 o pasamos no barrio de MidTown (lugar máis importante de negocios da cidade). Esta zona está, como quen di, a un pasiño do noso hotel.
Como o día anterior fora tan intenso, decidimos durmir un pouco máis e ir almorzar fora. Preparámonos e sobre as doce saímos do hotel para ir ao Bryant Park (un parque de xardíns á francesa rodeado de rañaceos, tamén  coñecido como  Petit Luxembourg) a tomar o almorzo que collemos nunha tenda de doces que nos pillaba de camiño. Nel, estivemos sentadas polos seus verdes céspedes pasando o que quedaba de mañá. 
MidTown de noite, visto dende arriba.
Sobre as dúas do mediodía, fomos coller a comida nun sitio de comida rápida xa que, como almorzáramos tarde non tiñamos demasiada fame. O tomamos no parque e ó terminar, fomos a Biblioteca Pública de New York, unha das máis importantes do mundo, con maior contido de uso público e que está xusto ao lado do Bryant Park. Esta mañá sentounos de marabilla xa que pola tarde tiñamos planeado patear case toda a 5th Avenue. 
É unha das avenidas máis grandes de NY, xunto ca de Broadway. Esta está repleta de apartamentos de luxo, mansións históricas e ten unha das zonas de compras máis exclusivas do mundo; a denominan como "a rúa máis cara do mundo". 
Bryant Park. (Foto de Cerfon)
Nós, non parábamos de entrar en tendas e saír cunha chea de bolsas! Todo aquí era como un soño! Tamén puidemos ver e nalgúns entrar, sitios emblemáticos da avenida como son: Rockefeller Center, Saint Patrick’s Cathedral, Metropolitan Museum of Art, o cubo de Apple, entre moitos outros.
Esta tarde volvémonos a estresar debido a tal cantidade de xente que se acumulaba e, ademais tiñamos que ter coidado xa que ao ser unha zona adiñeirada, os ladróns estaban por todas as esquinas!
Sobre as nove volvemos ao hotel pero non para quedarnos porque esa noite tiñamos feito unha reserva nun restaurante da zona de Times Square con comida típica americana, Above. Para ir tiñamos que vestirnos algo máis elegantes. 
5th Avenue.
A cea estaba incrible, o sitio era xenial! Saímos de alí sobre as doce pero non volvemos ao hotel senón que decidimos probar o ambiente que ten NY de noite. No hotel recomendáronos un bar na 5th Avenue, que era un sitio de copas e cunhas vistas marabillosas polo que fomos probar (estaba vez en taxi). A verdade que non se pode comparar coas noites de troula en España pero o pasamos moi ben. Volvemos as tres da madrugada o hotel e cansas, durmimos como bebés.

Ata aquí os nosos dous primeiros días en NY. Volveremos cunha nova entrada moi pronto, ata entón, bye-bye!