Día 9:
http://www.traveler.es |
Xa é o noso último día neste engaiolante e exótico lugar. Non podemos crer que teñamos que marchar!!!
Para poder recordar este país unha vez esteamos fóra del, percorremos algunhas das súas rúas máis coñecidas, tirando moitas fotos e comprando moitos recordos propios desta cultura.
http://www.getyourguide.es |
Chegada xa a tarde marchamos a praia para descansar unhas horiñas e coller color. Xa cando o sol se estaba agochando polo horizonte, un helicóptero recóllenos na azotea do noso hotel. Durante este recorrido de 22 apaixoantes minutos gozamos das preciosas vistas de Dubai, algo inesquecible para nós.
Xa rematamos esta aventura e volvemos ao hotel para facer as nosas maletas e despedirnos do noso querido hotel, xa que as once e media temos que estar no aeroporto para facturar.
Día 10:
Xa é a 01:55 da mañá en Dubai e xa estamos no avión da compañía Qatar Airways. Despois dun longo voó chegamos a Londres as 06:20 polo horario europeo. Paseamos un pouco pola cidade londinense e as 11:50 emprendemos o voó cara Oporto o cal chegamos as 14:10. Nese aeroporto esteranos todos os nosos familiares con moitas ganas de vernos as tres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario