Amosando publicacións coa etiqueta Sandra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sandra. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de xuño de 2014

6º día en Barcelona por Laura e Sandra

Hoxe non era un día normal, tíñamos que abandonar o hotel, pero para non perder o costume Laura, Marisé e Nerea chegaron tarde.
Tivemos que baixar as maletas xa pola mañá e a PortAventura que nos fomos!


Ao chegar a entrada de PortAventura tivemos que esperar alí máis dunha hora polas entradas... Tirámonos ao chan e a durmir! Ó entrar cada un marchou polo seu lado, a varias atraccións.


Nós non fomos en especial a ningunha atracción grande, por vertixe ou por preguiza de esperar colas tan longas.
Cando chegou a hora de comer tivemos problemas para encontrar o restaurante, xa que aquilo era enorme. Non quedamos moi contentos coa comida, xa que parecía unha pedra rebozada en terra!! 

Despois de xantar houbo algúns valentes que se atreveron a subir á caída libre, nós, en cambio, fomos mirar un musical. Pero despois, como este nos gustou tanto fomos mirar outro, un de paxaros.

E chegou a hora de marchar, pero foi unha lea para atopar a saída!!


Cando xa estábamos no bus démonos conta de que isto se acababa, a nosa viaxe estaba rematando... 

Faltábanos so esa noite xuntos, metidos no bus... Fixemos varias paradas, cenamos en Zaragoza e o resto do camiño pasámolo durmindo. Chegamos a Salceda sobre as 9 da mañá.

Aquí vos deixamos unha fotiño de Rodrigo durmindo, xa que tanto vos falamos diso.

A NOSA VIAXE REMATOU!

luns, 9 de xuño de 2014

Día 5 de excursión por Laura e Sandra

Erguémonos como tódolos días e fomos almorzar. Como sempre, Laura, Marisé e Nerea chegaron tarde.

Era un día bastante bo, xa que volvíamos a Vilanova i La Geltrú, á praia. Tíñamos organizadas dúas actividades pola mañá: a iniciación ao kaiak e o bautizo de vela.

A actividade da vela estivo moi ben, foi tan relaxante que case nos quedamos durmidas, para espestar démosnos un baño no Mediterráneo.


Enganchamos co kaiak, o cal foi bastante canso pero entretido. Cando estabamos no medio da auga o monitor díxonos "Coidado, que aquí hai quenllas". Iso non nos fixo moita gracia, e aínda menos cando dixo que era verdade.


Ó rematar deixáronnos un tempo libre, para bañarnos ou así. Logo fomos quitar o neopreno e darnos unha duchiña. Volvemos comer de pícnic, esta vez ó lado da praia.

Laura F. e Nerea
Ás catro da tarde quedamos cos monitores para xogar un partido de fútbol e outro de volei, o cal foi moi divertido, pero ó principio dábanos preguiza xa que tíñamos a barriga chea. Ó rematar, como non, deixáronnos darnos o último baño naquela praia.

Chegamos ao hotel e algúns metémonos na piscina, pero a auga estaba moi fría e case non éramos capaces de respirar. Despois fomos prepararnos para saír de festa, pero esta noite tíñamos algo novo que facer, as maletas, porque o día seguinte marchabamos...

Saímos e démolo todo, ata os profesores bailaron! Ó chegar ó hotel, como tódalas noites Chefa pasou revisar as habitacións, pero tamén, para non variar despois houbo cambios!

domingo, 8 de xuño de 2014

4º día de excursión por Laura e Sandra

Despois dunha noite larga tivemos que madrugar como tódolos días. Tíñamos planeado ir ó CosmoCaixa pero os profes decidiron facer unha pequena parada no Nou Camp, xa que chegamos cedo a Barcelona. A parada foi de media hora máis ou menos. Non entramos dentro do campo, pero si puidemos estar nas tendas.


Arrancamos cara o CosmoCaixa, que é un Museo da Ciencia. Estaba moi ben, había un pouco de todo. Eu creo que a todos nos gustou bastante e nos impresionou! Ese día comemos nun buffet dentro do Museo pero a comida non pagaba moito a pena, iso si, os postres estaban boísimos!
Ó rematar deixáronnos tempo libre, cada un fixo o que lle deu a gana por alí fora. Estábase basatante ben tomando o sol... Como sempre, Rodrigo volveu aproveitar para durmir.
A nosa guía Eva, estaba fóra esperándonos para levarnos a outra visita guiada por Barcelona. Esta vez visitamos a Pedrera, pero non puidemos gozar moito dela xa que estaba tapada por obras. Tamén visitamos a casa de Gaudí, moi bonita. Antes de marchar para a Sagrada Familia fixémoslle a última visita as Ramblas, eu aproveitei para ir O Raval. Había exposicións de comida realmente incribles.


Agora tocábanos ir a Sagrada Familia, a verdade é que tíñamos moitas ganas xa que nos falaran tan ben dela. Quedáranse cortos, porque realmente era espectacular, e iso que aínda falta por construír. Había moitísima seguridade, ata nos revisaron as mochilas. Déronnos uns cascos, cousa que nos fixo moita graza, porque se cambiabas de número podías escoitar  outra guía en vez da nosa, era bastante gracioso.

Cando nos despedimos de Eva, quedamos en que no 2026 nos volveríamos ver, xa que nese ano inaugurarán a fachada principal.

Coma sempre, volvemos ao noso querido bus, con ganas de volver saír de festa. Esa noite foi igual, aínda que no pub había xente doutros institutos. Cando chegamos ao hotel cada un foi para o seu cuarto, pero houbo cambios, como case tódalas noites... 

Eu fun xogar as cartas con Carlos Piñeiro, Carlos Pérez, Nerea e Isa. O gracioso foi que Isa, ao perder, tivo que ir bailando e cantando polo corredor "Ei, macarena"... Chefa pillounos e díxonos se estabamos ben da cabeza!!! 

Sandra quedou na habitación dela facendo o parvo!

martes, 3 de xuño de 2014

3º día de excursión por Laura e Sandra

Xa estabamos a martes 4 de abril, o cansazo xa ía desaparecendo. Como todos os días baixamos almorzar e logo subimos coller as cousas para marchar, pero antes de saír do hotel déronnos unha caixa coa comida, ese día comíamos de pícnic!

O noso querido chofer Juanma estábanos esperando onde sempre, esta vez para levarnos a unha visita guiada polo Parque Natural do Ebro. Miramos campos de arroz e leváronnos a praia do Arenal, nome que non entendemos, porque todo era pedra.



Fomos coas nosas caixas a comer ao carón do Ebro, onde houbo algún que outro "trapicheo" cos batidos de chocolate e a crema de cacao, sabían tan ben! Mentres esperamos a que chegase o barco cada un fixo diferentes cousas; algúns xogaron ó "pañuelito", outros tiraban fotos... Rodrigo aproveitou o tempo durmindo a sesta enriba dunha mesa, vaia durmiñón! 

Cando por fin chegou o barco subimos todos emocionados, pero ó principio fíxose aburrido e ía bastante frío. Á volta puxéronnos música e xa vos podedes imaxinar a festa que montamos naquel barco! Chegamos ó noso destino e volvemos subir ó bus, como sempre.

Estábamos desexando ducharnos e prepararnos para saír de festa, mentras uns se preparaban outros foron ir ver onde había locais para ir esa noite. Trouxeron papeis para ir o "On Sempre". Para sorpresa nosa o dono do pub era galego. Fomos primeiro a ese, pero non nos gustou moito e encontramos outro, chamado "Niky's".



Estivemos alí ata a 1:30, porque os profes nos fixeron marchar porque había que levantarse cedo. Chegamos ao hotel, pero viñamos de festa e non tiñamos ganas de durmir... O Curi e Chefa quedaron no corredor vixiando, pero pouco tempo... O que pasaba é que nós non sabíamos si estaban ou non, así que a ver quen era o primeiro valente que abría a porta!! Despois de que un a abrira e nos comentara polo grupo de WhatsApp que non había ninguén, xa a abría todo o mundo... Vaia circo montamos a esas horas polos corredores!!!

sábado, 31 de maio de 2014

Día 2- Laura e Sandra en Barcelona

Era luns 5 de abril, tiñamos que erguernos ás 8:30 para baixar a almorzar ás 8:45. O erguernos a maioría estabamos cansísimos e así o mostramos durante a viaxe que tivemos que facer dende Calafell ata o centro de Barcelona, que a pasamos durmindo. 

Espertounos o noso querido Curi (Juan Carlos, profesor de relixión) dicíndonos polo micrófono do autobús: "Rapaces, por esta rúa pasa moitas veces Messi, pero tedes mala sorte que hoxe non está"; a partir de aí, puidemos ver marabillosos edificios. 

Ao pouco de coñecer á nosa guía, chamada Eva, comezamos a nosa andaina por aquel lugar tan magnífico, o Barrio Gótico de Barcelona. Fixémoslle unha visita á Catedral de Santa Eulalia, onde se lle rende honor a esta rapaza porque foi unha mártir. Dentro da catedral atopamos 13 ocas, están alí representando a pureza da muller e están 13 exactamente porque é a idade que ela tiña. Tamén vimos unha estatua de Cristóbal Colón, a parte doutras moitas cousas. 

Comemos nun centro comercial que se chama Maremagnum, cando acabamos deixáronnos tempo libre, cada un aproveitouno como quixo, comprando agasallos, descansando... 

Algúns foron ao cine a ver unha película... Despois arrancamos e fomos cara ó Castelo, antes de chegar había unhas vistas preciosas, ata mirabamos o edificio Agbar.


Despois seguimos subindo un pouquiño máis ata chegar ao Castelo que tamén nos daba unhas vistas magníficas.


Gozamos deste momento e pouco despois volvemos coller o autobús para facer unha visita pola Vila Olímpica, pero como non tíñamos moito tempo tivemos que facela dende o bus.

Cando chegamos o hotel duchámonos a baixamos a cear cunhas ganas enormes de acabar e ir durmir, pero os profesores obrigáronnos a ir dar unha volta polo paseo ao lado da praia todos xuntos. A verdade é que o pasamos ben. Ao chegar ao hotel cada un foi para a súa habitación, pero esa noite xa se escoitou algunha porta que outra... empezaron os cambios de habitación!

venres, 23 de maio de 2014

1º Día na Costa Dourada por Sandra e Laura

O sábado 5 de abril saímos do instituto con dirección Calafell. Despois de toda unha noite no autobús, chegamos alá sobre as 12:00 da mañá. Subimos ós nosos cuartos (Sandra e eu estábamos en cuartos diferentes) e fomos inspeccionar se había máis institutos que o noso. Para desgraza nosa non había. Os que compartían hotel connosco eran anciáns franceses. Despois desa desilusión fomos comer ao restaurante, a comida estaba... Pasable!

As 16:00h collemos o autobús e dirixímonos cara Vilanova i la Geltrú para facer unhas actividades na praia.

Comezamos cunha hora de xincana, serie de xogos con obstáculos, neste caso: unha carreira de sacos, pasar por debaixo dunha rede arrastras do chan, saltar unhas cantas cordas e saír pitando no kaiak cara a boia, regresar pisando táboas de surf, de novo as carreiras de sacos e andar por unha cinta sen caer, todo no menor tempo posible.

Seguimos con 30 minutos de obradoiro mariño, no cal nos ensinaban a montar unha vela para metela na auga e poder navegar, actividade que faríamos o xoves 10.

Para rematar, fixemos un circuíto no Segway. Tratábase de ir andando nel e coller unha  cunca de auga chea de buracos que perdía auga, atravesar con ela unha serie de conos ata chegar ao outro extremo e baleirar a cunca, de volta novamente polos conos ata coller un frisbee para tentar metelo nunha rede e, por último, cun pau de golf, meter unha pelota pequena na portería e así varias veces.

Ó rematar estas actividades deixáronnos ir probar a auga, pero os únicos que nos metemos éramos nós, non había ningunha outra persoa que non fora do noso instituto na auga. Había xente que nos miraba con cara rara!

Sobre as 20:00h volvemos cara o autobús para ir ao hotel, foron 15 minutos aproximadamente os que nos levou de camiño, pero todos íamos durmindo, estabamos tan cansos!

Cando baixamos cear os profesores preguntáronnos se queríamos ir de festa, pero nós dixémoslle que non... Pero fixéronnos ir dar unha volta todos xuntos polo paseo ao lado da praia.
Chegamos ao hotel e todos a durmir, ese día non se escoitou ningún ruído polo corredor.

Así foi o noso primeiro día pola Costa Dourada!

sábado, 3 de maio de 2014

Entroido en Hungría

Durante a nosa estadía en Hungría paramos en Mohács, coincidindo co entroido. Este entroido é coñecido polos seus busós, que son personaxes con disfraces pavorosos. Aquí vos vou deixar unha imaxe deles:

A gran maioría dos busós van vestidos así, aínda que poden variar as máscaras. En Mohács chámanse Busójárás (camiñada dos busós), é unha celebración anual dos Socki que se leva a cabo ao final do Farsang (entroido). Esta festa inclúe a participación dos busós, música folclórica, baile de máscaras, desfiles e bailes. É unha festa realmente incrible!

Sandra e máis eu (Laura) intentamos buscar un disfrace de busó, pero non houbo maneira de atopalo, polo que nos decidimos a ir de cíngaras, un disfrace tamén bastante común neste entroido.
A verdade que o pasamos bastante ben, é bastante divertido como o celebran!
Aquí vos deixamos unha fotiño de como fomos disfrazadas:

Así rematamos as nosas entradas da viaxe a Hungría, esperamos que vos gustase tanto como a nós! Un saúdo!

xoves, 20 de febreiro de 2014

Chegada a Budapest, Hungría

Xa chegamos a Hungría! 
Saímos de Santiago de Compostela o día 20 de marzo as 9:25h e chegamos a Budapest (Ferihegy) as 21:40h. Nada máis saír do aeroporto xa tivemos que coller o paraugas, como chovía!
Estaremos 8 días no centro de Budapest, neste tempo estaremos aloxados no hotel Regnum Residence.

Nestes nove días visitaremos diferentes sitios.
Día 1: Parlamento de Budapest e Praza dos Heroes.
Día 2: Bastión de Pescadores.
Día 3: Ópera de Budapest e Mercado Central.
Día 4: Laberinto do Castelo de Buda.
Día 5: Ponte das cadeas e Balneario Széchenyi.
Día 6: Aquincum e Basílica de San Esteban.
Día 7: Ciudadela de Budapest e Illa Margarida.
Día 8: Váci Utca e Avenida Andrássy.

Ímosvos contar un pouco sobre estes lugares:
  • O Parlamento de Budapest  é o edificio máis representativo da cidade, compónse de tres estancias: Escaleira Principal, Sala da Cúpula e Antigua Cámara Alta.
  • A Praza dos Héroes é unha das prazas máis importantes de Budapest. A súas estatuas conmemoran aos líderes das sete tribus fundadoras de Hungría.

  • O Bastión de Pescadores é un miradoiro desde o que teremos unhas moi boas vistas do parlamento de Budapest.
  • O Ópera de Budapest é un dos edificios neorrenacentistas máis importantes de Hungría.
  •  O Mercado Central é  o mais grande dos cinco mercados que se abriron a finais do século XIX.
  • O Laberinto do Castelo de Buda foi formado por covas, sótanos, celdas e manantiais que se extenden o largo de 1.200 metros. Agora é unha atracción turística.
  • A Ponte das Cadeas é a ponte máis antiga de Budapest situada no río Danubio.
  • O Balneario de Széchenyi é un dos recintos termais mais grandes de Europa.
  • O Aquincum foi unha importante cidade romana.
  •  A Basílica de San Esteban é o edificio relixioso mais grande de Hungria.
  • A Ciudadela de Budapest é o punto máis alto de Budapest e desde donde se conseguen as mellores vistas.
  • A Illa Margarida é unha illa situada no Danubio entre Buda e Pest. É un gram parque que ofrece zonas de relax e ocio.
  • A Váci Utca é unha das rúas máis importantes de Budapest a cal está repleta tendas, centros comerciais...
  • A Avenida Andrássy é unha das rúas mais emblemáticas de Budapest.

Esperamos que vos esté gustando a nosa viaxe por Hungría, seguiremos contándovos como nos vai, xa que despois de visitar Budapest faremos outro recorrido por outros lugares, un bico, rapaces e rapazas.

venres, 20 de decembro de 2013

Informacíon Hungría

Nesta segunda entrada darémosvos un pouco de información sobre o noso país.

Hungría localízase en centroeuropa, fai fronteira con Austria, Eslovaquia, Ucrania, Rumanía, Serbia, Eslovenia e Croacia.

Para comprar cousas necesitaremos forintos, xa que é a moeda que se utiliza alá e de paso teremos que estudar un pouco de húngaro xa que é o seu idioma, senón a ver que facemos!! 
Aquí tedes unha imaxe dos forintos:



Hungría ten unha extensión de 93.030 km2. Budapest, a súa capital,  atópase nas dúas orillas do río Danubio.  Esta situación xeográfica dálle un singular panorama: o río que formaba este territorio durante miles de anos, dálle un horizonte amplío e unha atmosfera aberta á cidade e, ao mesmo tempo, une as dúas partes Buda e Pest, de tal maneira harmoniosa, que se o visitante o observa desde o Bastión de Pescadores ou desde o Monte Géllert, debe recoñecer que está contemplando un dos panoramas máis fermosos do mundo. Por esta razón non soamente o barrio do Castelo de Buda está declarado como patrimonio de Unesco senón toda a vista que se ofrece desde alí a ambas ribeiras. Budapest cos seus case 2 millóns de habitantes é unha metrópole verdadeira europea e un importante destino turístico. 

Temos pensado visitar varios lugares, por exemplo: O Parque Nacional de Aggtelek, Debrecen, Budapest, Györ, Hollókö...
Parque Nacional de Aggtelek

O seu sistema de goberno é unha república parlamentaria. 

Teñen unha rica tradición folclórica, a música tradicional húngara caracterízase por un ritmo dactílico. Tamén é famosa a súa artesanía que abarca bordados, alfarería, etc. Iremos visitar o Museo Nacional Húngaro (Magyar Nemzeti Múzeum) para familiarizarnos con todo isto.

Estivemos investigando sobre a súa moda pero non saberíamos como describila, por iso vos deixamos algunhas imaxes aquí:
Moda das mulleres
Moda dos homes

En Hungría tamén hai festas, polo tanto falaremos delas.:
Está claro que teñen algunhas en común con nós, por exemplo Ano Novo, Entroido, Navidade... Pero teñen outras diferentes e que poden resultar interesantes para os festeiros, como a Festa da Xelatina, a Festa Nacional de Hungría, o Festival de Kalaka... E moitas máis, oxalá poidamos asistir a algunha!!

En canto ao clima, cando máis calor fai é no verán, a primaveira ten un clima temperado, o inverno é moi largo e con frío e o seu outono é brumoso e chove.

Para emprender a  nosa viaxe cara alá debemos ter o noso DNI e o pasaporte en regla, e con moita sorte escollemos un país no cal non fai falla vacinarse para entrar, menos mal, co pánico que nos dan as agullas!!
Seguirémosvos informando de como nos vai, un saúdo :)

domingo, 1 de decembro de 2013

Destino Hungría



Ola, somos Laura, Sandra e Fred, temos entre 14 e 16 anos, estudamos no I.E.S Pedras Rubias. Estamos en 4º da ESO e temos que facer un traballo para a asignatura de informática. Trátase de preparar unha viaxe ao país que nós queiramos  e buscar información como se fosemos a viaxar de verdade.

O país que nos escollemos foi Hungría porque nos parece moi interesante buscar cousas sobre a súa cultura, o seu idioma, a moeda, as súas festas...

Temos pensado visitar:

Aggtelek, Budapest, Debrecen, Neusiedlersee, Gyõr,  Hollókö, Hortobágy... Pois nos parecen uns sitios moi chamativos.

Seguiremos informándovos das nosas aventuras por Hungría, un saúdo!