Amosando publicacións coa etiqueta Kevin Iglesias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kevin Iglesias. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de xuño de 2014

Kevin, viaxe a BCN e día 1

Nesta viaxe de fin de curso decidimos ir ata Calafell, en Tarragona. A saída dende Salceda foi as 10 da noite, eu cheguei sobre as 10:05 e, ao chegar, encontreime con que todos os alumnos xa estaban dentro do autobús e estaban esperando por min, que era o último en chegar. Non pensei que foran ser todos tan puntuais...

DÍA 1

A viaxe en autobús foi horrible, non sei que era peor, se a calor que facía na parte traseira producida polo motor ou o cheiro a humanidade que aromatizaba o corredor ata chegar o nariz impedíndome respirar.  Despois de tres paradas e unha viaxe eterna case sen durmir, chegamos por fin o pobo de Calafell, un pobo cheo de vellos xubilados. Calafell e fantástico, xa que a uns 100 metros da urbanización atópase a praia de Calafell, que é unha praia bastante grande rodeada de tendas.

Unha vez alí, camiñamos coa pesada maleta e instalámonos no Hotel Miramar, un hotel cheo de vellos giris buscando onde gastar a súa pensión. Despois dun pequeno descanso, os profesores mandáronos facer unha quedada no vestíbulo, onde había uns cómodos sofás, para ir xantar todos xuntos no buffet do hotel. O buffet gustoulle a pouca xente, aínda que na miña opinión e gusto, comíase ben, xa que case sempre había pizza, pasta con salsa de tomate, patacas fritidas, etc. Aproveiteino e me puxen as botas, o que fixo que engordara 4 Kg nesta excursión.

Máis tarde viaxamos a Vilanova i la Geltrú, onde nos esperaban divertidas actividades nunha gincana que duraba unha hora, 30 minutos montando en segway, e outros 30 nun obradoiro mariñeiro. Por último fixemos a viaxe de volta cara ó hotel, ao chegar ceamos e durmimos pronto, xa que estabamos todos moi cansos.

xoves, 3 de abril de 2014

Cambio de plans na nosa viaxe a Xapón

Boas amigos!

Facemos esta entrada porque tiñamos pensado visitar Fukushima, xa que queríamos ver como vai a súa recuperación desde a catástrofe do ano 2011. Pois iso, que nos enteramos no centro de Tokyo de que en Fukushima detectaran unha fuga de 100 toneladas de auga radiactiva, e que a xente non podía achegarse polas costas de Fukushima xa que era bastante perigoso; buscamos información en internet e decidimos non viaxar.

Según informacións, as autoridades tomaron todas as medidas para deter a fuga de auga, xa que contén 230 millóns de becquereles por litro de sustancias emisoras de rayos beta. A filtración detectada o día 20 de febreiro produciuse na ensamblaxe da cuberta superior do tanque.

A recente fuga é unha das máis grandes desde que a compañia reportou o verán pasado que cerca dunhas 300 toneladas de auga radiactiva se tiñan escapado do depósito de augas residuais.


http://www.ecologiaverde.com/wp-content/2013/09/Fukushima-radiacion-18-veces-mas-alta-de-lo-que-se-creia.jpg

martes, 1 de abril de 2014

Chegada a Osaka/Kioto

 Boas a todos!


Acabamos de visitar Tokio e pareceunos unha experiencia única e interesante. Agora iremos en tren ata Osaka xa que é unha das cidades que queremos visitar polos tesouros que ten (cultura, arte, castelos etc). Ao chegar á cidade instalarémonos no hotel New Otani Osaka que nos custou 320 euros a cada un. O hotel é fabuloso, e imos quedar nel cinco noites, xusto o tempo que adicaremos a visitar esta cidade e máis Kioto. Escollémolo por ter vistas perfectas ao famoso "Castelo de Osaka" 

O clima en Osaka é subtropical húmedo, con catro estacións diferenciadas, normalmente os invernos son suaves, é dicir, non son como os de España. A primavera, que é o que nos interesa, termina sendo cálida e húmeda, fará bo tempo e poderemos gozar da piscina.

Aquí temos unha imaxe tomada desde a piscina do hotel, mirando o Castelo de Osaka de fondo:

Procedencia da imaxe


Procedencia da imaxe

Procedencia da imaxe
En Kioto, iremos ao gran "Restaurante Kioto" a probar a comida xaponesa, xa que é un dos restaurantes máis famosos da cidades. Escoitamos a moita xente dicir que se come realmente ben e por iso temos decidido ir.

A parte do restaurante temos pensado ir ver un partido de futbol do equipo "Kioto Sanga", é o equipo de futbol que representa a cidade, e temos curiosidade por iso queremos saber como é o ambiente, se é como os europeos ou é máis relaxado.

Estadio do Kioto Sanga:

Procedencia da imaxe

xoves, 27 de marzo de 2014

Monte Fuji

Boas!

O Monte Fuji (Fuji-san en xaponés) é o pico máis alto de todo Xapón (3776 m), non solo é unha montaña senón que tamén é un volcán. É o máis fotografado do país. Actualmente é un coñecido destino turístico, así como un destino popular para practicar o alpinismo. O ideal e subir a tempo para ver a saída do sol dende a cima da montaña. Nós non temos pensado escalar, xa que hai que estar moi preparados, ademais os meses de excelencia para a práctica deste deporte son xullo e agosto, a montaña só está "aberta" dende o 1 de xullo ata o 28 de agosto, cando non está cuberta de neve.

Temos pensado ir ata alí para ver as magníficas vistas e sacarnos fotos para ter un gran recordo do lugar. Os xaponeses din "Todo xaponés ten que visitar o monte Fuji antes de morrer".

 

mércores, 12 de marzo de 2014

Ruta da viaxe a Xapón de Rubén e Kevin

Boas!

O día 18 de Maio chegaremos a Xapón e nos instalaremos no hotel, logo baixaremos a dar unha volta polo centro e estaremos ata noite xa que queremos ter unha idea de como é Tokio. Polas noites debe ser espectacular (edicios altos e luminosos, pantallas xigantes, neóns,...). O edificio que máis nos atrae é a torre de Tokio.

Aquí podemos ver unha imaxe nocturna de Tokio:

http://serturista.com/japon/visitas-a-la-alta-torre-de-tokio/attachment/torre-de-tokio-1/
         

Unha das primeiras cousas que imos facer é visitar o Templo de Honmonji. É un templo budista que se situa a 20 minutos do centro de Tokio. Este templo consta de cinco pisos. Algunhas persoas din que atoparse solo en tan incrible emprazamento pode converterse nunha experiencia máxica.

Aquí podemos ver unha foto do templo.

 http://www.minube.com/fotos/rincon/82606/407266


Máis tarde viaxaremos a Osaka xa que queremos ver o gran "Castelo de Osaka". É un dos castelos máis famosos do país e desempeñou un papel importante na unificación de Xapón durante o século XVI. Encóntrase no parque público de Osaka, cunhas dimensións de un kilómetro cadrado. Queremos ir porque nos parece interesante o contraste do castelo coa cidade ao fondo.


Castillo de Osaka (大坂城) Osaka 2766311
Castillo de Osaka (大坂城) - Minube.com

xoves, 19 de decembro de 2013

Planificando a nosa viaxe a Xapón

Xapón é un arquipélago de 6852 illas, situado en Asia, e está poboada por 126.659.683habitantes repartidos nunha superficie 377.835 km2. A súa moeda é o yen (1JPY = 0,007 EUR) e a súa capital é Tokio, cidade que visitaremos nada máis chegar, xa que o día 17 de Abril saímos as 20:10 do aeroporto de Peinador (Vigo) e chegaremos as 12:50 o día 18 de Abril ao aeroporto Internacional Haneda (Tokio). 

A viaxe é moi longa, así que polo camiño nos levamos cada un un dicionario español/xaponés ou galego/xaponés para practicar o idioma. Alí estaremos de visita un mes xa que queremos ver as cidades que comentamos na entrada anterior e o famoso monte Fuji etc... Os billetes custaranos 659 euros por adulto xa que os compraremos de ida solo.

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/8/80/HND_Airport_Office_Building_1.jpg
                               
Ao chegar a Tokio, instalarémonos no hotel Nishitetsu Inn Shinjuku de 3 estrelas, o hotel nos custará 576 euros a cada un xa que quedamos 8 noites (18 en Xapón). Facémonos unha idea de como vai ser iso, moito edificio, hoteis, restaurantes, templos etc... Temos pensado visitar o máximo posible, aínda que temos que visitar catro cidades máis.



http://cdn.logitravel.com/contenidosShared/fotos/agregadorHotelero/fotos_hotelV3/1837/661/1/original.jpg?f=1310090931


mércores, 4 de decembro de 2013

Salcedenses por Xapón

Somos Rubén Pérez Romero e Kevin Iglesias Pereira e imos presentar o destino da nosa viaxe: Xapón que é un arquipélago situado no leste de Asia. Escollémolo por descarte, xa que os outros continentes xa estaban elixidos. Estivemos dubidando entre China e Xapón, pero finalmente decantámonos por Xapón pola súa cultura, historia, arte e lingua.

Xapón significa Terra Do Sol Nacente por iso na súa bandeira hai un circulo bermello que representa o Sol.

Temos pensado visitar algunhas cidades de Xapón como Tokio, Osaka, Kioto, Nagasaki e Fukushima ( temos curiosidade por ver como vai a  recuperación despois do terremoto do ano 2011). 
                                                  
Tamén queremos ver algúns templos relixiosos como o de Itsukushima, o de Zenkoji  e o de Honmonji, xa que transmiten a súa cultura e arte. Gustaríanos aproveitar para practicar algúns deportes típicos como kung-fu, karate e taekwondo (alí non reina o fútbol) e, para gozar da natureza pensamos visitar o Parque Nacional mais grande de Xapón chamado Daisetsuzan que consta de varios sistemas montañosos, volcáns, lagos pintorescos e densos bosques e, como non, o monte Fuji.