Día 6 de abril
Despois dunha noite na que case non puidemos pegar ollo debido a que algúns dos nosos compañeiros tiñan a música a todo volume e non paraban de cantar, ás 12:00 da mañá chegamos ao noso destino, Calafell (Tarragona), e dirixímonos ao noso hotel Ramblas Miramar que se atopaba en primeira liña de praia.
Alí os nosos profesores asináronnos os nosos cuartos. O primeiro que fixemos foi pegármonos un baño que nos sentou de marabilla. Logo dirixímonos ao comedor onde, contemplando as vistas do mar Mediterráneo, degustamos un estupendo buffet libre.
Pola tarde fomos en autobús a Vilanova y La Geltrú (na provincia de Barcelona), unha vila situada a media hora do noso hotel. Neste lugar puidemos realizar diferentes actividades deportivas como kaiak, segway, circuíto de obstáculos... Ademais disto, algúns de nós decidimos darnos un baño no Mediterráneo. A verdade é que se estaba moi ben.
Ao rematar volvemos ao noso hotel, durante o camiño a metade quedaron durmidos debido ao cansazo das actividades. Logo de chegar e darnos un baño, baixamos cear ao comedor.
E antes de irnos durmir, os nosos profesores deixáronnos uns minutiños para que déramos unhas voltas nocturnas por Calafell.
Así rematou este día tan divertido para nós, agora toca esperar a ver que pasa mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario