Espertamos cunha gran resaca... Pero non de alcol, porque non se podía beber, xa que somos menores e responsables.
Despois de almorzar e empacharnos a base de napolitanas de crema, collemos as nosas famosas ''picnicadas'' e arrancamos cara Vilanova i la Geltrú. Ao chegar non parabamos de beber auga, ao parecer o ambiente daba sede.
Reunímonos cos monitores á entrada dos vestiarios; "os homes" fariámonos notar e sacar músculo para dicir que non queríamos traxes de neopreno. Finalmente, case todos os puxemos porque xa apertaba o frío. Como fun no primeiro grupo, tocoume ir en vela. Foi toda unha experiencia, relaxados, deixándonos ir polo mar... Ao chegar bastante lonxe, tirámonos á auga e non está tan quente como din algúns, estaba xeada.

Logo tocoulle a quenda ao ''kayak''; tíñamos que pornos en parellas, e alí empezaron os piques e os tiróns nos brazos, empezamos moi forte de dios e case non podemos volver, pero foi moi divertido.
Xa era a hora do xantar e despois de cambiarnos e ducharnos nos vestiarios, fomos a un parque ao carón da praia, alí abrimos o pícnic e empezou o tráfico de batidos de chocolate. Ao rematar de almorzar, aproveitamos para descansar un rato, algúns quedámonos durmidos, pero sentou moi ben ese pequeno descanso. Volvemos á praia e alí, cos grupos de antes, xogamos ao fútbol praia, e ao volley praia, foi moi divertido, non paramos de rir. Cando xa os dous grupos xogamos aos dous xogos, antes de ir cambiarnos, estivemos xogando a ver quen tiraba a quen, e as mulleres fixeron pelexas de sumo, onde a gañadora case sempre era Ainhoa.
Antes de volver aos vestiarios a cambiarnos, decidimos darnos un mergullo por última vez no día. Seguía estando a auga xeada e os galegos eramos os únicos que estabamos dentro. A xente mirábanos raro, pero dábanos igual, o pasamos moi ben. Xa cambiados, subimos ao bus e volvemos a Calafell, para prepararnos para o último día de festa.
Aínda por riba de celebrar que era a última noite de excursión, coincidiu co aniversario da nosa compañeira Blanca! Pasámolo de medo e a discoteca estaba chea.
Aínda que os galegos eramos fieis ao bar ''On Sempre'', volvíamos alí cando estabamos cansos de tanto movemento, para descansar e estar ao noso xeito; era como o noso rincón xa que fixemos unha boa amistade co camareiro Toni.
Ao volver ao hotel, non recordo que hora era, estabamos todos moi felices.
Ningún comentario:
Publicar un comentario