Día 3:
O noso día comeza así:
Levantámonos cedo, sobre as oito da mañá, xa que fai un estupendo día e queremos aproveitalo. Para almorzar dirixímonos a un dos restaurantes do hotel. Alí as tres gozamos dun almorzo típico europeo: ovos, café, torradas, zume de laranxa, bolos variados...
http://www.jumeirah.com |
Ao rematar decidimos tomarnos unhas horiñas de descanso no spa Talise para darnos unhas masaxes, facernos uns tratamentos faciais, relaxarnos nos jacuzzis e poñérmonos estupendas... Estamos alí durante dúas relaxantes horas.
Despois de todo isto, baixamos á entrada do hotel onde collemos o noso coche e puxemos rumbo cara o Dubai Mall. En Quiksilver mercamos unhas luvas, unhas gafas de sol e un traxe de esquí. Chegou, por fin, a hora de dirixirnos caras as pistas, onde nos esperaba o noso monitor. El impártenos unhas pequenas clases máis avanzadas, xa que nós xa tiñamos algún coñecemento previo debido á nosa estadía dunha semana en Andorra cando estabamos en 2º ESO.
http://www.rhinocarhire.com |
Tras tantas horas desta entretida actividade entrounos a fame e volvemos ao centro comercial para comer nun dos seus luxosos restaurantes. Desta volta escollemos un italiano chamado Carluccio´s.
Despois de xantar, descansamos un anaco e seguimos esquiando ata as oito da noite. Regresamos en coche ata o hotel. Absolutamente derreadas ceamos e imos cedo para as nosas habitacións. E así despedimos este apaixonante día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario