Amosando publicacións coa etiqueta Salou. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Salou. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de xuño de 2014

Último día por Salou


Hoxe levantámonos tarde xa que onte fomos de festa, este día é para pásalo ben e gozar do que non gozaramos ata agora. Pola tarde todo o equipo foi á piscina e falamos co monitor para que nos deixara xogar ao wáter-polo, xa que tiña as porterías alí, e así foi. Fixemos tres equipos e o que chegara a 10 vitorias gañaban unha trofeo pequeniño do hotel. Aínda que o meu equipo tivo mala sorte no torneíño de volei, neste de wáter-polo gañamos, e recibimos o trofeo da mans do monitor da piscina, aínda que o obxectivo principal era pasalo ben. Pero, ¿que queredes que vos diga?, gañalo foi mellor aínda. 

Quedaban poucas horas para marchar, fomos ós nosos cuartos a preparar a mochila para a volta a casa. Por último, fomos todos xuntos a tomar algo a un bar de Salou. 

No hotel, ao baixar as maletas, ía un pouco triste porque o que vivín estes cinco días en Salou gustoume moito: piscina, praia, saír, os partidos, o compañeirismo... Pero quédome co positivo e é que o pasei moi ben e que gañamos un torneo internacional de fútbol base. 

Aquí vos deixo unhas imaxes das paradas que fixemos polo camiño ata Galicia:

Eu son o segundo comezando pola dereita, arriba.


Rubén xoga a final da Costa Daurada Cup


Hoxe é a gran final do torneo contra o Sant Andrew, imos con ganas de gañar a final xa que se chegamos ata aquí foi con moito esforzo e vontade. 


De camiño ao campo de fútbol,eu polo menos, ía nervioso, pero puxen música para motivarme e así deixar eses nervios atrás. Ao chegar ao campo mandáronos para os vestiarios, e alí os adestradores Rubi e Lema déronos unha charla agradecéndonos a tempada que estabamos a facer. Para rematar a charla, dixéronos "que as finais non se xogan, as finais se gañan", e así motiváronos máis do que estabamos. 

Cando saímos quentar ao campo xa estaban eles, que levaban 10 minutos máiss do normal quentando, iso a nós nos sorprendeu porque todos os equipos soen saír por iguais. O primeiro foi ir facéndonos unha idea de como eran tacticamente xa que no físico son todos moi altos.

Comeza a final e empeza quente, como todos os partidos que xogamos porque aquí, poucos xogan ao toque, se non ao corpo á corpo. Na primeira metade foi un pouco aburrido porque a penas houbo ocasións, e os dous porteiros non tiveron traballo.

No descanso estivemos falando entre nós que había que probar ó porteiro e así foi.  A segunda metade comeza con mellor pinta para o Porriño, xa que agora estamos tocando ben o balón, probamos tiros desde fóra da área e o porteiro parece un pouco inseguro e así seguimos coa mesma idea, de seguir tirando cando teñamos opción. Cando faltaban 10 minutos, tiñamos un córner a favor, fun eu a quitar o córner pero despexaron os defensores do Sant Andrew. Por sorte o medio centro do meu equipo colleu o rexeitamento, disparou e meteu, e fomos todos como tolos a celebralo, tirándonos uns por riba dos outros. Despois o adestrador nos dixo que non atacásemos que nos preocupáramos por defender, e defendemos como cans os últimos minutos. Iso deu o resultado do gran torneo... fomos campións! E o celebramos polo alto!

Pola tarde, a gozamos na praia de Levante xa que sería o último día de praia porque ao día seguinte á noitiña marchabamos para Galicia.


mércores, 4 de xuño de 2014

Terceiro día de Rubén en Salou


      O mércores pola mañá tiñamos que xogar un partido de fase de grupos pero como quedamos primeiros xa non o xogamos, e así descansabamos para xogar as semifinais da Costa Daurada Cup contra o equipo anfitrión do torneo, o Cambrils FC. 
     
     O partido foi moi disputado entre os dous equipos xa que se decidiu nos últimos minutos metendo un gol de cabeza, e iso que é o meu punto máis débil, gañando o partido por 3-2. Ao día seguinte tiñamos a ansiosa final do torneo e íamos a por todas.

      Pola tarde fomos todos xuntos á praia de Levante a pasalo ben, mellor non se podía estar, porque a auga estaba boísima, podías estar tranquilamente nela, non coma na costa atlántica que a auga está demasiado fría. O único negativo é que a area estaba pero que moi quente, porque se quedabas 5 segundos se che cocían os pés por debaixo. Máis tarde, contra a noitiña, xogamos un partido de volley facendo equipos de 3 con 6 xogadores e  aos primeiros que acadaban 5 vitorias os adestradores lles invitaban a algo, pero por mala sorte o meu equipo non gañou. 
     
       
      Ao chegar o hotel démonos unha boa ducha para despois saír de festa. Despois de cear quedamos na entrada porque os adestradores tíñannos que dicir algo. Nese momento todos pensamos o peor, e así foi, dixéronnos que non se podía saír porque tiñamos a final as 10:00 h e se saíamos íamos perder, e non merece a pena chegar á final e perdela. 

      Nós estabamos un pouco fodidos xa que tiñamos a idea de saír pero respectamos as palabras dos adestradores, e así foi, descansamos para gañar o torneo.

venres, 30 de maio de 2014

Comeza o torneo de fútbol en Salou

      O segundo día en Salou xa tivemos que madrugar para ir xogar os primeiros partidos do torneo de fútbol.

       O primeiro partido xogámolo as 10 da mañá, gañando 3-2 a un equipo de Salou. Foi un partido difícil, disputado e con moitísimas faltas. O seguinte xogámolo as 12h e o  resultado foi 4-2 ao noso favor contra a uns brasileiros que pasaban todos do metro oitenta, pero que co balón non eran tan bos como nós esperabamos, xa que so tiñan 4 ou 5 xogadores moi bos. Ao gañar os dous partidos estabamos practicamente clasificados e iso que nos quedaba un partido de grupos para o día seguinte.


http://www.futbolsalou.es/slideshow/imatge2/image

     Ao chegar ao hotel xa fomos directos ó comedor a gozar da comida e pola tarde fomos todo o equipo a dar unha volta pola cidade. 

    Pareceume todo precioso: edificios, camiño ao lado da praia, grandes tendas, etc. Pero sen dúbida o que máis me gustou foi a praia. Nada máis chegar ao hotel o primeiro que fixen foi tirarme na cama do canso que estaba, e a durmir para estar fresco no partido do día seguinte.     

https://www.google.es/search?q=campo+de+futbol+en+salou&source=lnms&tb

martes, 13 de maio de 2014

Outra viaxe real: Rubén vai a Salou co Porriño Industrial


No último verán fun de viaxe co meu equipo de fútbol, o Porriño Industrial, a Salou. O noso obxectivo era pasalo ben e tentar gañar o torneo de Costa Daurada Cup.

Nada máis chegar, o primeiro foi instalarnos no hotel "Sol Costa Daurada". Pareceume impresionante o grande que era. Dividíase en dous edificios, con magníficas vistas á enorme piscina, terraza nas habitacións, ximnasio, sala de xogos, jacuzzi etc. A comida do hotel era  realmente deliciosa e moitas veces só estabamos desexando que chegara a hora do almorzo, comida ou cea.

http://photos0.hotelsearch.com/0001/9580/sol-costa-daurada-vila-seca_big.jpg

Esa primeira tarde a pasamos gozando da nosa espectacular piscina xa que tiñamos un monitor que nos propuña xogos, como por exemplo o waterpolo, etc. Máis tarde, fomos todos xuntos ao centro de Salou a entregar a inscrición do equipo para poder xogar o torneo. Pola costa vimos que había unha gran praia e polo centro moitísima xente de paseo ou de compras. 

http://media03.tvtrip.es/partner/3/6/356.jpeg

www.brisasol.com/resources/ac6c48e1c.jpg