Xa estamos de volta as moza de USA para contarvos todo sobre a nosa excursión de fin de curso a Barcelona para a que estivemos varios meses traballando. Unha nova aventura!
Nesta entrada deixamos atrás a nosa viaxe imaxinaria para dar paso a unha que vivimos hai pouco xunto ós demáis compañeiros de 4º do instituto.
Nunha parada que fixemos durante o traxecto. |
Día 0 e 1, sábado 5 e domingo 6 de abril.
O
sábado ás once da noite cargamos a pesada equipaxe no autobús, que nos esperaba
na porta do instituto, e comezamos a nosa viaxe de catorce horas con destino
Barcelona.
Tras unha longa viaxe nun autobús repleto de adolescentes alterados e de Sergio máis Lois cantando todo o rato, chegamos por fin ó noso desexado destino, Calafell, un pequeno municipio costeiro de Tarragona, onde se atopaba o noso hotel a pé de praia. Estabamos aloxados no Hotel Ramblas Miramar, na primeira planta. Moi cansas instalámonos nas nosas habitacións e nos deron un rato de descanso ata a hora de comer. Nesta ocasión non estabamos as tres xuntas xa que Laura decidiu abandonarnos por Ainhoa e Tamara (na 137) mentres que Iria máis Andrea quedaron noutra habitación (na 135).
Sobre as dúas do mediodía baixamos ó comedor do hotel a xantar. Era tipo bufet polo que cada un collía o que quería. Ao
rematar, Chefa, Suso máis Juan Carlos (Curi) déronos un rato de tempo libre por Calafell. Demos un
paseo pola beira da praia xa que facía un día moi bo e ataaproveitamos
para meter o pés na auga. A verdade é que estaba un pouco fría pero unha vez
que te acostumabas facíase agradábel notar ese fresquiño nos pés.Sobre as
catro da tarde preparamos as cousas da praia xa que íamos pasar o resto do día
nunha praia de Vilanova i la Geltrú. A viaxe en autobús levounos uns corenta minutos e ó chegar separáronnos en tres grupos.
Tras unha longa viaxe nun autobús repleto de adolescentes alterados e de Sergio máis Lois cantando todo o rato, chegamos por fin ó noso desexado destino, Calafell, un pequeno municipio costeiro de Tarragona, onde se atopaba o noso hotel a pé de praia. Estabamos aloxados no Hotel Ramblas Miramar, na primeira planta. Moi cansas instalámonos nas nosas habitacións e nos deron un rato de descanso ata a hora de comer. Nesta ocasión non estabamos as tres xuntas xa que Laura decidiu abandonarnos por Ainhoa e Tamara (na 137) mentres que Iria máis Andrea quedaron noutra habitación (na 135).
Habitación de Iria e Andrea e vistas dende esta. |
No aprendizaxe a vela. |
Un tiña unha hora de xincana (tiñan organizadas carreiras de obstáculos ekaiak). Outro estaba
unha media hora na iniciacións nos segways e ó que quedaba tocáballe a iniciación á vela. Íamos rotando nas tres estacións. Ata lle deron medallas a Brais máis a Jose por facer o mellor tempo na carreira!
Rematadas as actividades, sobre as oito da tarde, marchamos da praia para volver ó hotel. Alí nos duchamos e sobre as nove da noite baixamos a unha sala próxima para cear (ó comedor polas noites estaba ocupado por un grupo de anciáns que facían xornada de baile).
Zona onde se encontraba o hotel Ramblas Miramar. |
Ata aquí a chegada e o primeiro día por terras catalás. Estade atentos as nosas seguintes entradas porque prometen! Adeu :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario