Erguémonos como tódolos días e fomos almorzar. Como sempre, Laura, Marisé e Nerea chegaron tarde.
Era un día bastante bo, xa que volvíamos a Vilanova i La Geltrú, á praia. Tíñamos organizadas dúas actividades pola mañá: a iniciación ao kaiak e o bautizo de vela.
A actividade da vela estivo moi ben, foi tan relaxante que case nos quedamos durmidas, para espestar démosnos un baño no Mediterráneo.
Enganchamos co kaiak, o cal foi bastante canso pero entretido. Cando estabamos no medio da auga o monitor díxonos "Coidado, que aquí hai quenllas". Iso non nos fixo moita gracia, e aínda menos cando dixo que era verdade.
Ó rematar deixáronnos un tempo libre, para bañarnos ou así. Logo fomos quitar o neopreno e darnos unha duchiña. Volvemos comer de pícnic, esta vez ó lado da praia.
Laura F. e Nerea |
Ás catro da tarde quedamos cos monitores para xogar un partido de fútbol e outro de volei, o cal foi moi divertido, pero ó principio dábanos preguiza xa que tíñamos a barriga chea. Ó rematar, como non, deixáronnos darnos o último baño naquela praia.
Chegamos ao hotel e algúns metémonos na piscina, pero a auga estaba moi fría e case non éramos capaces de respirar. Despois fomos prepararnos para saír de festa, pero esta noite tíñamos algo novo que facer, as maletas, porque o día seguinte marchabamos...
Saímos e démolo todo, ata os profesores bailaron! Ó chegar ó hotel, como tódalas noites Chefa pasou revisar as habitacións, pero tamén, para non variar despois houbo cambios!
Ningún comentario:
Publicar un comentario