Amosando publicacións coa etiqueta Lara Burgo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lara Burgo. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de xuño de 2014

DÍA 6-EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO (Lara e Ainhoa)



VENRES 11

Espertámonos un pouco tristeiras, tivemos que despedirnos de Barcelona para gozar do noso último día en Cataluña, íamos celebralo ao grande: no parque de atraccións de Portaventura.

Cando chegamos ó parking sorprendeunos a cantidade de autobuses que alí había, xa que os profesores nunca viran, en excursións anteriores, tanta xente. Descubrimos que se trataba do primer día do ano no que o parque temático abría as súas portas.




Estivemos máis dunha hora hora esperando para comprar as entradas, nese tempo Lara botou unha sesta apoiada nun coche e Blanca pegou un chicle no cú.

Cando por fin conseguimos as entradas, dirixímonos á atracción Furius Baco, atracción que pasa de 0 a 100 km/h en 3 segundos, levábamos dúas horas esperando na inmensa cola cando comunicaron que a atracción ía a permanecer pechada por motivos técnicos, as persoas comezaron a marchar, pero nós seguimos esperando, e media hora despois conseguimos montar. Foi incrible, pero moi breve, durou tan só 1 minuto.



















Ao rematar, fomos directamente a comer a un mexicano cun bonito decorado, pola noite debía de ofrecer espectáculos.


Ao saír do restaurante dirímonos á Shambhala. Estivemos dubidando se ir a esa ou ao Dragon Khan polos seu looping, pero a primeira é a montaña rusa máis alta de Europa e queriamos probar a sensación.





Dúas horas despois conseguimos probar a fantástica atracción. Pagou a pena esperar tanto! Ao comezar a subir, queriamos que dese volta pero foi unha experiencia inesquecible e, de novo, a pena foi que se nós fixo moi breve.













Dado que o parque ía pechar e non daba tempo a subir a nada máis fomos dar unha pequena volta.

As sete da tarde fomos cara a saída, alí esperábanos o bus que nos levaría de volta a casa.

O camiño fíxose moi curto, e nun abrir e cerrar de ollos, xa estábamos de volta en Salceda, contando cunha gran experiencia na nosa memoria, que xamáis esqueceremos.

DÍA 5: EXCURSIÓN FIN DE CURSO por Ainhoa e Lara


Espertámonos moi cansas, pero non tivemos mais remedio que facelo.

Hoxe tocaba visitar o Cosmocaixa de Barcelona, cando rematamos de almorzar subimos ao bus e dirixímonos cara o museo.

De camiño fixemos unha parada no Camp Nou, aínda que non entramos no estadio, puidemos facer compras na súa boutique e fotografármonos no seu exterior.


Logo deixáronnos tempo libre pola zona das ramblas, onde aproveitamos para facer unhas compriñas e parar no Starbucks e no Hard Rock Café.




Ao rematar a curta visita retomamos o camiño cara o museo. Ó chegar, o primeiro que visitamos foi un aparello que recollía unhas follas e soltábaas.



Percorremos toda a primeira planta e quedamos impresionadas pola cantidade de aparellos que representaban leis da Física:




 



O museo tamén contaba cun bosque artificial ao que se podía acceder.

E tamén cun gran acuario.




 Logo fomos comer. O menú era un pouco cutre e había pouca variedade.


Subimos a azotea desde onde gozamos dunhas fantásticas vistas, que inmortalizamos  tirando moitas fotos.




Pasada unha hora abandonamos aquel lugar e dirixímonos de novo a Barcelona para visitar distintas zonas da cidade.

Por último fomos visitar a Sagrada Familia, a pesar de non estar rematada e de que o exterior era coñecido por todos, o interior deixounos pasmados, era inmensa, estaba decorada dunha maneira moi especial e as vidreiras de cores eran espléndidas, a súa segunda fachada pareceunos un pouco triste e escura despois de ver aquel interior tan cargado e colorido.




Ao chegar ao hotel, despistamos a Blanca para prepararlle unha gran sorpresa para ao seu aniversario.
Preparámonos e saímos de festa outra vez polo Nicky´s, esta vez había máis xente, outros institutos, que fixeron máis divertida a noite.
As 00:00 saímos todos e foi cando lle demos a sorpresa a Blanca, cunha torta chea de gominolas, un gran detalle que lle gustou moito.
E aquí acabou o noso último día en Barcelona... ADEU!

xoves, 5 de xuño de 2014

DÍA 3 - EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO POR LARA E AINHOA


MARTES 8 DE ABRIL

O martes volvemos coller o bus para saír da provincia, fomos ata Tarragona, máis concretamente ao Delta de l´Ebre.

Antes de visitar o Parque Natural do Ebro, paramos en L´Ampolla, aproveitamos para comprar souvenirs da zona, moi diferentes aos de Barcelona cidade.




Cando chegamos ó Parque Natural camiñamos acompañados dun guía polos campos de arroz gozando da fauna e flora que ofrece a zona, que é moi extensa (imposible de percorrer a pé nun só día). Percorremos o lugar en autobús mentres os guías nos explicaban as diferentes casas que íamos observando e informábannos a que familia pertenecían.

Ao chegar a un embarcadoiro sentámonos nunhas mesas e comemos un pícnic, que a ninguén lle gustou, o que tiña máis éxito era o batido de chocolate.

Como o barco no que íamos a seguir percorrendo o parque chegou moi tarde, para entretermos aos profesores ocurréuselles xogar ao "pañuelito"...

Cando o barco chegou montámonos nel e percorremos o río Ebro ata a súa desembocadura no Mediterráneo.




No camiño de volta puxéronos música e todos empezamos a bailar e a tirar fotografías.







Cando desembarcamos tomamos rumbo ao hotel. Ao chegar duchámonos e baixamos  cear. Ao acabar preparámonos para saír de festa.

Fomos a un local chamado "Nicky´s" con moi boa música, pero estabamos nos sós. A 1:30 h marchamos para hotel xa que ao día seguinte tiñamos que madrugar.



martes, 27 de maio de 2014

Ainhoa e Lara tirando fotos en Barcelona



LUNS 7

Levantámonos moi cedo e Ainhoa, para animar o ambiente, púxonos música house a todo volume e así fíxosenos máis ameno erguernos.

Almorzamos e dirixímonos cara Barcelona. Todos estabamos entusiasmados por coñecer a cidade.


O primeiro que visitamos foi a Catedral de Barcelona, a guía turística que nos acompañou en todo momento, explicounos que está adicada a Santa Eulalia, patroa da cidade. Ademais do exterior visitamos o interior, contemplamos a súa gran estrutura e dimensións, a cripta da patroa, o seu marabilloso xardín, fantástico para tirar fotografías e as sete ocas que alí se atopaban.

             

                     




Seguidamente fomos as Ramblas, nós xa tiñamos visitado antes Barcelona, e recordabámolas  cheas de mimos. Foi toda unha sorpresa atopar só un. Explicáronnos que era debido aos permisos que esixía o concello. Ó final atópase o monumento a Colón, que no seu interior ten un ascensor que permite subir ata a semiesfera.                                                                                       
                                     
                      

                                                                             










Ao rematar de ver as Ramblas dirixímonos ao porto vello de Barcelona, que se atopaba moi cerca, alí xantamos no centro comercial Maremagnum e gozamos dunha hora de compras, que aproveitamos ao máximo.





  


Montamos no bus e fomos rumbo ao Tibidabo no que puidemos admirar as fantásticas vistas que se contemplaban dende alí, neste lugar tiramos moitísimas fotos.



                                          
                                                   












Despois de tanto camiñar puidemos subir ao bus e por fin descansar. Ao chegar ao hotel duchámonos e baixamos cear e de alí directas á cama. Estabamos moi cansos, tanto que  e nin pedimos para saír...