Día 1: Saímos cara a Dubái.
Comezamos esta apaixonante viaxe o xoves día 1 de maio e tardaremos 19h 40min en chegar ao noso destino. Voamos desde o aeroporto de Porto (Purtugal) ás 8:50 da mañá cara Londres, Reino Unido.
Chegamos ás 11:00 h á terminal S.Gatwich (LGW).
En Londres facemos unha pequena parada, alí comemos e vamos ao centro da cidade, visitamos o London Eye e ao Big Ben.
Por fin, ás 21:35 da noite partimos. Chegamos o venres 2 de maio ao Dubai International Airport ás 7:30 da mañá.
Ao chegar, recollemos o coche que alugamos e imos ao noso hotel, o Burj Al Arab.
Pola mañá relaxámonos na praia xa que estamos cansas de estar no avión. Comemos nun dos bos restaurantes do noso hotel, degustando manxares típicos de Dubai como a Shawarma, que son unhas láminas de carne asada ao espeto e de sobremesa tomamos uns deliciosos doces árabes.
Despois de botarlle unha ollada ao noso marabilloso hotel, marchamos ao museo de Dubái para coñecer desde o primeiro día a súa historia. Este museo ofrécenos un bo percorrido pola historia de Dubái, desde os seus inicios ata a nova cidade.
Pola noite, despois de cear, imos á discoteca máis popular de Dubai, que é a Planetarium ata ás duas da mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario