Amosando publicacións coa etiqueta Siena. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Siena. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de xuño de 2014

Piazza del Campo en Siena

Tras visitar a Abadía De San Galgano, e despois de durmir unhas cantas horas, dispóñome a pasar o meu segundo dia en Siena e, como me queda preto, visitarei a Praza Do Campo.

Como xa fixen na entrada anterior, falareivos de súa historia e dos eventos que se realizan anualmente nela.

Considerada unha obra mestra da arquitectura medieval, construíuse nun complexo terreo e é a causa da súa característica e orixinal inclinación.

Ten forma de cuncha e está situada no centro da cidade, no mesmo lugar no que se atopaba o antigo foro romano de Siena. A praza está inclinada. Na parte superior hai unha gran fonte, a Fonte gala, inaugurada en 1348.

Estou marabillado! Este lugar e fascinante, incrible e fermosisimo.
Nestes momentos apréciase un notable tránsito peonil. Estou  buscando a maneira de poder entra na torre da praza ou nalgunha azotea para poder fotografar a praza dende arriba...
Falei cun home que entraba cara a súa casa e tras conversar un rato aceptou deixarme subir para fotografar o meu obxectivo...velaí vai o resultado:


Cando era un rapaz, meu pai ensinoume un pouco de italiano, e grazas a iso resúltame máis doado entender o que me están a dicir.

Tamén souben que nesta gran praza celébranse unhas carreiras de cabalos anuais, as Carreiras do Palio, unha competición entre as contradas de Siena nunha carreira hípica medieval que ten lugar dúas veces ao ano, unha o 2 de xullo (na honra da Virxe de Provenzano) e a outra o 16 de agosto (na honra de Asunción da Virxe).
En cada  Palio parten só dez contradas, as sete que non participaron o ano anterior e tres máis elixidas por sorteo, e de acordo cun cambio de xullo a xullo e de agosto, en agosto. O mecanismo é o seguinte: 

O Palio gáñao o cabalo, con ou sen un cabaleiro, despois de cumprir tres veces ao redor da praza no sentido do horario. A liña de chegada, marcada por unha bandeira, está na mesma zona, sen corresponder exactamente á liña de partida. O premio para o barrio é o palio, ou drappellone ou cencio, bandeira de seda rectangular pintada e posta verticalmente nun poste branco e negro e montado nunha placa de prata con dúas plumas negras e brancas que descenden lateralmente.  

domingo, 8 de xuño de 2014

Viaxe real a Siena, Italia

Na miña viaxe real visitarei Siena:


Elixín este lugar porque Italia paréceme un país fermoso e espectacular e creo que paga moitísimo a pena. Aínda que nestes sete días non poderei ver todo canto quixera, as miñas prioridades son visitar a Praza do Campo e a Abadía de San Galgano, e logo xa irei vendo.

Dia 1: 
Dispóñome a pasar 3 días en Siena... Acabo de chegar despois de tomar dous avións, e diríxome cara ao hotel para deixar as maletas e preparar a visita a Abadía De San Galgano. Estou canso e teño bastante fame pero teño previsto saír nunhas horas...
Xa estou aqui! Recuperado e na Abadía De San Galgano, pero para que vos situedes contareivos un pouco da sua historia:

Este mosteiro en ruínas está situado nun outeiro a poucos quilómetros ao sur de Siena, na vila de Chiusdino. É do século XIII e deu inicio á arte gótica na Toscana. Erixido albergue de monxes cistercienses ata que a Peste Negra o deixou case deserto no século XIV despois de adquirir un gran poder.


San Galgano, anteriormente Galgano Guidotti foi un cabaleiro italiano da baixa idade media que podería proceder da vila de Chiusdino. 

Na súa mocidade adicouse ás batallas para ampliar a súa esfera de poder e levou unha vida disipada e violenta. A lenda di que arrepentido desa vida, retirouse e adicouse á penitencia, cravando a súa espada nunha rocha co gallo de convertela nunha cruz. 

Algúns medievalistas cren que a historia de San Galgano é a orixe da lenda da espada do rei Arturo, xa que foi no século XIII, cando a espada de Galgano era famosa en toda Europa, cando o mito da espada na pedra foi incorporado á tradición do Rei Arturo. 


A espada, que aínda pode ser visitada, foi orixinalmente cravada no momento da conversión na mañá do día de Nadal 1180. 

Esta espada, que nunca se conseguiu liberar do chan, denominárona a Excalibur Italiana.
En 1992, un home estragouna e tivérona que pegar e protexela cun vidro.
Agora que xa vos podedes situar algo mellor ... dígovos que estou abraiado polo fermoso que é este mosterio e tamén a paisaxe que o rodea... De feito, a zona foi empregada como escenario para ambientar películas como "O paciente inglés" de Anthony Minghella e "Nostalxia" de Andréi Tarkovski. 

Despois de ver esta marabilla, volvo cara ó hotel porque de novo estou canso e se non durmo as miñas 7 horas non son persoa...