Amosando publicacións coa etiqueta Tamara. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tamara. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de xuño de 2014

Venres 11, Portaventura, día 6

Mal que nos pese hoxe é o último día, pero que o sexa non quere dicir que cambie a rutina de pola mañá. Fixemos o de sempre e marchamos cara Portaventura. 

Chegamos a iso das doce do mediodía, e estivemos a esperar como cousa dunha hora para entrar, xa que aínda tiñan que imprimir as entradas. 

Montañas rusas: Dragon Khan (a vermella) e Shambala (a branca)
Por fin demos entrado, todo era abraiante. Antes de comer subimos nunha soa atracción, o Furius Bako, para o cal estivemos dúas horas a esperar na cola. Despois de comer, para o que tamén agardamos o noso, fomos á caída libre. Tamara como non ía subir, quedou na porta agardando, e ó baixar, xa non estaba, entón separámonos. Eu, Ceci, fun cos que quedaban ó Dragon Khan, unha montaña rusa con moitas voltas. 

Tamara foi con máis xente a ver un musical, e logo miraron un espectáculo de paxaros. 
Ó baixar do Dragon Khan atopeime a máis compañeiros, e queríamos subir nunha última atracción, como xa se achegaba a hora de marchar fomos correndo a unha de auga, da  que non lembro o nome e cando baixamos fomos cara fóra, en busca dos profesores e o resto de compañeiros.

Shambala
Ata aquí chegou a excursión; subimos no bus e saímos cara Galiza de volta, paramos ó pasar unha hora, máis ou menos, a cear e xa, ó subir o bus, caemos todos mortos de sono. Espertamos un par de horas antes de chegar ó instituto. Ó chegar sentamos nas maletas a agardar que nos viñesen buscar.

E ata aquí chegou a nosa viaxe de fin de curso á Barcelona, e o noso traballo para o blog de informática.

Xoves 10, Vila Nova i la Geltrú, día 5

A mañá foi idéntica ás anteriores, erguernos, prepararnos, almorzar e para o bus. Solo cambiou en que collemos as caixiñas do pícnic.

Caixiñas de Pícnic
Fomos cara Vilanova i la Geltrú, como o primeiro día, pero non íamos tan cansos como cando chegamos de Salceda. Pola mañá fixemos kaiak, que é unha cousa que cansa moito, e logo fixemos vela, e nos demos un baño no Mediterráneo tirándonos dende o barquiño. A auga estaba bastante fría, pero nos deu un pouco igual. Despois disto nos duchamos e fomos cara un parque, onde íamos xantar os nosos famosos pícnics. Nese parque voou comida por todos lados. Se non querías a froita, o da toalla de enfrente seguro que si.




O "Nicky's"
Ó acabar de comer volvemos á praia, onde íamos xogar ó volei e ó fútbol praia. Foi bastande divertido, aínda que Ceci acabou cun pé inchado por mor dunha patada de David Romero, e cun corte no xeonllo.

Ó acabar os partidos quitamos a area que tiñamos enriba e tiramos unha foto en grupo. 

Subimos ó bus e volvemos cara Calafell. Despois de cear, os que quixeron, volveron ir ó "Niky's", e os que non tiñan ganas de festa quedaron a "durmir" no hotel.

martes, 17 de xuño de 2014

Mércores 9, Cosmo Caixa e a Sagrada Familia, día 4

Son as 8:00 e soa o espertador, poñémonos en pé con poucas ganas, preparámonos e baixamos almorzar, logo, para variar, dirixímonos cara ó bus.

Fotos no CosmoCaixa
Pasados 40 minutos chegamos ó Cosmo Caixa. Estivemos un anaco a agardar na entrada pero entramos ó pouco tempo. Fomos cara onde había que pasar o ticket de entrada para acceder ó museo. O Curi pasouna un par de veces, pero o torniquete non xiraba. Démonos conta de que era por outro lado, por unha portiña que estaba á esquerda. Despois deste pequeno incidente na entrada, cada un foi a súa bola, percorrendo ata o último recuncho do museo. Había montóns de cousas, algunhas máis abraiantes que outras. Ás dúas nos atopamos todos no restaurante do museo para ir xantar (para variar, aquí a comida estaba rica). Despois de comer saímos a un pequeno xardín e nos deitamos no céspede, a escoitar música e falar un pouco.

Un dos edificios de Gaudí
Despois dun anaco saímos do CosmoCaixa. Fóra xa estaba Eva, a guía que nos acompañaba por Barcelona a esperar. Subimos no bus e puxemos rumbo cara ó centro da cidade, pasamos por algúns edificios de Gaudí antes de chegar á Sagrada Familia. Cando chegamos o pé desta, moitos quedamos abraiados, é xigantesca! Déronnos uns cascos e fomos para dentro. O interior é tan incrible como o exterior. No meu parecer, foi unha das cousas que máis gustou.

A Sagrada Familia, por dentro e por fóra.




Pola noite volvemos ir o "Nicky's". Desta vez non estabamos nos sós, había un montón de rapaces e rapazas da nosa idade. Viñeran dende distintos sitios de España. Pero os que máis barullo montabamos eramos nós.

xoves, 12 de xuño de 2014

Martes 8, Tamara e Ceci no Parque Natural do Delta do Ebro.

Son as 8:40 e nos petan na porta, era Abraham que nos viu espertar, quedaramos durmidas! 


Preparámonos con présa, baixamos a almorzar e, ó acabar, collemos as nosas caixas do pícnic e fomos cara ó bus. Tras unha longa viaxe recollemos ós guías, un mozo e unha moza moi animados. (Máis dun lle botou un ollo á rapaza)

O rapaz pasou todo o resto da viaxe que nos quedaba ata chegar ó Ebro, falando e nós a pasamos durmindo, ata que chegamos á beira do río, onde collemos os pícnics e xantamos. 
Cando acabamos de comer aínda estivemos un bo anaco agardando a que chegase o barquiño no que íamos dar o paseo. Neste tempo tiramos algunhas fotos e estivemos a xogar cun can.

Cando chegou o barco, subimos todos, a maioría foron á parte de arriba, e tres ou catro quedamos na parte de abaixo. Os que subiron estiveron "atendendo" ás explicacións do guía do barco. Despois de prestares atención lles puxeron un pouco de música, e estiveron a bailar e a tirar fotos á paisaxe.

Na viaxe de volta pasamos polos campos de arroz e paramos nun cabo. A despedida que lle fixemos ós guías foi moi peculiar, pedímoslles que nos cantasen algo, pero antes para que se animasen o fixemos nós.


Foto  tirada dende o barco
Cando chegamos de volta ó hotel, deixáronnos unha horiña para estar pola praia ou polos comercios de Calafell e fomos cear. Despois de encher o bandullo e arranxarnos, fomos en busca dun pub ou algunha discoteca, tiñamos ganas de festa. Atopámonos co “dono do Nicky’s” (una pequena discoteca), que nos invitou a ir á mesma, e como non, alí fomos.


mércores, 11 de xuño de 2014

Luns 7, Tamara e Cecilia visitan o centro de Barcelona

Puxéronos as 8:45 como hora para estar no comedor para almorzar, e as 9:30 subimos ó bus e marchamos cara o centro de Barcelona, onde nos atopamos con Eva, a guía que nos levou polas rúas da cidade. 
Catedral de Sta. Eulalia

Fomos cara a Catedral, a cal nos paramos a mirar por fóra. Dimos unha volta polas rúas de Barcelona, mirando as esculturas e edificios, e entramos na catedral por unha porta lateral. Ó saír, seguimos percorrendo as rúas barcelonesas e fomos parar ás Ramblas, que percorremos dende a metade cara abaixo, ata chegar ó final, onde se atopaba a estatua de Colón. Cruzamos uns pasos de cebra e chegamos ó porto, onde se parou a falar (a guía), e xa marchamos cara o centro comercial "Maremagnum" onde íamos xantar. 


Tamara e máis eu no Maremagnum
Ó rematar de comer déronos un rato libre, para dar un paseo polo centro comercial ou polos arredores. Algúns aproveitamos para facer compras ou para ir tirar fotos no porto. 
Despois deste pequeno descanso marchamos cara á Vila Olímpica, que vimos dende o bus, mentres a guía ía explicando todo ó que nos rodeaba. Por último, subimos a Montjuïc a pé, e ó chegar arriba tiramos fotos nun canón e entramos no castelo.


Algunhas fotos tiradas dende o alto de Montjuïc


Regresamos ó hotel, onde ceamos. Logo subimos a arranxarnos un pouco e nos deixaron ata ás 23:30 h para saír dar unha volta.

Domingo 6, Tamara e Ceci chegan a Calafell

Foto sacada dende Montjuic
Saímos de Salceda sobre as nove, e despois de pasar 14 horas metidos no autobús, sen durmir, e cun cheiro a morto que botaba para atrás, chegamos a Calafell que case non nos tíñamos en pé. 

Fomos para o hotel e estivemos esperando na recepción a que nos desen as chaves das habitacións. Logo de agardar un anaco, subimos deixar as maletas e descansar un pouco, e as dúas baixamos a comer.

Calafell
Despois de matar a fame, volvéronos meter no bus outros 40 minutos (a maioría de nos aproveitounos para durmir) para ir a Vilanova i la Geltrú, onde, case mortos e con moi poucas ganas, participamos nunha "gymkhana" (carreiras de sacos, obstáculos, un pouco de kaiak...), fixemos unha especie de carreira en segway e aprendemos a pórlle a vela a un veleiro. Despois de todo isto, volvemos ó hotel, moi cansos, onde ceamos, e cando nos decidíamos a ir para a cama os profesores sacáronnos fóra do hotel, e fomos dar un paseo á beira da praia. Cando chegamos de volta subimos ás nosas habitacións a "durmir" xa que o aire acondicionado facía sons moi raros.

sábado, 15 de marzo de 2014

Salcedenses en Canadá.


Ola xente! Este é o nos itinerario da viaxe e se vos gusta cotillear... aquí vos deixamos o diario coas nosas impresións.

domingo, 15 de decembro de 2013

Oh Canadá!

Canadá é unha monarquía parlamentaria federal de América. O país, situado no norte de Norteamérica, comparte fronteira cos Estados Unidos e é, despois de Rusia, o país máis grande do mundo.

Bandeira de Canadá.

        · Capital: Ottawa.
        · Cidade máis poboada: Toronto.
        · Idiomas: Inglés e francés.
        · Poboación total: 35.158.304 
        · Moeda: Dólar Canadiense.






XEOGRAFÍA E CLIMA

Montaxe de fotos de Ottawa.

A xeografía física de Canadá é moi variada. Os bosques boreais esténdense por todo o país. As rexións xeadas destacanse no ártico e nas Montañas Rochosas. As chas pradeiras no surleste facilitan a agricultura. No sureste , os Grandes Lagos alimentan o río San Lorenzo, onde a maior parte da poboación canadiense se atopa nas terras baixas.

A temperatura promedio en inverno e en verán varía según o lugar. Nas rexións interiores os invernos son duros, cunhas temperaturas diarias de -15ºC. A costa de Columbia Británica ten un clima máis cálido, pero chuvioso. Nas costas este e leste, polo xeral, as temperaturas non suben dos 20ºC. Mentres que entre as costas, en verán, as temperaturas oscilan entre os 25 e 30ºC.


IDIOMAS

Canadá é oficialmente un país bilingüe, co idioma francés amplamente estendido nas provincias orientais de Quebec e Novo Brunswick, no Ontario oriental, en comunidades específicas ó longo da súa parte occidental. O inglés é o idioma máis difundido na maior parte da nación, en lugares como Toronto, Ontario ou Vancouver.

venres, 29 de novembro de 2013

E se fóramos a Canadá?


Ola xente,

Somos Tami e Ceci e, como ámbalas dúas escollemos de optativa informática, e hoxe non funciona internet (e cando funciona, vai lento), pois nos puxemos a facer esta entrada para o Blog.

Este ano nos deron un tema a tratar, como ben di o título do blog, "Viaxes reais, viaxes imaxinadas".




Nós eliximos Canadá. Non temos ningún motivo en concreto, só que quedaba pouco tempo e tíñamos que escoller rápido. Vale, non, escollemos este país porque nos pareceu atractivo, as dúas nos gusta, temos visto en "Google Imaxes" fotografías do lugar, e é bonito á par que impresionante.

D3s panorama.  ISO 10000  (ID? Upper Canada Village is a heritage park)
Foto de Jazmin Million

Ela, Tamara, xa ten un pouco de experiencia co tema de Canadá xa que o curso pasado fixo un traballo sobre este país para sociais, e eu so o teño visto en series de televisión. Pero cun pouco de interese e adicación, de seguro que daremos feito algo un pouco decente.