Na miña viaxe real visitarei Siena:
Elixín este lugar porque Italia paréceme un país fermoso e espectacular e creo que paga moitísimo a pena. Aínda que nestes sete días non poderei ver todo canto quixera, as miñas prioridades son visitar a Praza do Campo e a Abadía de San Galgano, e logo xa irei vendo.
Dia 1:
Dispóñome a pasar 3 días en Siena... Acabo de chegar despois de tomar dous avións, e diríxome cara ao hotel para deixar as maletas e preparar a visita a Abadía De San Galgano. Estou canso e teño bastante fame pero teño previsto saír nunhas horas...
Xa estou aqui! Recuperado e na Abadía De San Galgano, pero para que vos situedes contareivos un pouco da sua historia:

San Galgano, anteriormente Galgano Guidotti foi un cabaleiro italiano da baixa idade media que podería proceder da vila de Chiusdino.
Na súa mocidade adicouse ás batallas para ampliar a súa esfera de poder e levou unha vida disipada e violenta. A lenda di que arrepentido desa vida, retirouse e adicouse á penitencia, cravando a súa espada nunha rocha co gallo de convertela nunha cruz.
Algúns medievalistas cren que a historia de San Galgano é a orixe da lenda da espada do rei Arturo, xa que foi no século XIII, cando a espada de Galgano era famosa en toda Europa, cando o mito da espada na pedra foi incorporado á tradición do Rei Arturo.

A espada, que aínda pode ser visitada, foi orixinalmente cravada no momento da conversión na mañá do día de Nadal 1180.
Esta espada, que nunca se conseguiu liberar do chan, denominárona a Excalibur Italiana.
En 1992, un home estragouna e tivérona que pegar e protexela cun vidro.
Agora que xa vos podedes situar algo mellor ... dígovos que estou abraiado polo fermoso que é este mosterio e tamén a paisaxe que o rodea... De feito, a zona foi empregada como escenario para ambientar películas como "O paciente inglés" de Anthony Minghella e "Nostalxia" de Andréi Tarkovski.
Despois de ver esta marabilla, volvo cara ó hotel porque de novo estou canso e se non durmo as miñas 7 horas non son persoa...
Despois de ver esta marabilla, volvo cara ó hotel porque de novo estou canso e se non durmo as miñas 7 horas non son persoa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario