Ola de novo! Seguimos coa miña viaxe?
O luns 7 de abril foi a nosa primeira visita a Barcelona capital, e para aproveitar ben o día tivemos que madrugar. Moitos queixáronse, pero eu estaba contento: normalmente esperto ás 07:00h, espertarse ás 09:00h é un regalo!
O luns 7 de abril foi a nosa primeira visita a Barcelona capital, e para aproveitar ben o día tivemos que madrugar. Moitos queixáronse, pero eu estaba contento: normalmente esperto ás 07:00h, espertarse ás 09:00h é un regalo!
Ao chegar a Barcelona e apearnos na Praza de Cataluña, dirixímonos ao Barrio Gótico. Foi nese momento cando nos empezamos a estrañar de que houbese arte en todas partes. Segundo palabras da nosa guía, chamada Eva, os cataláns quixemos que foses pola rúa e te encontrases unha escultura, que tomases un xeado sentado en arte, que fose parte do teu día a día, algo común.
Unha escultura en medio dunha praza, mostra das palabras da guía |
Xa alí, a nosa primeira parada foi a Catedral de Barcelona.
O campanario da Catedral de Barcelona |
Detalle en frente da catedral por Picasso |
Sorprendémonos de que dentro desta se criasen trece gansas por unha lenda catalá, pero oe, cousas máis raras fixeron os cristiáns.
As ocas da catedral |
Eu posando dentro da catedral |
Aquí acontecéronnos varias anécdotas. Primeiramente, a nosa guía non nos acompañou dentro, senón que explicounos todo o explicable sobre a Catedral fóra e logo quedouse esperando porque, pícara ela, así non nos facía falta pagar o ticket por grupo guiado. Ademais, se non fose porque unhas amigas se puxeron fulares e chaquetas nas pernas, non as deixarían entrar "por levar pantalóns demasiado curtos". Como dicía, as cousas raras dos cristiáns... Por último, hei de dicir que unha amiga miña chamada Ángela e eu nos perdemos e saímos pola porta equivocada, pero sorprendentemente, chegamos os primeiros xunto á guía.
Despois da catedral, percorremos distintas rúas e prazas, entre elas unha onde explotara unha bomba na Guerra Civil.
Despois da catedral, percorremos distintas rúas e prazas, entre elas unha onde explotara unha bomba na Guerra Civil.
Unha das prazas que visitamos |
Outra das prazas que visitamos |
Así, chegamos á Igrexa de Santa María del Mar. Persoalmente, gustoume máis que o primeiro monumento relixioso que visitamos porque esta igrexa tiña unha gárgola con forma de unicornio. Si, un unicornio. Máis tarde fixemos unha parada nunha rúa paralela á igrexa e sorpresa! Tomei un xeado de marihuana. Ademais comprei uns lentes de sol azuis, a xogo coas miñas mechas.
A seguinte parada foi o último traxecto das Ramblas, onde compramos algúns recordos e contemplamos diversos mimos. Tamén bebemos da Fonte das Canaletas. Din que se bebes dela te namoras da cidade e acabas volvendo, a ver se é verdade!
A seguinte parada foi o último traxecto das Ramblas, onde compramos algúns recordos e contemplamos diversos mimos. Tamén bebemos da Fonte das Canaletas. Din que se bebes dela te namoras da cidade e acabas volvendo, a ver se é verdade!
Paseando polas Ramblas! |
Algúns entraron no Mercado da Boquería, pero eu preferín seguir polas Ramblas e só vin a entrada deste.
Entrada ó Mercado da Boquería |
Como última parada durante a mañá, admiramos o monumento de Colón e dirixímonos ao Maremagnum, un centro comercial no porto deportivo. Alí, comemos no buffete Fresco e aproveitamos para comprarnos algo nas tendas que había.
Detalle ó lado do Maremagnum |
Posando no Maremagnum |
Despois de comer e como última visita do día, fixemos unha visita panorámica pola Vila Olímpica e Montjuic, onde tiramos unhas fotografías impresionantes dende o seu castelo.
Detalle en Montjuic |
Posando con Barcelona de fondo! |
As espectaculares vistas dende o Montjuic |
Ao chegar ao hotel estabamos cansos e queriamos durmir, pero os profesores fixéronnos dar un paseo xunto á praia con eles. Así, en canto entramos nos nosos cuartos fomos a cama e durmímonos axiña.
Ata a próxima!
Ata a próxima!
Ningún comentario:
Publicar un comentario