martes, 17 de xuño de 2014

Mércores 9, Cosmo Caixa e a Sagrada Familia, día 4

Son as 8:00 e soa o espertador, poñémonos en pé con poucas ganas, preparámonos e baixamos almorzar, logo, para variar, dirixímonos cara ó bus.

Fotos no CosmoCaixa
Pasados 40 minutos chegamos ó Cosmo Caixa. Estivemos un anaco a agardar na entrada pero entramos ó pouco tempo. Fomos cara onde había que pasar o ticket de entrada para acceder ó museo. O Curi pasouna un par de veces, pero o torniquete non xiraba. Démonos conta de que era por outro lado, por unha portiña que estaba á esquerda. Despois deste pequeno incidente na entrada, cada un foi a súa bola, percorrendo ata o último recuncho do museo. Había montóns de cousas, algunhas máis abraiantes que outras. Ás dúas nos atopamos todos no restaurante do museo para ir xantar (para variar, aquí a comida estaba rica). Despois de comer saímos a un pequeno xardín e nos deitamos no céspede, a escoitar música e falar un pouco.

Un dos edificios de Gaudí
Despois dun anaco saímos do CosmoCaixa. Fóra xa estaba Eva, a guía que nos acompañaba por Barcelona a esperar. Subimos no bus e puxemos rumbo cara ó centro da cidade, pasamos por algúns edificios de Gaudí antes de chegar á Sagrada Familia. Cando chegamos o pé desta, moitos quedamos abraiados, é xigantesca! Déronnos uns cascos e fomos para dentro. O interior é tan incrible como o exterior. No meu parecer, foi unha das cousas que máis gustou.

A Sagrada Familia, por dentro e por fóra.




Pola noite volvemos ir o "Nicky's". Desta vez non estabamos nos sós, había un montón de rapaces e rapazas da nosa idade. Viñeran dende distintos sitios de España. Pero os que máis barullo montabamos eramos nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario