Día 11:
Todos estamos tristes porque é o noso último día neste engaiolante lugar. Coma todos os día espertamos, vestímonos e baixamos a almorzar. Este día comemos moito xa que tíñamos que ir con moita enerxía ao parque de atraccións de Portaventura. Ao rematar o almorzo, baixamos as nosas maletas e despedimos, con morriña, a que fora a nosa casa durante unha semana inolvidable...
Xa no parque, separámonos e montamos en moitísimas atraccións. Almorzamos nun dos restaurantes da zona de México, "La Cantina". Despois de xantar montamos noutras atraccións nas que aínda non montaramos como o Dragon Khan, Huracan Kondor... e tamén facemos unhas pequenas compras dos recordos do parque.

Xa estabamos chegando a Portaventura cando comezamos a ver o Shambhala, que é a montaña rusa máis grande de Europa. Ao chegar alí a entrada estaba chea de autobuses, posto que era o primeiro día do ano no que o parque abría. Estivemos esperando dúas horas, nas que estivemos falando mentres que outros durmían.
Entramos abraidos, polo tamaño do parque (que consta de 6 zonas diferentes) e por todas as súas atraccións.
Xa no parque, separámonos e montamos en moitísimas atraccións. Almorzamos nun dos restaurantes da zona de México, "La Cantina". Despois de xantar montamos noutras atraccións nas que aínda non montaramos como o Dragon Khan, Huracan Kondor... e tamén facemos unhas pequenas compras dos recordos do parque.
As sete da tarde o parque pechou e despedímosnos del.
Marchamos cara o bus, como estabamos moi cansos quedamos durmidos moi cedo. Xa para cear os profesores espertáronnos nunha gran área de descanso en Zaragoza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario