Xa estamos de volta con unha nova entrada, en esta ímosvos contar o noso quinto día, que para non variar éche moi movidiño. Imos alá!
Despois do almorzo déronnos un rato para prepararnos xa que íamos pasar todo o día na praia.
O noso plan de hoxe era do máis activo. Pasamos o día n praia de Vilanova i La Geltrú onde, pola mañá, fixemos vela, kaiak, e, pola tarde, fútbol e voleibol. Dende o noso hotel, Ramblas Miramar, ata a praia de Vilanova i La Geltrú había uns corenta minutos de viaxe, e como de costume Sergio e Lois seguían deleitándonos coas súas fermosísimas voces.
Ao chegar os monitores dirixíronnos ata un sitio onde gardaban os traxes de neopreno e alí puidemos cambiarnos e polos. Unha vez vestidos fomos ata a praia e dividímonos en dous grupos, un para facer kaiak e outra para facer vela.
A min e a Laura tocounos primeiro ir en kaiak. Tivemos que pornos por parellas para que nos fora máis fácil movernos pola auga. Antes de poder subirnos neles, os monitores explicáronnos como debiamos facer para movernos máis rápido e sen facernos dano. A verdade é que non parecía moi difícil pero resultounos un pouco complicado ao principio, aínda que despois foinos bastante fácil.
Andrea, como estaba noutro grupo, fixo primeiro vela e logo kaiak. A Laura tocoulle ir de parella con Ainhoa e a min tocoume con Rodrigo. A verdade e que ir en kaiak cansa bastante xa que non paras de remar. Estivemos uns corenta minutos aínda que paramos un chisco.
Despois de que xa pasara unha hora tivemos que cambiar á vela. A Andrea, na primeira quenda de vela, tocoulle con Marisé, María, Mar, Isa e Nerea, e a min tocoume con Laura, Ainhoa, Tamara, Héctor, Lara e Blanca na segunda quenda. Despois de vinte minutos navegando, preguntámoslle ao monitor se nos podiamos tirar a auga porque ía algo de calor e xa que estabamos alí había que aproveitar. O monitor díxonos que estábamos un pouco tolos porque a auga estaba bastante fría aínda que a nós non nos importou e tirámosnos de todas formas.
Gustounos moito ás tres ir en vela, xa que era moi relaxante e non tíñamos que facer gran cousa, e como ben sabedes somos moi vagas. Pasada unha hora volvemos á praia.
Unha vez reunidos volvéronnos levar a onde nos cambiáramos anteriormente para que puidésemos quitar o traxe e darnos unha ducha.
Nada máis terminar dirixímosnos ao autobús para coller as nosas caixas de pícnic e ir ata o parque que se encontraba ao lado da praia. No noso pícnic había dous sándwichs, unha botella de auga, chocolate, un batido, algunha peza de froita e pouco máis. A verdade é que se estaba moi ben tirados no chan, á sombra e comendo e ata aproveitamos para botarnos unha sestiña.
Chegadas as catro fomos ata praia. Volvéronnos a dividir en dous grupos, un para xogar ao fútbol e outro para xogar ao voleibol e logo cambiar. Como xa sabedes, Andrea tiña mal a man e polo tanto só puido xogar ao fútbol (mentres xogaban o volei, os profes convidáronna a tomar algo con eles). Foi unha tarde do máis divertida xogando e pasándoo ben todos xuntos.
Cando xa se facía de noite, os profesores dixéronnos que nos tíñamos que ir para que nos dera tempo a chegar ao hotel e cear. Tardamos corenta minutos en chegar o hotel e a maioría estabamos durmidos, aínda que como debedes de supor, Sergio e Lois non paraban nunca de cantar!
Nada máis chegar ao hotel déronnos apenas dez minutos para subir ás habitacións e baixar a cear. No comedor, como todas as noites, estaban os anciáns aos que sempre lles puñan música e non paraban de rir e bailar. De feito, Lois chegou a bailar cunha muller que a pesar de ter os seus anos era moi divertida e movíase moi ben.
Ao contrario dos outros días puidemos saír por aí de troula. A noite comezou no "Nicky's" onde nos atopamos rapaces e rapazas da nosa idade e de máis, de distintos sitios cos cales fartámonos de bailar. O dono da discoteca, que a verdade estaba un pouco mal da cabeza, era máis ca divertido e tamén bailou moito con nós. Iso si, de vez en cando íamos ao "On Sempre" que era xa como noso, ademais levabámosnos tamén moi ben co dono, Toni.
Non sei moi ben a que hora chegamos ao hotel, iso si, todos estabamos moi felices. Foi unha noite inesquecible e divertida que lembraremos sempre.
Bueno xente, ata aquí a nosa entrada, espero que vos gustase e que queirades ver como acaba esta excursión tan divertida. Adeu :)
Día 5, xoves 10 de abril.
Esta mañá tardamos bastante en espertarnos xa que a noite anterior saíramos. A verdade é que todo o mundo chegou tarde ao almorzo por quedarse durmido. Cando chegaron todos pasamos ao comedor onde almorzamos e comemos ata fartarnos xa que de tanta troula tiñamos fame.Despois do almorzo déronnos un rato para prepararnos xa que íamos pasar todo o día na praia.
Andrea e Mar tras terminar o paseo en vela e kayak |
O noso plan de hoxe era do máis activo. Pasamos o día n praia de Vilanova i La Geltrú onde, pola mañá, fixemos vela, kaiak, e, pola tarde, fútbol e voleibol. Dende o noso hotel, Ramblas Miramar, ata a praia de Vilanova i La Geltrú había uns corenta minutos de viaxe, e como de costume Sergio e Lois seguían deleitándonos coas súas fermosísimas voces.
Ao chegar os monitores dirixíronnos ata un sitio onde gardaban os traxes de neopreno e alí puidemos cambiarnos e polos. Unha vez vestidos fomos ata a praia e dividímonos en dous grupos, un para facer kaiak e outra para facer vela.
A nosa queridísima caixiña de pic-nic |
Andrea, como estaba noutro grupo, fixo primeiro vela e logo kaiak. A Laura tocoulle ir de parella con Ainhoa e a min tocoume con Rodrigo. A verdade e que ir en kaiak cansa bastante xa que non paras de remar. Estivemos uns corenta minutos aínda que paramos un chisco.
Despois de que xa pasara unha hora tivemos que cambiar á vela. A Andrea, na primeira quenda de vela, tocoulle con Marisé, María, Mar, Isa e Nerea, e a min tocoume con Laura, Ainhoa, Tamara, Héctor, Lara e Blanca na segunda quenda. Despois de vinte minutos navegando, preguntámoslle ao monitor se nos podiamos tirar a auga porque ía algo de calor e xa que estabamos alí había que aproveitar. O monitor díxonos que estábamos un pouco tolos porque a auga estaba bastante fría aínda que a nós non nos importou e tirámosnos de todas formas.
Gustounos moito ás tres ir en vela, xa que era moi relaxante e non tíñamos que facer gran cousa, e como ben sabedes somos moi vagas. Pasada unha hora volvemos á praia.
Unha vez reunidos volvéronnos levar a onde nos cambiáramos anteriormente para que puidésemos quitar o traxe e darnos unha ducha.
De troula no Nicky's! |
Chegadas as catro fomos ata praia. Volvéronnos a dividir en dous grupos, un para xogar ao fútbol e outro para xogar ao voleibol e logo cambiar. Como xa sabedes, Andrea tiña mal a man e polo tanto só puido xogar ao fútbol (mentres xogaban o volei, os profes convidáronna a tomar algo con eles). Foi unha tarde do máis divertida xogando e pasándoo ben todos xuntos.
Laura e Sebi en na discoteca Nicky's |
Nada máis chegar ao hotel déronnos apenas dez minutos para subir ás habitacións e baixar a cear. No comedor, como todas as noites, estaban os anciáns aos que sempre lles puñan música e non paraban de rir e bailar. De feito, Lois chegou a bailar cunha muller que a pesar de ter os seus anos era moi divertida e movíase moi ben.
Ao contrario dos outros días puidemos saír por aí de troula. A noite comezou no "Nicky's" onde nos atopamos rapaces e rapazas da nosa idade e de máis, de distintos sitios cos cales fartámonos de bailar. O dono da discoteca, que a verdade estaba un pouco mal da cabeza, era máis ca divertido e tamén bailou moito con nós. Iso si, de vez en cando íamos ao "On Sempre" que era xa como noso, ademais levabámosnos tamén moi ben co dono, Toni.
Non sei moi ben a que hora chegamos ao hotel, iso si, todos estabamos moi felices. Foi unha noite inesquecible e divertida que lembraremos sempre.
Bueno xente, ata aquí a nosa entrada, espero que vos gustase e que queirades ver como acaba esta excursión tan divertida. Adeu :)
Son Sebi, que sepades que a foto miña con Laura non é no Nickys, se non no On Sempre!
ResponderEliminar