Amosando publicacións coa etiqueta Carlos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos. Amosar todas as publicacións

luns, 9 de xuño de 2014

Os ghuapos de Mónaco Día 5

Día 5:

No penúltimo día tocounos volver á praia de Vilanova e a Geltrú, tras outro día de almorzo saudable.


Ao chegar, volvemos a separarnos en grupos, pero esta vez en dous en vez de tres. Un dos grupos facía unha viaxe de vela cun monitor especializado, aplicando o aprendido no bautizo de vela do primeiro día.


Mentres que no outro grupo facían unha viaxe por parellas en kaiak, seguindo ao monitor e facendo diversos xogos na auga (carreiras entre as parellas, e un xogo de esquivar diferentes boias).


Ao acabar estes exercicios fomos comer unha vez máis de pícnic, ao igual que o terceiro día, a un parque ao lado da praia. Cando rematamos de comer deixáronnos algo de tempo libre que adicamos a durmir xa que tras tres días seguidos de festa non podiamos co corpo, especialmente o noso compañeiro Sergio, o gran festeiro. Tras a sesta levantámonos todos queimados xa que ía un sol de carallo, especialmente Carlos, que acabou tal que así:



Pola tarde, tras repousar a comida, xogamos ao fútbol praia e ao volei praia. Novamente dividíronnos en dous grupos, uns xogaban unha hora ao fútbol e os outros unha hora ao volei, e logo cambiábanse.


O grupo do volei facía unha especie de torneo. Facíamos  catro equipos de seis persoas. E o grupo de fútbol dividíase en dous equipos, os que portaban camiseta contra os que portaban o seu torso espido.


Ao rematar a xornada volvemos ao hotel e, como chegamos cedo e aínda non era a hora de cear, o profesorado deixounos ir á piscina do hotel, aínda que non foi moita xente, xa que a maioría preferiu  descansar ou dar unha volta pola praia.


Tras a cea viviríamos a nosa derradeira noite tola no “Nicky´s e no “On Sempre”. Ao chegar ordenamos as nosas maletas xa que o próximo día nos marcharíamos.



martes, 3 de xuño de 2014

Relato do 4º día polos ghuapos de Mónaco

Día 4:

O mércores foi un día didáctico e cultural, xa que contou coa visita a varios museos e monumentos, entre eles a Sagrada Familia.

Despertámonos cansos debido ao esgotamento físico do día anterior, pero o almorzo no restaurante fíxonos recuperar enerxías. Entramos no autobús e fixemos unha parada  rápida polas aforas do Camp Nou!! Tamén visitamos a Tenda Oficial onde temos varias fotos.

Logo puxémonos en marcha cara ó CosmoCaixa, un centro adicado á ciencia. Unha vez alí andamos as nosas anchas vendo os diferentes artefactos e animais.
 
Carlos e Rodrigo teñen varias fotos no museo, aquí van:

Tamén visitamos un recinto situado na planta baixa do museo no que podías pasear rodeado de animais. Nese sitio ía calor, xa que había animais que necesitan un clima tropical. No museo había unha zona subterránea no que se podían observar serpes, formigas e diversos peixes.






Chegadas as 14:00 h da tarde todos nos diriximos ao restaurante do CosmoCaixa, no que comemos unha comida propia de ser humanos na que incluían de sobremesa unhas natillas Danet. Ó acabar de comer, demos un paseo polos arredores do restaurante, no que coñecemos xente de Valencia e descansamos nuns xardíns, mentres o sol batía nas costas e o tempo pasaba...






As 18:00 collemos rumbo ó monumento máis visitado de España, a Sagrada Familia.

  
Alí tivemos una guía turística que nos acompañou polo exterior e o interior do edificio, repleto de grúas por certo... A nosa guía dixo que a rematarían en 2026, quedando tal que así: 


Unha vez rematada a visita, volvemos ó noso hotel, e alí preparámonos, ceamos e fomos de festa ó Nicky´s. Estivemos ata as 2:00 máis ou menos e retornamos cansos ás habitacións sabendo que tiñamos poucas horas para durmir.

luns, 2 de xuño de 2014

Os Ghuapos de Mónaco no seu 3º día

Día 3:

Levantámonos con fame tras os quilómetros e quilómetros de onte e dispuxémonos a almorzar no excelente restaurante do noso hotel. O almorzo contaba cun menú moi exquisito:  
  • Vaso de auga
  • Zume de laranxa
  • Zume de piña
  • Zume tropical
  • Café só 
  • Café con leite
  • Chocolate quente
  • Leite con Colacao
Tras recargar as nosas enerxías cun almorzo saudable, completo e equilibrado dirixímonos ao Delta do Ebro onde coñecemos á preciosa monitora e o gracioso monitor. Alí ensináronnos os extensos campos de arroz, que nesa época do ano tiñan un aspecto un pouco feo. 

Rodeamos a baía e ó chegar a un tronco movido pola corrente do río máis caudaloso de España, decidimos tirar varias fotos de grupo alí.

Continuamos ata chegar a un espigón que levaba a un faro. Alí temos una foto dos guapos de Mónaco.



Fomos ata un barrio bastante conflitivo no que os sinais estaban do revés e claro, non se respectaban... Alí comemos nun merendeiro mentres esperabamos o catamarán que nos levaría ata a desembocadura do río. Chegado o noso “cruceiro”, todos nos colocamos na parte superior xa que dende alí enriba se miraba mellor, pero ós 10 minutos, todos baixaron xa que corría unha certa brisa bastante desagradable.


A ida foi un tanto aburrida, xa que consistía nunha explicación sobre o río moi extensa. Sen embargo, na volta, vimos escoitando música e facendo festa, demostrando que os galegos somos uns festeiros e os profesores moi divertidos.

 










Unha vez que desembarcamos, volvemos ó hotel e por alí demos unhas voltas para coñecer ben a contorna. Preparámonos e despois de cear, volvemos ao noso núcleo nocturno: "Nicky´s" e "On Sempre". Volvemos o hotel e durmimos entre 3 e 4 horas, á media de toda a excursión.

         

domingo, 1 de xuño de 2014

Os Ghuapos de Mónaco: Día 2

Día 2:

O segundo día madrugamos (como todos os días) e fomos visitar Barcelona. Dirixímonos en primeiro lugar ao Barrio Gótico onde visitamos a Catedral de Barcelona, unha igrexa, diferentes prazas con monumentos de artistas actuais, as Ramblas, o Mercado da Boquería e a fonte de Canaletas para logo baixar ata o monumento de Colón e o porto deportivo.

Tras comer no restaurante Fresco de Maremagnum, onde nos puxemos ata as botas de pizza, xa que era buffet libre, e tras repousar a comida dando unha volta polo centro comercial do porto, fomos de novo ao bus do noso gran chofer Juanma para ir visitar a Vila Olímpica e o Castelo de Montjuic, aínda que a visita á Vila Olímpica foi un pouco bastante penosa, ao non poder baixar do bús.

Ao chegar ao hotel fomos cear a “exquisita” comida do hotel coa súa vaixela “ben lavada” (menos mal que puxeron pizza). 
Obrigáronnos a dar un paseo nocturno pola praia xunto co profesorado.

Ao acabar o paseo e chegar ó hotel, despois de quilómetros e quilómetros nas nosas pernas, o cansazo xa pesaba no lombo polo que caemos rendidos na cama. 

venres, 4 de abril de 2014

Museos do sur de Francia

Ola, falaremos brevemente dos diferentes museos que veremos polo Sur de Francia.

www.oca.eu

-NIZA

     -Observatorio da costa azul: Comezouse a construír no 1879 polo banqueiro Raphaël Dischoffsheim e o arquitecto desta obra foi Charles Garnier. Fundouse no 1887. O telescopio refractor de 76 cm comenzou a operar sendo o maior nun observatorio de uso privado e o primeiro a esa elevada altitude (325 m). Este observatorio xa non esixte como institución científica independente, fusionouse en 1986 co CERGA (Centro de Investigación en Xeodinámica e Astrometría de Francia) para formar o observatorio da Costa Azul.                                                                                                                                                                                     
                                                
- CANNES
  
diariesofanexplorer.blogspot.com
-Musée de la Castre: Está situado na parte vella da  cidade, na ruína do castelo. Este museo está catalogado  como monumento histórico. Comezou co legado dunha  colección no ano 1887. Móstranos en pequenas salas  presentacións de pequenas coleccións de arte e de diversos  obxectos oceánicos, africanos e precolombinos. A capela  de santa Ana, integrada no mesmo, data do século XIII e  presenta a colección de instrumentos musicais antigos.



www.minube.com

    -Museo do mar: O museo do mar atópase nun dos edificios do forte da illa margarita, pertencente á cidade de Cannes.Trátase dun pequeno museo, máis ben un acuario xa que nel pódense encontrar diversas especies mariñas. Aínda que é moi pequeno paga a pena visitalo xa que nel encóntranse moitas variedades mariñas. Como a visita non leva moito tempo, podemos  acercarnos tamén ao MALMAISON, o que antigamente era unha galería de arte,  reconvertido agora nun museo moi interesante.
                                                                                                                                                                                  
 - ANTIBES
minube.com
    
 - Museo do perfume: O museo Fragonard de Cannes é  unha  das perfumerías máis coñecidas do país, xa que continúa  creando fragrancias dende 1926. Aloxado nunha mansión do século XIX, o seu interior alberga perfumes con 3000 anos de  historia. Nas diversas salas atoparemos todas as  preparacións e segredos da destilación dos perfumes. Tamén forman parte da  exposición  xabón e cosméticos que abarcan un período
de catro milenios.                                                                     

martes, 1 de abril de 2014

O Casino de Monte-Carlo


O Casino de Monte-Carlo é un dos principais atractivos turísticos do Principado de Mónaco.
www.traveler.es

O complexo do casino inclúe o casino co seu mundo de xogos de azar, o Gran Teatro de Mónaco, unha Ópera e a Sede dos Ballets de Montecarlo. Foi a sede anual do Gran Final do Tour europeo de Póker, sendo substituído polo Gran Casino de Madrid.

www.catai.es
O Gran Premio de Mónaco pasa por diante do Casino de Montecarlo, na chamada "Curva do casino".


O casino foi construído polo arquitecto Charles Garnier que tamén creou a Ópera de París.

  
www.escapadaseuropa.com


 En 1854 o xogo foi legalizado polo 
Príncipe Florestan I.
O primeiro casino foi inaugurado en 1856 nunha vila próxima ao porto. Foi creado un barrio chamado Montecarlo no que se construíu o novo casino que todos coñecemos. 



  
 O Casino ofrece diversas posibilidades de xogos de azar. Para poder entrar no casino debes cumprir unhas normas xerais:
www.casinoreporter.co.uk

- Ser maior de idade.
- Gardar unha certa corrección 
na vestimenta.
- Non se admiten uniformes relixiosos 
ou militares.








venres, 28 de marzo de 2014

Cultura e deporte do sur de Francia

Nesta entrada comentaremos a cultura e o deporte propio do sur de Francia. A continuación faremos unha pequena introdución das cidades que visitaremos:
Niza:
http://ww.turismosantillanadelmar.com
http://mundoviajero.wordpress.com
- CULTURA: Posúe numerosos museos adicados ao arte; Museo das Belas Artes, Museo Matisse, Museo Marc-Chagall, Museo da Historia Natural de Niza. Tamén ten unha rede de bibliotecas, constituída por unha central, 11 locais e unha patrimonial do estudo. A gastronomía nizarda está influída pola italiana. Hai un baile tradicional nizardo chamado "Farandola", e atópanse festas locais como; Os Carnavais de Niza e a Batalla de Flores.               
http://www.culturevelo.com
 - DEPORTE: Unha das máis importantes citas do ciclismo atópase en Niza; a chamada París-Niza, unha etapa que concorre dende París ata Niza. Niza posúe un equipo de fútbol, o Olympique Gymnaste Club de Nice Côte d´Azur (OGC Niza). Tiña un equipo de Rugby, pero desapareceu en 2001 por problemas financeiros. Facía 15 anos que non se disputaba o Open de tenis de Niza, pero este ano volverase a facer. Niza foi sede en 2000 e 2012 do Campionato Mundial de Patinaxe Artístico.
   


- Grasse:
http://www.roncalia.com
     - CULTURA: A baséase nas industria da perfumería; isto pode parecer extraño, xa que a industria ten potencia económica, pero neste caso, moita xente coñece Grasse pola perfumería.
   - DEPORTE: O deporte por excelencia nestas terras montañosas é o esquí de fondo.



- Cannes:
     - CULTURA: A cita máis importante desta cidade, é sen dúbida o Festival de Cannes; un acto ó que acoden grandes artistas do sétimo arte. O parecido da pronunciación entre Cannes e Cans ( O Porriño ) fixo que se creara no ano 2004 o Festival de Cans, un festival de curtametraxes na que participan artistas maioritariamente galegos.
http://lesfestivales.blogspot.com
      -DEPORTE: Non ten moita importancia en Cannes, pero do 20 ó 27 de setembro, cada ano celébranse as Regatas Reais de Vela. Tamén ten un equipo de fútbol, o C. F. Cannes que xoga na 4ª división francesa.

- Antibes:
     - CULTURA: Os museos máis importantes son: Museo de Picasso, repleto de cadros do autor, e o Museo de Napoleón, cuxa exposición está adicada á vida e á actividade do gran emperador. Conta cun gran parque acuático chamado Marineland, ó que acudiremos no aniversario de Rodrigo.
http://www.zoochat.com

http://www.lanouvellerepublique.fr
 - DEPORTE: Conta cun complexo futbolístico; Soccer Park Antibes no que se realizan torneos de Fútbol Indoor. Antibes conta cun equipo de fútbol, AS Fontonne que xoga na División de Honor do Mediterráneo.

luns, 16 de decembro de 2013

Características de Mónaco e Malta

Mónaco


A súa capital é Monte Carlo. Ten 36.000 habitantes, dos que só hai 8.000 monegascos e unha superficie de 2 km2 polo que a súa densidade de poboación é de 18.000 hab./km2.

Aínda que non pertencen a Unión Europea, a súa moeda é o euro (€).
O idioma que predomina en Mónaco é o francés, tamén entenden o italiano, o monegasco, o inglés e o occitano. 
 

Coat of Arms of Monaco.svg
Escudo Real dos Grimaldi. (http://es.wikipedia.org/wiki/Casa_de_Grimaldi)
Mónaco conseguiu independizarse da República de Xénova o 8 de Xaneiro do 1297. Os Grimaldi foron a 1ª dinastía de Mónaco despois da súa independencia, lexitimándoa no 1419.

Mónaco (á igual que Malta) ten un clima mediterráneo, suave e soleado ó longo de todo o ano.


Malta

 A súa capital é A Valeta ten 500.000 habitantes e unha superficie de 365 km2 polo que a súa densidade é de 1.500 hab./km2.

Este país pertence a Unión Europea, polo que a súa moeda é o euro (€).
Os idiomas oficiais son o maltés e o inglés.
Escudo de Malta (http://www.sitographics.com/enciclog/banderas/europa/source/Malta.html)

Malta conseguiu independizarse de Gran Bretaña o 21 de Setembro de 1964, aínda que os británicos permaneceron na illa, de aí que a súa lingua oficial sexa o inglés.


mércores, 27 de novembro de 2013

Os guapos de Mónaco: Imoooos



Ola a tod@s, aquí Carlos, Rodrigo e Sergio de 4ºB:


Como destino da nosa viaxe imaxinaria, imos ir dez días a Mónaco. Este país ten unha poboación maioritariamente adinerada e coma nos somos ricos...! Hai moitos lugares de interese: un precioso circuito urbán de F1, no que imos presenciar unha carreira; un campo de fútbol onde xoga o AS Mónaco, no que imos ver un partido de fútbol e ir o famoso Casino de Montecarlo. En Mónaco hai unha preciosísima paisaxe, contamos cunhas maravillosas praias e fermosa vexetación. 

 
Estamos impacientes por visitar os diferentes museos monegascos, visitar o pazo do Príncipe e asistir a unha ópera.



Aproveitando a viaxe a Mónaco, imos coller un barco para ir uns días a Malta, e visitar algunhas das numerosas catedrais e igrexas situadas na súa capital: A Valeta.

                                                          
Imoooooooooooooooooooos!!!!