MARTES 8 DE ABRIL
O martes volvemos coller o bus para saír da provincia, fomos ata Tarragona, máis concretamente ao Delta de l´Ebre.
Antes de visitar o Parque Natural do Ebro, paramos en L´Ampolla, aproveitamos para comprar souvenirs da zona, moi diferentes aos de Barcelona cidade.
Ao chegar a un embarcadoiro sentámonos nunhas mesas e comemos un pícnic, que a ninguén lle gustou, o que tiña máis éxito era o batido de chocolate.
Cando o barco chegou montámonos nel e percorremos o río Ebro ata a súa desembocadura no Mediterráneo.
No camiño de volta puxéronos música e todos empezamos a bailar e a tirar fotografías.
Cando desembarcamos tomamos rumbo ao hotel. Ao chegar duchámonos e baixamos cear. Ao acabar preparámonos para saír de festa.
Fomos a un local chamado "Nicky´s" con moi boa música, pero estabamos nos sós. A 1:30 h marchamos para hotel xa que ao día seguinte tiñamos que madrugar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario