Amosando publicacións coa etiqueta Fred. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fred. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de xuño de 2014

3º Día Barcelona Junior y Christian

Día 3. Saímos cara o Delta do Ebro, as 9:20 collemos o pícnic na recepción do hotel e fomos ao autobús. A viaxe fíxose moi longa ata coller ós guías nunha peaxe. Foi moi agradábel estar con eles. Despois de 30 minutos chegamos a L'Ampolla onde vimos a costa e compramos comida e bebida e de aí ata ao Parque Nacional do Ebro. Baixamos do autobús e andamos pola costa mirando a zona do parque. Seguimos camiñando e chegamos á praia onde tiramos unhas fotos de grupo, pero antes subimos a unha especie de miradoiro para ver a lagoa do parque e observar as distintas especies.


Volvemos sobre os nosos pasos ata o autobús e puxemos rumbo ao Delta do Ebro, onde comemos nuns bancos o pícnic que colléramos no hotel. Os profesores comeron no restaurante cos guías. Nós xa tiñamos rematado de comer e eles botaron alí dentro máis dunha hora! Despois, estivemos esperando o barco para dar un paseo polo río e fixemos tempo xogando ao "pañuelito". Por fin chegou o barco que nos levaría polo Ebro. Á ida o guía íanos explicando todo do Ebro pero á volta puxo música e todos os que estaban abaixo subiron para bailar enriba do barco e dalo todo. Cando chegamos á terra, collemos o autobús, deixamos os guías e fomos para o hotel.


Subimos ós cuartos, collemos unha pelota e puxémonos a xogar un pouco ao fútbol antes de ir cear. Despois subimos as habitacións, cambiámonos e marchamos de festa toda a noite. Pasámolo xenial aínda que os profesores nos puxeron de hora de regreso as 4 h.

domingo, 18 de maio de 2014

1º Día da nosa viaxe a Barcelona



                                                  Día

Chegamos a Calafell pola mañá. O autobús aparcou no paseo da praia e alí estivemos esperando ata que nos chamaran para ir coas maletas ao Hotel Ramblas Miramar.


Cando estabamos a pique de baixar do bus chegou Juan Carlos (curi), quen nos dixo que no hotel aínda tiñan que arrombar as habitacións porque houbera cambios, polo que tivemos que quedar naquel bus onde ía unha calor abafante 15 minutos máis. Despois disto baixamos do bus, collemos as maletas e dirixímonos ao hotel. Ao chegar aínda esperamos alí nuns sofás ata que chegaran Juan Carlos (curi) e Chefa coas chaves e empezaran a repartir as habitacións. E por se non chegara de espera, os dous ascensores nos que tiñamos que subir ían lentíiiisimos, menos mal que era un primeiro senón botabamos alí toda a mañá. (Nótase que estabamos desesperados por chegar!).


Entramos nas habitacións e desfixemos as maletas. Botamos na habitación máis ou menos   unha hora antes de baixar a comer no buffet do hotel, onde había de todo e podías comer o que quixeras. Logo fomos de novo ás habitacións, puxemos roupa deportiva, collemos roupa para mollar, subimos ao bus e puxemos rumbo a Vilanova i la Geltrú.


Unha vez alí, mudámonos e fomos á praia para participar nunhas actividades deportivas.  Dividíronnos en grupos mixtos de 10 persoas.

Primeiro montamos en segways durante media hora, nese tempo practicamos un pouco ata que o dominamos e fixemos unha serie de exercicios enriba deles, logo fixemos unha pequena competición contra os outros equipos para ver quen facía mellor puntuación. O seguinte foi unha xincana onde gañaron Jose Castro Martínez e Brais Estévez Martínez, deseguido fixemos kaiak durante unha hora: tivemos que ir ata unha boia, rodeala e volver á praia e, por último, participamos durante  media hora nun obradoiro mariñeiro para iniciarnos na Vela.

    
Cando rematamos as actividades fómonos cambiar e marchamos co autobús cara ao hotel, onde tivemos unha hora de tempo libre. Aproveitamos para ver mellor a zona e buscar unhas chanclas para Sergio Madarnás que as esquecera na casa.

Ás nove menos cuarto tiñamos que estar abaixo para cear. Cando rematamos de cear deixáronos ata as once e media de tempo libre, despois tiñamos que ir ás habitacións a durmir.

xoves, 20 de febreiro de 2014

Chegada a Budapest, Hungría

Xa chegamos a Hungría! 
Saímos de Santiago de Compostela o día 20 de marzo as 9:25h e chegamos a Budapest (Ferihegy) as 21:40h. Nada máis saír do aeroporto xa tivemos que coller o paraugas, como chovía!
Estaremos 8 días no centro de Budapest, neste tempo estaremos aloxados no hotel Regnum Residence.

Nestes nove días visitaremos diferentes sitios.
Día 1: Parlamento de Budapest e Praza dos Heroes.
Día 2: Bastión de Pescadores.
Día 3: Ópera de Budapest e Mercado Central.
Día 4: Laberinto do Castelo de Buda.
Día 5: Ponte das cadeas e Balneario Széchenyi.
Día 6: Aquincum e Basílica de San Esteban.
Día 7: Ciudadela de Budapest e Illa Margarida.
Día 8: Váci Utca e Avenida Andrássy.

Ímosvos contar un pouco sobre estes lugares:
  • O Parlamento de Budapest  é o edificio máis representativo da cidade, compónse de tres estancias: Escaleira Principal, Sala da Cúpula e Antigua Cámara Alta.
  • A Praza dos Héroes é unha das prazas máis importantes de Budapest. A súas estatuas conmemoran aos líderes das sete tribus fundadoras de Hungría.

  • O Bastión de Pescadores é un miradoiro desde o que teremos unhas moi boas vistas do parlamento de Budapest.
  • O Ópera de Budapest é un dos edificios neorrenacentistas máis importantes de Hungría.
  •  O Mercado Central é  o mais grande dos cinco mercados que se abriron a finais do século XIX.
  • O Laberinto do Castelo de Buda foi formado por covas, sótanos, celdas e manantiais que se extenden o largo de 1.200 metros. Agora é unha atracción turística.
  • A Ponte das Cadeas é a ponte máis antiga de Budapest situada no río Danubio.
  • O Balneario de Széchenyi é un dos recintos termais mais grandes de Europa.
  • O Aquincum foi unha importante cidade romana.
  •  A Basílica de San Esteban é o edificio relixioso mais grande de Hungria.
  • A Ciudadela de Budapest é o punto máis alto de Budapest e desde donde se conseguen as mellores vistas.
  • A Illa Margarida é unha illa situada no Danubio entre Buda e Pest. É un gram parque que ofrece zonas de relax e ocio.
  • A Váci Utca é unha das rúas máis importantes de Budapest a cal está repleta tendas, centros comerciais...
  • A Avenida Andrássy é unha das rúas mais emblemáticas de Budapest.

Esperamos que vos esté gustando a nosa viaxe por Hungría, seguiremos contándovos como nos vai, xa que despois de visitar Budapest faremos outro recorrido por outros lugares, un bico, rapaces e rapazas.

venres, 20 de decembro de 2013

Informacíon Hungría

Nesta segunda entrada darémosvos un pouco de información sobre o noso país.

Hungría localízase en centroeuropa, fai fronteira con Austria, Eslovaquia, Ucrania, Rumanía, Serbia, Eslovenia e Croacia.

Para comprar cousas necesitaremos forintos, xa que é a moeda que se utiliza alá e de paso teremos que estudar un pouco de húngaro xa que é o seu idioma, senón a ver que facemos!! 
Aquí tedes unha imaxe dos forintos:



Hungría ten unha extensión de 93.030 km2. Budapest, a súa capital,  atópase nas dúas orillas do río Danubio.  Esta situación xeográfica dálle un singular panorama: o río que formaba este territorio durante miles de anos, dálle un horizonte amplío e unha atmosfera aberta á cidade e, ao mesmo tempo, une as dúas partes Buda e Pest, de tal maneira harmoniosa, que se o visitante o observa desde o Bastión de Pescadores ou desde o Monte Géllert, debe recoñecer que está contemplando un dos panoramas máis fermosos do mundo. Por esta razón non soamente o barrio do Castelo de Buda está declarado como patrimonio de Unesco senón toda a vista que se ofrece desde alí a ambas ribeiras. Budapest cos seus case 2 millóns de habitantes é unha metrópole verdadeira europea e un importante destino turístico. 

Temos pensado visitar varios lugares, por exemplo: O Parque Nacional de Aggtelek, Debrecen, Budapest, Györ, Hollókö...
Parque Nacional de Aggtelek

O seu sistema de goberno é unha república parlamentaria. 

Teñen unha rica tradición folclórica, a música tradicional húngara caracterízase por un ritmo dactílico. Tamén é famosa a súa artesanía que abarca bordados, alfarería, etc. Iremos visitar o Museo Nacional Húngaro (Magyar Nemzeti Múzeum) para familiarizarnos con todo isto.

Estivemos investigando sobre a súa moda pero non saberíamos como describila, por iso vos deixamos algunhas imaxes aquí:
Moda das mulleres
Moda dos homes

En Hungría tamén hai festas, polo tanto falaremos delas.:
Está claro que teñen algunhas en común con nós, por exemplo Ano Novo, Entroido, Navidade... Pero teñen outras diferentes e que poden resultar interesantes para os festeiros, como a Festa da Xelatina, a Festa Nacional de Hungría, o Festival de Kalaka... E moitas máis, oxalá poidamos asistir a algunha!!

En canto ao clima, cando máis calor fai é no verán, a primaveira ten un clima temperado, o inverno é moi largo e con frío e o seu outono é brumoso e chove.

Para emprender a  nosa viaxe cara alá debemos ter o noso DNI e o pasaporte en regla, e con moita sorte escollemos un país no cal non fai falla vacinarse para entrar, menos mal, co pánico que nos dan as agullas!!
Seguirémosvos informando de como nos vai, un saúdo :)

domingo, 1 de decembro de 2013

Destino Hungría



Ola, somos Laura, Sandra e Fred, temos entre 14 e 16 anos, estudamos no I.E.S Pedras Rubias. Estamos en 4º da ESO e temos que facer un traballo para a asignatura de informática. Trátase de preparar unha viaxe ao país que nós queiramos  e buscar información como se fosemos a viaxar de verdade.

O país que nos escollemos foi Hungría porque nos parece moi interesante buscar cousas sobre a súa cultura, o seu idioma, a moeda, as súas festas...

Temos pensado visitar:

Aggtelek, Budapest, Debrecen, Neusiedlersee, Gyõr,  Hollókö, Hortobágy... Pois nos parecen uns sitios moi chamativos.

Seguiremos informándovos das nosas aventuras por Hungría, un saúdo!