Amosando publicacións coa etiqueta volleyball. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta volleyball. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de xuño de 2014

Xoves 10, Vila Nova i la Geltrú, día 5

A mañá foi idéntica ás anteriores, erguernos, prepararnos, almorzar e para o bus. Solo cambiou en que collemos as caixiñas do pícnic.

Caixiñas de Pícnic
Fomos cara Vilanova i la Geltrú, como o primeiro día, pero non íamos tan cansos como cando chegamos de Salceda. Pola mañá fixemos kaiak, que é unha cousa que cansa moito, e logo fixemos vela, e nos demos un baño no Mediterráneo tirándonos dende o barquiño. A auga estaba bastante fría, pero nos deu un pouco igual. Despois disto nos duchamos e fomos cara un parque, onde íamos xantar os nosos famosos pícnics. Nese parque voou comida por todos lados. Se non querías a froita, o da toalla de enfrente seguro que si.




O "Nicky's"
Ó acabar de comer volvemos á praia, onde íamos xogar ó volei e ó fútbol praia. Foi bastande divertido, aínda que Ceci acabou cun pé inchado por mor dunha patada de David Romero, e cun corte no xeonllo.

Ó acabar os partidos quitamos a area que tiñamos enriba e tiramos unha foto en grupo. 

Subimos ó bus e volvemos cara Calafell. Despois de cear, os que quixeron, volveron ir ó "Niky's", e os que non tiñan ganas de festa quedaron a "durmir" no hotel.

luns, 16 de xuño de 2014

BCN! Abraham - Día 6 e 7

O xoves 10 de abril volvemos a Vilanova i la Geltrú para continuar co que deixamos pendente o domingo 6.

Pola mañá, fixemos kaiak, en parellas, e vela, en grupo.


Sendo ensinados polos monitores a como remar
A miña parella no primeiro deporte foi Christian, co que tamén compartín habitación, como dixen entradas atrás, e o cal tamén estaba no meu grupo de vela.


Christian e eu na ribeira do mar aprendendo a navegar
En kaiak fomos remando dende unha praia de Vilanova i la Geltrú ata outra atravesando o mar. Para facervos unha idea, fixemos o equivalente dende unha punta da praia de Samil de Vigo ata a outra, aproximadamente.

Remando sen pausa pero sen présa
Ademais, rematamos bastante cansos, sobre todo na parte dos brazos, pero recuperamos forzas comendo de pícnic nun espazo verde próximo, sentados en toallas.

Almorzando relaxadiños e tomando o sol
Pola tarde practicamos fútbol e volei praia en grupos. Dende o meu punto de vista, esta actividade podería terse suprimido. Poderiamos ter ido a Sitges no seu lugar!

O venres 11 de abril era o noso último día. Había que aproveitalo ao máximo! E que mellor despedida que ir ao Parque de Atraccións PortAventura durante todo o día.


Cartel de benvida de PortAventura

Ás 10:00 xa estabamos alí, pero non puidemos entrar ata as 12:00. A razón de tan longa cola foi que a todos os institutos que estaban de viaxe, como o noso, se lles ocorreu a brillante idea de ir a PortAventura ese día, que por certo era o inaugural do 2014.

Todas as persoas que esperaban para entrar no recinto

Alí, obviamente, montamos en atraccións (eu subín a un par de montañas rusas, a un simulador acuático, aos rápidos, ás cuncas tolas, etc.), vimos espectáculos (eu puiden ver un sobre paxaros e un musical) e compramos recordos.

Unha montaña rusa de PortAventura na que NON montei
Como anécdota, direi que á hora de comer fomos a un buffette dentro do recinto onde me caeron todos os macarróns do prato. Isto de ser torpe vén de familia.

E ás 19:00 arrancamos cara Salceda tras unha semana chea de novidades e emocións, que non me importaría volver realizar.

Ata sempre, Barcelona!

domingo, 8 de xuño de 2014

5º Día por Carla, Alicia e Noelia

Día 10:

Hoxe espertamos as 08:30 da mañá e baixamos almorzar ao comedor xa que tíñamos que ir con enerxía a realizar moitas actividades nunha praia de Vilanova i La Geltru. Cando chegamos nos dividimos en dous grupos, uns marchan co Kaiak ata a outra praia e outros van facer vela. Cando cada grupo acabou, intercambiaron as actividades, os que facían Kaiac foron facer vela e viceversa. Estas actividades foron entretidas, pero esgotadoras, así que para relaxarnos démonos un pequeno baño no Mediterráneo.

Como chegou a hora de comer, dirixímonos a un parque para comer o noso pícnic. Despois de almorzar volvemos á praia para poder durmir a sesta antes das seguintes actividades. As tres da tarde comezamos co volley ball e fútbol praia. Para rematar este día, démonos o último mergullo da viaxe.

Volvemos cara o noso hotel moi cansos. Alí ceamos e duchámonos para logo saír de festa todos xuntos.   Ás doce da noite regalámoslle a nosa compañeira Blanca unha torta de gominolas e felicitámola polos seus 16 anos. O DJ adicoulle unha canción.

Este día a discoteca estaba chea de rapaces de Madrid, Cádiz, País Vasco... coñecemos moita xente nova e pasámolo xenial.