luns, 2 de xuño de 2014

Os Ghuapos de Mónaco no seu 3º día

Día 3:

Levantámonos con fame tras os quilómetros e quilómetros de onte e dispuxémonos a almorzar no excelente restaurante do noso hotel. O almorzo contaba cun menú moi exquisito:  
  • Vaso de auga
  • Zume de laranxa
  • Zume de piña
  • Zume tropical
  • Café só 
  • Café con leite
  • Chocolate quente
  • Leite con Colacao
Tras recargar as nosas enerxías cun almorzo saudable, completo e equilibrado dirixímonos ao Delta do Ebro onde coñecemos á preciosa monitora e o gracioso monitor. Alí ensináronnos os extensos campos de arroz, que nesa época do ano tiñan un aspecto un pouco feo. 

Rodeamos a baía e ó chegar a un tronco movido pola corrente do río máis caudaloso de España, decidimos tirar varias fotos de grupo alí.

Continuamos ata chegar a un espigón que levaba a un faro. Alí temos una foto dos guapos de Mónaco.



Fomos ata un barrio bastante conflitivo no que os sinais estaban do revés e claro, non se respectaban... Alí comemos nun merendeiro mentres esperabamos o catamarán que nos levaría ata a desembocadura do río. Chegado o noso “cruceiro”, todos nos colocamos na parte superior xa que dende alí enriba se miraba mellor, pero ós 10 minutos, todos baixaron xa que corría unha certa brisa bastante desagradable.


A ida foi un tanto aburrida, xa que consistía nunha explicación sobre o río moi extensa. Sen embargo, na volta, vimos escoitando música e facendo festa, demostrando que os galegos somos uns festeiros e os profesores moi divertidos.

 










Unha vez que desembarcamos, volvemos ó hotel e por alí demos unhas voltas para coñecer ben a contorna. Preparámonos e despois de cear, volvemos ao noso núcleo nocturno: "Nicky´s" e "On Sempre". Volvemos o hotel e durmimos entre 3 e 4 horas, á media de toda a excursión.

         

Ningún comentario:

Publicar un comentario