Boas!
Veño presentar o itinerario que fixen durante a miña viaxe, algo curta debido a que estiven unicamente tres días para ver os lugares máis importantes e emblemáticos de todo Madrid.
O venres 16 fun ata Vigo ás oito e media da mañá para coller o tren, acompañada pola miña tía. Casualmente, na estación atopeime cun amigo meu de Vigo que tamén ía a Madrid ese mesmo fin de semana para ir á Expomanga. Así que durante as seis horas que duraba o traxecto en tren foi o meu compañeiro de viaxe, e fíxoseme máis curto.
Chegamos á estación de Chamartín case ás tres da tarde e, nada máis baixar, tivemos que coller o metro para chegar ao hotel situado nunha das rúas preto da praza de Callao, no centro. Unha vez alí despedinme do meu amigo e fun ata o hotel a deixar as maletas e a comer algo.
Saímos do hotel e fomos camiñando ata o Museo Thyssen-Bornemisza, situado preto da fonte da Praza de Neptuno, onde os do Atlético de Madrid celebran as súas vitorias. Alí había unha exposición sobre o pintor Paul Cézanne: un pintor postimpresionista do século XIX considerado o pai da pintura moderna. A exposición titulábase site/non site; este concepto mostra a mestura entre o seu traballo ao aire libre e no
seu estudo, e a relación entre a paisaxe e a natureza morta.
O que máis destacaba dos seus
cadros eran os bodegóns. Neles nunca pintaba flores porque se murchaban
rápido, e por iso buscaba froitas que estivesen frescas varios días.
Naturaleza muerta con cerezas y melocotones © www.laminas-y-posters.es |
Debuxaba tamén moitAs bañistas, e os seus cadros estaban moi influenciados coa mitoloxía grega; concretamente co relato de Apolo
e Dafne. Neles sempre destaca que un dos bañistas ten as súas mans na
cabeza, e o seu corpo estirado, como crecendo. Os seus pés cravados
firmemente no chan, coma se fosen as raíces; e as súas mans coma se foran as ramas e o seu pelo representando as follas.
Bañistas delante de la tienda © www.quepintura.com |
Un dos meus cadros favoritos foi dos últimos que se mostraban na exposición e dos últimos cadros que pintou antes da súa morte. Está inacabado, xa que se ven trazos do debuxo, abaixo, onde debería haber pintura.
Ben, e ata aquí a entrada. Saúdos!
El pueblo de Gardanne © jalopezblog.wordpress.com |
Estivemos alí dúas horas que se me fixeron moi curtas, e
logo fómonos dar unha volta simplemente para cear e volver ao hotel; xa que
tiña que madrugar bastante para o día seguinte.
Ben, e ata aquí a entrada. Saúdos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario