Ola!
Son Abraham, do grupo de Xapón, e nas próximas entradas relatareivos a miña viaxe real a Barcelona. Comecemos!
O
sábado 5 de abril estabamos todos moi nerviosos, tanto profesores como alumnos, pola inminente viaxe. Eramos uns corenta adolescentes con ganas
de pasalo ben e afastarnos un tempo das clases e, por fin, ás 22:00 da
noite, saímos de Salceda de Caselas para chegar ás 12:00 do día seguinte a Calafell.
O autobús non era moi
espazoso, de feito chegamos a pensar que os asentos da parte traseira
estaban máis xuntos que os da parte dianteira. Aínda así, non houbo
moitos problemas de espazo debido a que algunhas persoas, me inclúo,
deitámonos no corredor do bus para durmir.
Como é de supoñer, pasamos a noite en ruta, aínda que a viaxe se fixo levadeira porque houbo bastantes paradas en áreas de servizo e, ademais, tiñamos DJ propio que "amenizaba" o ambiente: Sergio, do grupo de Mónaco.
O domingo 6 de abril, dende que chegamos a Calafell e durante toda a mañá, nos aloxamos no Hotel Ramblas Miramar, e puidemos comprobar que compartiriamos estanza con anciáns moi simpáticos de todas as nacionalidades. Eu, persoalmente, compartín cuarto con Christian, do grupo de Australia, e Brais, do grupo de Brasil.
Detalle en todas as habitacións do hotel |
Despois de xantar, a miña prima Andrea, do grupo de EE.UU., e máis eu, fomos dar unha volta polo paseo marítimo que estaba a un minuto do hotel. Primeira liña de praia!
Detalle no paseo marítimo |
Os monitores explicándonos as actividades organizadas para ese día |
Ademais, fixemos un circuíto en segway,
un, atención, vehículo de transporte lixeiro xiroscópico eléctrico de dúas rodas
con auto balanceo controlado por ordenador, o cal nun principio nos
asustou un pouco, pero máis tarde nos desenvolviamos nel con total
seguridade.
Noel Lee en segway saludando a Lady Gaga © mt3forum.net |
Por último, tivemos un taller mariñeiro no que nos
explicaron como preparar un barco de vela para ser botado, o cal nos
serviu como preparatorio para o xoves 10, día no que iriamos a navegar.
Todos posando na praia despois da fantástica, aínda que cansa, xornada |
Ata a seguinte entrada!
Xa tardaba en aparecer Lady Gaga nalgunha entrada. Que obsesión! :)
ResponderEliminar