A festa do día anterior estaba empezando a pasarnos factura a todos, as nosas cariñas de sono eran terribles pero aínda así había ganas de explorar todo o que nos quedaba por ver.
Como durante toda a viaxe toca levantarse as 8:45, darse unha duchiña rápida para despexar mellor e chegar tarde ao almorzo no caso de que sexades Marisé, Nerea e Laura F.
Este día tivemos o mellor almorzo de todos, unhas napolitanas pequechiñas recheas de chocolate, cunha capa de mel moi fina por riba que te subían ao mesmo ceo cando entraban en contacto co teu padal. Tamén había zumes que... moi ricos non estaban, pero quitaban a sede.
Veña, en marcha! Subimos ao bus cara Vilanova i la Geltrú, porque íamos facer unhas sesións de vela, kayak, fútbol e volley. Chegamos alí, estábase de marabilla, así que, todos nos dispuxemos a mudarnos e pór os nosos bañadores, algúns tamén puxeron traxe de augas para non ter frío na vela e no kayak.
Por sorte, a nos as dúas metéronnos no mesmo grupo e, dentro dese grupo, dividíronnos entre mozos e mozas para dar un relaxante paseo en vela polo mar. Tiñamos que estar un pouco atentos ao funcionamento da vela, pero nós estabamos feitas unhas expertas xa. O noso monitor era moi amable e bastante divertido, informounos de que ao lado da praia estaban facendo unha discoteca moi grande, que promete moito. A todo o grupo nos gustaría volver para vela xa acabada e probar as súas bebidas e demais.
Coa brisa mañaneira adentrámonos no mar con aquel "cachibache" que comezabamos a coñecer, o aire dando nos nosos cabelos sentaba tan ben que nos daban igual o resto das actividades, se por nós fose quedabamos coa vela todo o día. Entre conversa e conversa, pasóusenos o tempo voando e xa era hora de chegar á beira e facer o cambio de grupos.
Rematamos a xornada de actividades da mañá, collemos o noso pícnic e fomos comer a uns xardinciños que había alí e entre parvada e parvada, moitos quedamos durmidos. Esa sesta deunos a vida a todos.
Poñémonos en pé, volvemos formar os grupos e veña, a facer un pouco de volley para mover o corpo, hai que admitir que o noso grupo non era o mellor de todos pero aínda así logramos gañar varias veces e con moitísimo estilo. A todos nos encantaba aproveitar o brando chan para tirarnos e facer o parvo sen mancarnos. Despois, toca fútbol do cal non imos falar demasiado porque en vez de fútbol andabamos a troulear coma nenos pequenos todos. Por último, mergullo rápido, duchiña nos vestiarios e de volta para o hotel que tocaba ir de festa.
Como tiña que ser preparámonos todos; modeliño por aquí, modeliño por alá, todos guapísimos como non podía ser menos, ceamos e ala! Por fin chega o momento da festa, o máis esperado do día, o Nicky's e o On Sempre estábannos esperando e non lle podíamos fallar. Cada un collía aos seus amigos e ía dar unha volta antes de meterse nalgunha das discotecas sen esquecer que as 11:30 h tiñamos reunión cos profes.
Despois desa voltiña xa tocaba, primeira parada: On Sempre. Alí ti puñas a canción que desexaras e a verdade é que o maior éxito foi a do ''maridón". Parecíamos tolos pero non importaba, bailamos todo o que puidemos, algúns intentaban ligar cos mozos e mozas e outros simplemente se rían dos demais, foi divertidísimo.
A noite era curta e o noso tempo no On Sempre estábase demorando demasiado, así que decidimos ir cara o Nicky's. Esperamos unha pequena cola na entrada e xa, con moitas ganas metémonos alí. Que grande era! Luces por todas partes, unha música que te movía ela soa as pernas para bailar e un dono que daba gusto falar con el. Chegan as 2 da noite e os nosos queridos profes, que non tiñan o noso aguante (coitados!) querían volver para o hotel, como podedes supoñer nós non nos queriamos ir pero non tiñamos outra opción así que marchamos.
Xa no hotel cada un organizou a súa noite, todos planeabamos a nosa fuxida da habitación con gran esmero para que os profes non se deran conta, pero ao final eramos do máis escandaloso que había. Ímosvos contar unha boa anécdota: ese día, unhas compañeiras chegaron da festa e, para non facer ruído máis tarde ao abrir a porta, puxeron un zapato. Despois desvestíronse e ao momento notaron que se fora a luz, acercáronse á zona onde se pon a tarxeta para ter electricidade e non estaba, o Curi quitáralla! Foi unha boa maneira de pillalas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario