Amosando publicacións coa etiqueta EEUU. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EEUU. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de xuño de 2014

Día 5 e 6 en EE UU


Hello people!
Xa estamos de volta para seguir cotándovos a nosa experiencia polos Estados Unidos. Nesta entrada mostrarémosvos o noso quinto e sexto día en Nova York, esperamos que vos guste. 

Día 5 xullo.

Neste día comezamos espertándonos máis cedo do normal xa que tiñamos planeado descubrir moitas cousas novas. Cando estabamos almorzando puxemos en orde o noso axitado planning do día, adicado a pasar todo o día no distrito do Bronx. Nel naceu o Hip-Hop e tamén os New York Yankees, dous factores moi representativos de New York e tamén dos Estados Unidos. Ademais é coñecido por ser o berce das artes urbanas e das máis vangardistas.
Entrada do museo de artes de Bronx.
 (foto orixinaria de Manuela Martin)
Xa con forzas grazas a un gran almorzo, collemos un taxi para levarnos ao noso primeiro destino do Bronx, a Grand Concourse. Esta é unha vía pública duns 7'2 Km e o lugar máis característico e famoso de Bronx. Estibemos paseando durante unha hora e media. Non hai nada mellor que un bo paseo coas mellores para empezar ben o día.
Como non sabiamos moi ben como chegar ata o noso seguinte destino preguntámoslle a un mozo que había por alí (moi ben feitiño, a verdade) como podíamos chegar ata o Bronx Museum of Arts. Foi moi amable connosco e ata nos acompañou ó museo. Antes de entrar decidimos ir a un Starbucks para tomar un refrixerio de media mañá acompañadas do mozo. Cando el tivo que marchar, optamos por entrar.

Entrada (foto orixinaria de sheri silver)
Xa dentro do museo, vimos unha exposición de arte urbana. Atopamos cousas de todo tipo que nos chamaron moito a atención, xa que se trataba dunha arte modernista e moi vangardista. A algunhas obras non eramos capaces de encontrarlle o sentido pero grazas a guía que nos acompañou durante toda a visita logramos entender a finalidade destas. Tamén nos dixo que éramos moi afortunadas de estar ese día xa que no museo encontrábase o autor da exposición. Tivemos a sorte de poder coñecelo e tamén o privilexio de que nos explicase unha das súas obras máis recoñecidas. 
Ó rematar co percorrido da visita, tivemos un ratiño para charlar co autor da exposición máis outros artístas que se encontraban alí. Nós comentámoslles que nos encantou poder gozar daquelas marabillas. Comentámoslles que a Andrea e a Iria lles encantou a parte de fotografía pero que, sen embargo, a min gustáronme máis as esculturas.

Saímos de alí sobre as dúas e media do mediodía e cunha fame tremenda e paramos nun posto de comida rápida. Cada unha pediu o seu e cando nolo serviron quedamos abraiadas polo tamaño das racións. Non conseguimos acabalo todo pero quedamos cheas.
A verdade é que esta comida non era moi saudable pero nesta viaxe non tivemos en conta o de engordar uns quiliños de máis. Xa tocará facer operación bikini á volta a España. Antes de ir ó noso seguinte destino, estivemos dando un paseo polas rúas da zona xa que o Andrew Freedman Home (un antigo pazo de 1924) estaba case ó lado do museo.

Patio traseiro do Andrew Freedman House
 (foto orixinaria de Christina Crowl)
Nalgunhas ocasións, este pazo é utilizado como albergue de diversas exposicións de arte e nesta ocasión tivemos a gran coincidencia de atoparnos con unha. Ao entrar, gozamos dunha exposición completamente diferente á do museo porque esta era máis de tipo antiga.
Tras unha longa visita, fíxosenos noite polo que era hora de volver a "casa". Pedimos un taxi e nos levou de volta ó hotel. Ceamos e non tivemos forzas para ir de troula como tiñamos previsto, polo que nos demos un baño de auga quente e directas para cama.

Día 6 xullo.
Neste día da noxa viaxe quedamos un pouco máis na cama porque seguíamos cansas de tato camiñar o día anterior. 
Xa vestidas e ben alimentadas, o plan que tiñamos era un tour gastronómico por Little India, onde nos esperan un montón de pratos novos por descubrir!! 

Calles de Little India.
Fomos directas ao metro para que nos trasladase a este pequeno barrio de New York. Alí había un gran círculo de xente rodeando un espectáculo de baile, o que nos chamou a atención xa que, a parte dese, había unha morea de artistas de rúa naquela estación. A xente estaba cos seus móbiles grabando aos fantásticos bailaríns. Tras unha pequena viaxe naquel vagón que fedía a humanidade, cheo de xente con traxe ou de persoas canto menos peculiares, saímos por fin á superficie de novo. Xa estábamos en Little India. 
O máis salientable deste lugar era a gran cantidade de cores que había polo barrio. Era fermoso. Parecía que nos tiñamos tele transportado á mismísima India porque era totalmente diferente ao que estabamos acostumadas a ver días atrás. Fomos dando un paseo para descubrir todos os establecementos ata chegar a un bar que atopáramos facendo unha busca en Google. Non sabíamos o que pedir pola gran variedade, entón decidimos preguntarlle ó camareiro que nos recomendase un bo prato de iniciación. Recomendounos o dal, que é un prato típico de legumes secas. A nos as tres non nos gustou moito pero tiñamos que probalo para sabelo, ademais non estamos acostumadas a ese tipo de comidas.

Dentro dun comercio
 (foto orixinaria de 何塞埃利亚斯 (何塞·克鲁兹))
Despois disto seguimos paseando polo barrio parando cada dous por tres en cada establecemento por cousas típicas de India que nos chamaban a atención, pero como tiñamos tempo gozabamos da cantidade de obxectos fermosos que había. Andrea e eu (Laura) seguimos camiñando pola rúa e foi aí cando nos demos conta que perderamos a Iria xa que a súa ausencia faixe notar. Chamámola unha chea de veces pero nada, a rapaza non nos collía o móbil. Despois dun bo rato buscándoa, atopámola dentro dunha tenda alucinando por todas as especias que había naquel comercio, e o mellor que ela nin se dera conta de que nós non estabamos. Para esquecer o incidente, decidimos tomar un refrescante xeado e así, facer máis levadeiro aquel caloroso día.  
Xa eran máis das 5 da tarde e aínda non foramos xantar. A verdade que non tiñamos demasiada fame pero encontramos un local de comida rápida con comida típica hindú e decidimos probar. Está vez probamos as samosas vexetarianas que nos gustaron bastante. Enchendo a barriga aínda máis seguimos dando voltas polas rúas.
Visto todo o barrio, volvemos ó noso hotel sobre as 7 da tarde porque tiñamos previsto probar a segunda noite de troula por New York. Esta vez íamos ir ao East Village, que é unha das zonas de ambiente para xente nova. Decidimos pedir un taxi e unha vez alí empezou a festa. Foi unha noite moi longa polo que vai ser mellor non entrar en detalles da cantidade de cousas que pasaron. O que pasa en New York quédase en New York. Só dicir que volvemos bastante tarde ó hotel.

Con estes últimos relatos rematamos as entradas desta viaxe imaxinada. Dicimos adeus a EEUU para dar paso a Cataluña, á nosa excursión de fin de 4º ESO. É unha mágoa non ter podido terminar de contar toda a experiencia que nos estabamos a imaxinar as tres, pero seguro que o noso paso por Barcelona vaivos gustar. 
Esperámosvos na seguinte entrada, ata entón... 
Bye-Bye!

mércores, 28 de maio de 2014

Día 3 e 4 en EE.UU.



Hi people!
Xa estamos de volta cunha nova entrada da nosa incrible viaxe! Nesta ímosvos falar do noso terceiro e cuarto día polas rúas de New York.

DÍA 3 XULLO. 

Vendo o partido dos NYY
(foto orixinal de Rachid Brasil)
Neste xoves xa estabamos máis descansadas por iso decidimos espertarnos antes para poder aproveitar mellor o tempo. Primeiro fomos ver un partido de béisbol dos New York Yankees. E despois pola tarde, marchamos ver a famosísima Statue Of Liberty National Monument
(en galego "Estatua da liberdade") pero antes, tíñamos que ir
 almorzar xa que morríamos da fame. Despois de encher a barriga e con moitas ganas de seguir a nosa viaxe, dirixímosnos ata o estadio dos New York Yankees, o Yankee Stadium, para ver o partido que xogaba este equipo contra os Boston Americans. O NYY é un dos equipos máis coñecidos nos Estados Unidos en canto a béisbol, xa que é un profesional da Liga Americana.
Xa dentro do estadio dos NYY
(foto orixinaria de Rachid Brasil)
Para chegar ó estadio decidimos coller un taxi xa que nos quedaba bastante lonxe e non nos apetecía andar moito porque somos un pouco vagas. Unha vez alí, quedamos sorprendidas polo grande e impresionante que é aquel estadio. Durante un rato demos un par de voltas por fóra coa boca aberta e os ollos coma pratos. Ao entrar ó interior, a cousa non cambiaba xa que seguía sendo incriblemente grande e bonito. Para non perder nin un detalle, sentamos nas primeiras filas das gradas. A verdade que a experiecia deixounos atónitas porque aquel espectáculo era diferente ó que estamos acostumados os europeos. Para empezar, o béisbol é un deporte lento por iso os partidos fanse bastante longos; os estadios acollen moitísima máis xente que o fútbol por exemplo; é moi característico a comida que hai a vender porque é destas que engordan nada máis mirala; e por último a cousa que máis nos chamou a atención é o que se fai despois da sétima ronda, o chamado "seventh-inning stretch" que é un descanso para que todo o público se poña de pé e estire as pernas mentres se cantan cancións a coro.
A Estatua da Liberdade dende o barco.
Cando estaba a piques de rematar o partido, o bateador deulle un gran golpe a bola con tanta sorte que esta veu a parar a nós, quedándonos con ela como recordo. Ó rematar o partido case afónicas polo que berramos, decidimos parar nun pequeno restaurante da zona para comer e descansar un rato antes de ir ao seguinte destino. 
Volvemos nun taxi ata o sur de Manhattan para despois coller un barco que nos levou ata a Estatua da Liberdade.
Unha vez que chegamos a illa da Liberdade, quedamos aínda máis sorprendidas do que estabamos xa. É unha estatua xigantesca de, nada máis e nada menos, que case 93 metros de altura. Grazas a que ten instalados ascensores puidemos subir ata o miradoiro que ten arriba de todo e librámosnos de subir 354 chanzos. 
Manhattan e o Bridge Brooklyn
dende a illa da Liberdade.
Cando chegamos ó miradoiro, foi a primeira vez en toda a viaxe que as tres nos quedamos sen fala. Había unhas asombrosas vistas dende aí arriba. Aproximadamente estivemos sobre unha hora, o suficiente para que dese tempo a escurecer e así poder ver a paisaxe pola noite. E se de día impresionaba, de noite era incluso máis fermoso. 
Máis tarde, sobre as dez e media da noite, decidimos volver a Manhattan no barco e despois coller un taxi para que nos levase ao noso hotel. Estábamos tan cansas que foi ir cear, volver a habitación e caer rendidas na cama.

DÍA 4 XULLO.


domingo, 30 de marzo de 2014

Día 1 e 2 en EEUU: Chegada a New York.

Hello people!
Por fin chegamos a New York despois dunha dura viaxe dende Madrid e sufrindo o chamado "jet lag".
Nesta entrada, en forma de diario, ímosvos falar do noso primeiro e segundo día nos Estados Unidos, concretamente, no primeiro destino: New York. 

Día 1 xullo. 

O día 30, despois dunha longa viaxe decidimos durmir a mona toda a tarde, e pasada xa a primeira noite, comezamos a nosa aventura por terras estadounidenses. 
Laura e Andrea no Jonh F. Kennedy Airport. (Iria sacou a foto)
No día 1 dedicámosnos a dar un paseo pola zona de Times Square, onde se encontra o noso marabilloso hotel.
Espertamos sobre as dez. Famentas, dirixímonos cara ó comedor do hotel para tomarnos un bo almorzo ao estilo estadounidense. Co estómago cheo, preparámonos para pasar todo o día fóra, paseando polo corazón de Manhattan. 
Sobre as doce, saímos do hotel e andamos un chisco ata chegar a zona máis carismática de Times Square. Entramos nunha chea de tendas enormes e repletas de cousas fascinantes. Despois, alucinadas pola cantidade de carteis, luces e persoas que aquel pequeno espazo abeiraba, dirixímonos cara á zona de Diamond District. Como as distancias dun sitio a outro eran curtas, decidimos facer todo o percorrido andando pero, debido á cantidade de xente que había, facíase bastante estresante chegar. 
Na entrada do Empire State Building.
Por última zona antes de ir xantar, andamos ata Garment District ou tamén denominado Fashion District, onde fartámonos de comprar roupa xa que había tanta cantidade de tendas que era imposible non gastar todos os números da tarxeta de crédito!
Nestas dúas zonas, xa non había tanta acumulación de persoas pero aínda así, había demasiadas para o que estamos acostumadas!
Cando nos demos conta, xa case pasara a hora de ir xantar, así que fomos o Carbone Ristorante, un restaurante italiano da zona de Garment District que nos tiña boa pinta. A verdade é que comemos xenial e agradecemos poder descansar un ratiño do noso percorrido. Sobre as catro e media, volvemos de novo a rúa. 
Pola tarde tiñamos pensado ir ó rañaceos máis famoso de NY,  o Empire State Building.
Camiñamos ata alí e foi sobre as cinco e media-seis cando chegamos. Tivemos que facer un chisco de cola para subir pero, a verdade, que pagou a pena.
As vistas dende o miradoiro do edificio eran incribles. Víase todo Manhattan, as persoas como formigas e infinidade de rañaceos!
Xa cansas, sobre as nove volvemos ao hotel pola carismática avenida Broadway, que de noite era moitísimo máis alucinante! Cando chegamos ao hotel eran as dez e media da noite, polo que fomos cear e, nada máis terminar, directas ás nosas habitacións para descansar por fin as pernas para o seguinte día.

Día 2 xullo

O día 2 o pasamos no barrio de MidTown (lugar máis importante de negocios da cidade). Esta zona está, como quen di, a un pasiño do noso hotel.
Como o día anterior fora tan intenso, decidimos durmir un pouco máis e ir almorzar fora. Preparámonos e sobre as doce saímos do hotel para ir ao Bryant Park (un parque de xardíns á francesa rodeado de rañaceos, tamén  coñecido como  Petit Luxembourg) a tomar o almorzo que collemos nunha tenda de doces que nos pillaba de camiño. Nel, estivemos sentadas polos seus verdes céspedes pasando o que quedaba de mañá. 
MidTown de noite, visto dende arriba.
Sobre as dúas do mediodía, fomos coller a comida nun sitio de comida rápida xa que, como almorzáramos tarde non tiñamos demasiada fame. O tomamos no parque e ó terminar, fomos a Biblioteca Pública de New York, unha das máis importantes do mundo, con maior contido de uso público e que está xusto ao lado do Bryant Park. Esta mañá sentounos de marabilla xa que pola tarde tiñamos planeado patear case toda a 5th Avenue. 
É unha das avenidas máis grandes de NY, xunto ca de Broadway. Esta está repleta de apartamentos de luxo, mansións históricas e ten unha das zonas de compras máis exclusivas do mundo; a denominan como "a rúa máis cara do mundo". 
Bryant Park. (Foto de Cerfon)
Nós, non parábamos de entrar en tendas e saír cunha chea de bolsas! Todo aquí era como un soño! Tamén puidemos ver e nalgúns entrar, sitios emblemáticos da avenida como son: Rockefeller Center, Saint Patrick’s Cathedral, Metropolitan Museum of Art, o cubo de Apple, entre moitos outros.
Esta tarde volvémonos a estresar debido a tal cantidade de xente que se acumulaba e, ademais tiñamos que ter coidado xa que ao ser unha zona adiñeirada, os ladróns estaban por todas as esquinas!
Sobre as nove volvemos ao hotel pero non para quedarnos porque esa noite tiñamos feito unha reserva nun restaurante da zona de Times Square con comida típica americana, Above. Para ir tiñamos que vestirnos algo máis elegantes. 
5th Avenue.
A cea estaba incrible, o sitio era xenial! Saímos de alí sobre as doce pero non volvemos ao hotel senón que decidimos probar o ambiente que ten NY de noite. No hotel recomendáronos un bar na 5th Avenue, que era un sitio de copas e cunhas vistas marabillosas polo que fomos probar (estaba vez en taxi). A verdade que non se pode comparar coas noites de troula en España pero o pasamos moi ben. Volvemos as tres da madrugada o hotel e cansas, durmimos como bebés.

Ata aquí os nosos dous primeiros días en NY. Volveremos cunha nova entrada moi pronto, ata entón, bye-bye!

luns, 10 de marzo de 2014

Día 0 en Estados Unidos. Estados e itinerario.

Boas de novo!
Estamos de volta para pórvos un pouco ao día da nosa viaxe a Estados Unidos. Vos informaremos un pouco dos estados que imos visitar e, ademais, os plans que temos previstos en cada un deles.
De primeiro, falamos dos estados (New York, Florida e California).



De segundo, ensinámosvos unha foto polo recorrido de cidades nas que imos estar.


E por último, ímosvos mostrar o itinerario da viaxe.

A nosa viaxe comeza o 29/30 de xuño saíndo de Galicia de madrugada para estar en Barajas (Madrid) pola tarde xa que o noso voo sae as 16:25h. 
Empeza a aventura saíndo de Barajas dirección Londres, onde teremos que estar aproximadamente unha hora e media facendo escala. As 19:00h subimos ó avión no aeroporto Heathrow Airport de Londres para ir directas a New York.
As 20:00 hora española, máis ou menos, chegamos ó aeroporto de Jonh F. Kennedy Airport mortas de sono pero moi ilusionadas. 
Un autobús nos leva ó noso marabilloso hotel ao ladiño de Times Square e cerca do Centre Park. Quédavos o enlace de Booking onde encontramos o hotel, por se queredes ver o noso incrible dúplex. AKA Times Square
En New York estaremos dúas semanas.

O luns 14 partimos cara Orlando. O noso voo sae as 6:00 da mañá do aeroporto de Jonh F. Kennedy Airport e chegaremos a Washington as 7:24, onde teremos que facer escala no aeroporto de Dulles Intl Airport. Alí estaremos unha hora e media e as 8:50 da mañá partimos cara Orlando. A chegada está prevista para as 11:00 no aeroporto de Orlando Intl Airport. De aí vamos cara o noso hotel Hard Rock Hotel que se encontra ó lado dun dos parques que vamos a visitar, o Universal Studios. Igual que o de New York, vos deixamos o enlace de Booking. → Hard Rock Hotel at Universal Orlando
En Orlando estaremos unha semana.

E como último destino, Los Ángeles. Partimos cara alá o domingo 20. O noso voo sae as 7:30 da mañá do aeroporto de Orlando Intl e chegamos ó aeroporto de Denver Intl as 9:30 onde teremos que facer escala. Despois de estar unha hora e media, volvemos ó avión pero esta vez cara Los Ángeles. A chegada está prevista as 12 no aeroporto de Los Ángeles Intl Airport. Alí nos traen o coche de aluguer e de aí temos que conducir ata o noso hotel en Newport Beach. De novo os deixamos o enlace de Booking. → Resort at Pelican Hill

En Los Ángeles estaremos dúas semanas e o xoves 1 de xullo volveremos de novo a España o día 1 de agosto. A saída de Los Ángeles é as 8:00 da mañá do aeroporto Los Ángeles Intl Airport e chegamos ó aeroporto C Newark Intl Airport de New York as 16:17 onde teremos que esperar 4 horas polo voo de volta a España. Saímos de aí as 20:25 e estaremos de volta por Barajas as 10:00 o sábado 2 de agosto.

Seguirémosvos informando do noso día a día polas terras estadounidenses. Estamos a esperar con ansias o noso día 1 por Estados Unidos!
Un saúdo e estarvos atentos!

mércores, 18 de decembro de 2013

Características xeráis de Estados Unidos

Moi boas de novo! 
Aquí estamos de novo Andrea, Laura e Iria para informarvos da nosa esperada viaxe ás terras estadounidenses. Nesta estrada do que imos falar é das características xerais do país, na próxima entrada, faremos o mesmo pero dos estados que imos visitar.

Este enorme país de 9 826 675 km² (é o terceiro país máis grande do mundo), situado ao norte de América, ten como países fronteirizos a Canadá e México. A capital é Washington D. C.
Nome, bandeira e sello oficiais. (Captura da Wikipedia)
Para saber a historia deste país encontramos unha páxina onde o explica brevemente e é doado de entender. Resumen da súa historia.
Como sistema político ten unha república federal constitucional, por iso está subdividido en, nin máis nin menos, que 50 estados (o que equivale ás comunidades autónomas de España pero con máis liberdade de poder). O seu presidente actual é Barack Obama.
O seu idioma é o inglés xa que foi parte da colonia británica. O español é un dos idiomas secundarios máis recorridos pola proximidade a México e porque a zona sur formou parte da coroa española.
Como moeda oficial usan os dólares estadounidenses, o que vén sendo 0,74 €.
En canto á cultura, Estados Unidos é una nación multicultural, fogar dunha ampla variedade de grupos étnicos, tradicións e valores. Tende a ser exportador de cultura, ademais de absorber outras tradicións culturais con relativa facilidade. A pesar de iso, mediante museos, teatro, cine, música, televisión, deportes, libros, as obras arquitectónicas ... conseguen manter a orixinaria e típica do país. Un dos exemplos é a serie de TV coñecidísima Los Simpsons onde se ven escenas moi típicas dos estadounidenses. En xeral, tenden a ser moi patriotas, case rozando o racismo. 
The Star-Spangled Banner ('A bandeira tachada de estrelas') é o himno nacional; a bandeira consta de trece barras horizontais, sete vermellas e seis brancas alternadas, e un rectángulo azul con cincuenta estrelas brancas; e como símbolo nacional usan a aguia de cabeza branca.
Variedade xeográfica. (Imaxe importada da Wikipedia)
Estados Unidos ten un clima, fauna e flora moi variado, cambia dependendo en que estado te atopes, varía de continental húmido no norte a húmido subtropical no sur e a desértico no sueste.
É un gran exportador de modas as cales son absorbidas pola xente de todo o mundo. Calquera moda que aparece, en un par de meses chega a outra parte do mundo. Este país é como un sistema de referencia en canto a moda se refire. 

Como é un país tan influencial e importante cara o mundo, as proteccións de seguridade poden chegar a ser moi extremas. No caso do turismo, antes de comezar a viaxe, tes que cubrir un documento de permiso de turista (hai tres tipos de permisos: o de turista, o de estudante e o de traballador; cada un deles ofréceche unhas liberdades ou outras no país). Este permiso chámase ESTA e é un sistema de solicitude en liña, desenvolvido polo goberno de Estados Unidos para pre-examinar os pasaxeiros antes de permitirlle ingresar a Estados Unidos. Unha ESTA aprobada non garante o ingreso a Estados Unidos. Páxina onde solicitar a ESTA.
En canto as vacinas necesarias non hai ningunha obrigatoria pero si recomendan algunhas como é a de hepatite B, se non tivemos a enfermidade antes e se é que imos realizar algunhas actividades de risco.

E por último, as festas. Outra vez vemos a multicultura xa que aceptan a celebración de festas tradicionais doutros países. Pero como principais están: 
·Día dos Caídos → último luns de maio.
·Día do Presidente → terceiro luns de febreiro.
·Hallowen → 31 de outubro.
·Día de Acción de Gracias → cuarto xoves de novembro.
·Venres negro → venres seguinte a Acción de Gracias.
·Labor Day → primeiro luns de setembro.
·Día de Martin Luther King → terceiro luns de xaneiro.
·Día da independencia → 4 de xullo.
·Día dos veteranos da guerra → 11 de novembro.

(Como curiosidade, os estadounidenses non soen facer coma nós á hora de fixar as festividades. Nós pomos unha fecha exacta dando igual en que día da semana coincida, mentres que eles soen fixar un día da semana dun mes sen lle importar en que número cadre.)



domingo, 17 de novembro de 2013

Como coñecimos Estados Unidos!


Moi boas!

Nós con ganas de viaxar xa!
Que mellor inicio que presentándonos así que... alá imos! Somos: Iria Pérez (4ºA), Laura Abalde (4ºA) e Andrea Vaqueiro (4ºB).

Pensamos en irnos de viaxe, tomar un mes sabático, e pasar unhas marabillosas vacacións xuntas, por iso eliximos un maxestoso destino onde poderemos facer realidade moitos soños desexados e vivir unha experiencia inesquecible. E que mellor destino que... ESTADOS UNIDOS!

Visitaremos New York e California.
Por que eliximos este inmenso país? Pois simplemente porque nos ofrece millóns de aventuras que facer, ademais, é uns dos nosos soños pisar as terras estadounidenses. Visitaremos varios estados, por iso vai ser... LEXEN..DARIO!
Iremos a New York e California (tamén temos a idea de pasarnos uns días polo estado de Montana coa fin de visitar o Parque Nacional de Yellowstone, o famoso parque dos debuxos animados do oso Yogui, pero aínda non está claro). Será unha viaxe do máis movidiña xa que a nosa lista de "Cousas que facer en EEUU" é inmensa.

Un dos principais motivos desta viaxe é a finalidade deportiva. Buscamos deportes típicos do país, como é o béisbol, baloncesto ou o surf na costa; e tamén deportes atípicos, de risco, como o paracaidismo, pontismo ou un pequeno viaxe en globo aerostático.
Irémonos de visita polos lugares máis representativos da zona de Los Ángeles e de New York.

Seguirémosvos informando das nosas aventuras pola zona norteamericana. Non volo perdades!

Un saúdo e ata próxima :)