Amosando publicacións coa etiqueta Christian. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Christian. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de xuño de 2014

3º Día Barcelona Junior y Christian

Día 3. Saímos cara o Delta do Ebro, as 9:20 collemos o pícnic na recepción do hotel e fomos ao autobús. A viaxe fíxose moi longa ata coller ós guías nunha peaxe. Foi moi agradábel estar con eles. Despois de 30 minutos chegamos a L'Ampolla onde vimos a costa e compramos comida e bebida e de aí ata ao Parque Nacional do Ebro. Baixamos do autobús e andamos pola costa mirando a zona do parque. Seguimos camiñando e chegamos á praia onde tiramos unhas fotos de grupo, pero antes subimos a unha especie de miradoiro para ver a lagoa do parque e observar as distintas especies.


Volvemos sobre os nosos pasos ata o autobús e puxemos rumbo ao Delta do Ebro, onde comemos nuns bancos o pícnic que colléramos no hotel. Os profesores comeron no restaurante cos guías. Nós xa tiñamos rematado de comer e eles botaron alí dentro máis dunha hora! Despois, estivemos esperando o barco para dar un paseo polo río e fixemos tempo xogando ao "pañuelito". Por fin chegou o barco que nos levaría polo Ebro. Á ida o guía íanos explicando todo do Ebro pero á volta puxo música e todos os que estaban abaixo subiron para bailar enriba do barco e dalo todo. Cando chegamos á terra, collemos o autobús, deixamos os guías e fomos para o hotel.


Subimos ós cuartos, collemos unha pelota e puxémonos a xogar un pouco ao fútbol antes de ir cear. Despois subimos as habitacións, cambiámonos e marchamos de festa toda a noite. Pasámolo xenial aínda que os profesores nos puxeron de hora de regreso as 4 h.

luns, 9 de xuño de 2014

2º DÍA Barcelona por Christian e Junior


O segundo día levantámonos cedo para ir almorzar, tiñamos que estar abaixo as 8:45 e cando estiveran todos iríamos coller a comida no buffet. Despois tiñamos 15 ou 20 minutos para preparar as mochilas. Quedabamos todos na entrada do hotel para que os profesores nos contaran e fomos cara o autobús para comezar a nosa visita a Barcelona. 

Cando chegamos, a monitora Eva díxonos que íamos visitar o Barrio Gótico e logo comeríamos no Maremagnum que é un centro comercial que está construído enriba do mar, na zona do porto. Pola tarde visitaríamos a Vila Olímpica.

  
Do Barrio Gótico vimos a Catedral e a Basílica de Santa María do Mar

No Maremagnum comemos de buffet, podiamos coller o que quixeramos e repetir á vontade. Ao rematar de comer deixáronos tempo libre ata as catro menos cinco, hora na que quedaramos cos profesores para ir en autobús á Vila Olímpica coa a monitora. 

Cando chegamos a Montjuic subimos ata o cume do monte para ver toda Barcelona (tan fermosa e tan grande) dende un miradoiro. Logo subimos máis arriba onde nos esperaba o castelo de Montjuic, o cal visitamos. 

Tiramos algunhas fotos e marchamos para o autobús para ir ó hotel. Fomos cear e marchamos para as habitacións a “durmir”.


domingo, 18 de maio de 2014

1º Día da nosa viaxe a Barcelona



                                                  Día

Chegamos a Calafell pola mañá. O autobús aparcou no paseo da praia e alí estivemos esperando ata que nos chamaran para ir coas maletas ao Hotel Ramblas Miramar.


Cando estabamos a pique de baixar do bus chegou Juan Carlos (curi), quen nos dixo que no hotel aínda tiñan que arrombar as habitacións porque houbera cambios, polo que tivemos que quedar naquel bus onde ía unha calor abafante 15 minutos máis. Despois disto baixamos do bus, collemos as maletas e dirixímonos ao hotel. Ao chegar aínda esperamos alí nuns sofás ata que chegaran Juan Carlos (curi) e Chefa coas chaves e empezaran a repartir as habitacións. E por se non chegara de espera, os dous ascensores nos que tiñamos que subir ían lentíiiisimos, menos mal que era un primeiro senón botabamos alí toda a mañá. (Nótase que estabamos desesperados por chegar!).


Entramos nas habitacións e desfixemos as maletas. Botamos na habitación máis ou menos   unha hora antes de baixar a comer no buffet do hotel, onde había de todo e podías comer o que quixeras. Logo fomos de novo ás habitacións, puxemos roupa deportiva, collemos roupa para mollar, subimos ao bus e puxemos rumbo a Vilanova i la Geltrú.


Unha vez alí, mudámonos e fomos á praia para participar nunhas actividades deportivas.  Dividíronnos en grupos mixtos de 10 persoas.

Primeiro montamos en segways durante media hora, nese tempo practicamos un pouco ata que o dominamos e fixemos unha serie de exercicios enriba deles, logo fixemos unha pequena competición contra os outros equipos para ver quen facía mellor puntuación. O seguinte foi unha xincana onde gañaron Jose Castro Martínez e Brais Estévez Martínez, deseguido fixemos kaiak durante unha hora: tivemos que ir ata unha boia, rodeala e volver á praia e, por último, participamos durante  media hora nun obradoiro mariñeiro para iniciarnos na Vela.

    
Cando rematamos as actividades fómonos cambiar e marchamos co autobús cara ao hotel, onde tivemos unha hora de tempo libre. Aproveitamos para ver mellor a zona e buscar unhas chanclas para Sergio Madarnás que as esquecera na casa.

Ás nove menos cuarto tiñamos que estar abaixo para cear. Cando rematamos de cear deixáronos ata as once e media de tempo libre, despois tiñamos que ir ás habitacións a durmir.