martes, 3 de xuño de 2014

Relato do 4º día polos ghuapos de Mónaco

Día 4:

O mércores foi un día didáctico e cultural, xa que contou coa visita a varios museos e monumentos, entre eles a Sagrada Familia.

Despertámonos cansos debido ao esgotamento físico do día anterior, pero o almorzo no restaurante fíxonos recuperar enerxías. Entramos no autobús e fixemos unha parada  rápida polas aforas do Camp Nou!! Tamén visitamos a Tenda Oficial onde temos varias fotos.

Logo puxémonos en marcha cara ó CosmoCaixa, un centro adicado á ciencia. Unha vez alí andamos as nosas anchas vendo os diferentes artefactos e animais.
 
Carlos e Rodrigo teñen varias fotos no museo, aquí van:

Tamén visitamos un recinto situado na planta baixa do museo no que podías pasear rodeado de animais. Nese sitio ía calor, xa que había animais que necesitan un clima tropical. No museo había unha zona subterránea no que se podían observar serpes, formigas e diversos peixes.






Chegadas as 14:00 h da tarde todos nos diriximos ao restaurante do CosmoCaixa, no que comemos unha comida propia de ser humanos na que incluían de sobremesa unhas natillas Danet. Ó acabar de comer, demos un paseo polos arredores do restaurante, no que coñecemos xente de Valencia e descansamos nuns xardíns, mentres o sol batía nas costas e o tempo pasaba...






As 18:00 collemos rumbo ó monumento máis visitado de España, a Sagrada Familia.

  
Alí tivemos una guía turística que nos acompañou polo exterior e o interior do edificio, repleto de grúas por certo... A nosa guía dixo que a rematarían en 2026, quedando tal que así: 


Unha vez rematada a visita, volvemos ó noso hotel, e alí preparámonos, ceamos e fomos de festa ó Nicky´s. Estivemos ata as 2:00 máis ou menos e retornamos cansos ás habitacións sabendo que tiñamos poucas horas para durmir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario