domingo, 22 de xuño de 2014

Kevin, viaxe a BCN e día 1

Nesta viaxe de fin de curso decidimos ir ata Calafell, en Tarragona. A saída dende Salceda foi as 10 da noite, eu cheguei sobre as 10:05 e, ao chegar, encontreime con que todos os alumnos xa estaban dentro do autobús e estaban esperando por min, que era o último en chegar. Non pensei que foran ser todos tan puntuais...

DÍA 1

A viaxe en autobús foi horrible, non sei que era peor, se a calor que facía na parte traseira producida polo motor ou o cheiro a humanidade que aromatizaba o corredor ata chegar o nariz impedíndome respirar.  Despois de tres paradas e unha viaxe eterna case sen durmir, chegamos por fin o pobo de Calafell, un pobo cheo de vellos xubilados. Calafell e fantástico, xa que a uns 100 metros da urbanización atópase a praia de Calafell, que é unha praia bastante grande rodeada de tendas.

Unha vez alí, camiñamos coa pesada maleta e instalámonos no Hotel Miramar, un hotel cheo de vellos giris buscando onde gastar a súa pensión. Despois dun pequeno descanso, os profesores mandáronos facer unha quedada no vestíbulo, onde había uns cómodos sofás, para ir xantar todos xuntos no buffet do hotel. O buffet gustoulle a pouca xente, aínda que na miña opinión e gusto, comíase ben, xa que case sempre había pizza, pasta con salsa de tomate, patacas fritidas, etc. Aproveiteino e me puxen as botas, o que fixo que engordara 4 Kg nesta excursión.

Máis tarde viaxamos a Vilanova i la Geltrú, onde nos esperaban divertidas actividades nunha gincana que duraba unha hora, 30 minutos montando en segway, e outros 30 nun obradoiro mariñeiro. Por último fixemos a viaxe de volta cara ó hotel, ao chegar ceamos e durmimos pronto, xa que estabamos todos moi cansos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario