venres, 6 de xuño de 2014

4º día de excursión por Alicia, Noelia e Carla (as rapazas de Dubai)

Día 10:


Esta mañá, ó espertar estábamos moi cansos, xa que pola noite saíramos de festa a un local da zona.

Este día comezámolo collendo un autobús cara a cidade, Barcelona onde visitamos o famoso estadio de fútbol, O Camp Nou. A verdade é que quedamos abraiados pola súa inmensidade e sobre todo chamounos a atención a gran tenda que ten no seu interior, onde puidemos mercar agasallos para as familias.

Ó rematar dirixímonos ó Museo da Ciencia, o CosmoCaixa, un lugar espectacular onde se atopa un hábitat natural con diversos animais, experimentos científicos, documentais... era realmente fantástico e cabe dicir que nos encantou a todos, ademais era un lugar enorme.



















Este día comemos de bufete libre nun dos restaurantes do museo.
Despois, estivemos nos seus xardíns e logo dirixímonos ao autobús rumbo ao centro de Barcelona para visitar diversos monumentos como os construídos polo famoso arquitecto, Antoni Gaudí: A casa Mila ou Batlló famosa pola súa fachada en forma de osos e o seus teitos coma un dragón.

Ás sete da tarde visitamos o monumento máis representativo, a Sagrada Familia, un inmenso e impresionante templo expiatorio construído tamén por Antoni Gaudí.

É unha obra maxestosa, leva máis de cen anos en construción e aínda non esta rematada.
No seu interior destacan as grandes cúpulas do teito, os piares que sustentan o templo, as enormes e coloridas vidreiras, e as poucas imaxes de santos.

O que máis nos sorprendeu de Barcelona foi esta catedral inacabada, xa que é un lugar impresionante e por iso quedamos todos abraiados. Regresamos ao hotel en autobús onde escoitamos o partido de Atlético de Madrid contra o Barcelona.

Cando chegamos xa era tarde, e tivémonos que vestir a trescentos por hora para poder saír de festa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario