Amosando publicacións coa etiqueta Javier Enrique. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Javier Enrique. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de xuño de 2014

Javier nos mostra os tipos de manga

Ola a todos! Son Javier Enrique e, aproveitando que fun á Expomanga vouvos mostrar os tipos de manga.
Por desgraza non puiden copiar o codigo HTML para colgalo aquí no blog, pero podo colgar a ligazón para que o poidades consultar. Adeus e que o pasedes ben!

Javier vai á Expomanga 3ª parte

No meu último día da miña estancia na cidade de Madrid, non sucedeu nada interesante salvo que tiña que prepararme para coller o tren que me ía traer de volta a Galicia. Saímos moi xustos de tempo cara a estación de Chamartín. Por desgraza, non puiden chegar a tempo e acabei perdendo o tren.

Afortunadamente, ía chegar outro que ía a coincidir na estación de Ourense co tren que perdín e que sairía en vinte minutos.

Tomei o tren cara a Ourense e, tras moito tempo de interminable espera estresante, cheguei á estación. Alí estreseime de novo buscando a vía na que tiña que facer o enlace co tren que me levaría ata Guillarei. Cando cheguei alí otren non estaba, o que fixo que se me parase o corazón do susto. Aínda non chegara!

O resto da viaxe transcorreu de forma normal e cheguei a Guillarei moi contento( unha por ir á Expomanga e outra por non perder o tren).

Espero que vos gustara esta historia sobre a miña viaxe real a Expomanga de Madrid, pero antes de marcharme e deixarvos, adiantaréivos que penso ir de novo o ano que vén, e vouvos dar un consello para os que querades ir algún día: comprade as entradas por internet días antes e collede a cola a iso das 7:00 ou 8:00 da mañá. Non, non é broma, facédeme caso se non queredes estar todo o día esperando a entrar e, ao final, ter que marchar polo esgotamento das entradas ou porque non haxa máis espacio no edificio.

 ATA LOGO!!!!



Javier visita á Expomanga 2ª parte

Ao despertarme, fun directamente a almorzar, despois prepareime e púxenme o traxe da Organización XIII, dun videoxogo chamado Kingdom Hearts

Levoume o meu tío Miguel acompañado polo meu primo José Miguel (que foi disfrazado de Spiderman). Ao chegar, xa a xente me pedía unha foto (en solitario ou en grupo) e eu tampouco ía a ser menos, así que me puxen a facerme fotos coas persoas que tiñan traxes bos antes de entrar na fila para comprar as entradas. Estas son algunhas das fotos.


O que vai de negro son eu. Estas son unhas das fotos que teño das persoas coas que tirei algunhas fotos. Estas son das mellores.
As seguintes horas foron un pouco aburridas debido á lonxitude da cola. En total estiven dende as 8:30 h ata as 18:00 h!


A foto de arriba mostra a metade da fila cara abaixo e a de abaixo mostra a fila dende o final cara arriba. Se pensades que esta fila é longa pois vos teño que dicir que a fila para entrar na Expomanga é 5 ou 10 veces máis grande.

E cando estaba a piques de ser a miña quenda para mercar por fin as entradas, esgotáronse. Quedei cunha cara de decepción mesturada con enfado! Déronme gañas de colarme pola forza, pero non o fixen porque o traxe non me permitía moita liberdade para correr. 

O lado postivo de todo isto é que coñecín a moita xente cos meus mesmos gustos, visitei aos meus tíos e primos e, a pesar de que non puiden entrar na expo, foi o mellor momento da miña vida. 

mércores, 11 de xuño de 2014

Javier vai á Expomanga. 1ª parte

Ola a todos e benvidos á historia da miña viaxe a Madrid para participar nun evento chamado Expomanga.
Este evento é para xente á quen lle gustan estes cómics e personaxes, ademais serve para coñecer a outras persoas con intereses semellantes, facer novos amigos, disfrazarte do teu personaxe favorito, etc.  

Comecei a miña aventura collendo o tren na estación de Guillarei. A viaxe fíxose moi longa porque as películas que nos puxeron foron moi aburridas, pero a paisaxe era fermosa. 


Sentei no lado do corredor, isto molestoume un pouco porque me gusta ir na ventá para gozar da paisaxe, pero a persoa que estaba nese asento levantábase cando chegabamos a unha estación, tardando media hora en volver. Ao principio pensei que estaba no tren sen billete por algunha razón, pero logo descubrín que era un fumador e estaba falando con outro individuo, ambos foron simpáticos ao final.

Cando cheguei, a estación de Chamartín estaba tan chea que non puiden ver ao meu tío, e tardei en darme conta de que me estaba a chamar. Xa na casa dos meus tíos en Alcobendas, cenei uns anacos de pizza que lles sobraran no xantar, vin con eles unha película e fun para a cama, pero non podía durmir porque estaba nervioso pola visita á Expomanga do día seguinte. 

mércores, 23 de abril de 2014

Itinerario alemán

Actividades por Alemaña:

Benvidos ao itinerario de Alemaña. Aquí vos ensinamos a orde que seguimos na viaxe por Alemaña. 


Como veredes visitamos algunhas das cidades que seguro vos sonarán por seren das máis importantes. Fumos a:
  1. Hamburgo.
  2. Frankfurt.
  3. Nüremberg.
  4. Munich.
Logo volvemos a Berlín desde donde collemos o avión a España.

Esta é a listaxe dos hoteis onde nos hospedamos:

Berlín: Waldorf Astorian Berlin : 285€ por persoa.


         
Nüremberg: NH  Nüremberg City : 89€ por persoa.


         
Frankfurt: Jumeirah Frankfurt:: 120€ por persoa.



Munich: Holiday Inn Munich: 98€ por persona.


         
Hamburg: Arcotel Onyx Hamburg: 80€ por persona.







luns, 17 de marzo de 2014

Orgullo Gay en Berlin

A celebración do Día do Orgullo Gay naceu a raíz dos disturbios de Stonewall, ocorridos en Nova York o 28 de xuño de 1969 cando a policía levou a cabo unha redada no Stonewall Inn, bar de ambiente situado en Christopher Street, rúa do barrio do West Village de Manhattan. Ao ano seguinte, para conmemorar esta data, celebráronse en distintas cidades norteamericanas manifestacións reclamando dereitos e visibilidade para o colectivo e creando un movemento de liberación LGBT. Esta data coñécese como o Christopher Street Day e como xa vos comentei é o antecedente do Día do Orgullo Gay. 
Uns poucos anos máis tarde... en setembro de 1996, nacín eu, e dá a gran casualidade que me chamo Christopher e tamén son gay... sorprendidos verdade? Este é o meu Blog:
I'M GAY (con orgullo)




Berlín acolleu a Europride, a cita gay máis importante de Europa, en 1993 e nesa ocasión atraeu a 1,2 millóns de persoas. A maioría das cidades de Alemaña tamén teñen a súa celebración do día do Orgullo . 

Para vivir en Berlín o Orgullo Gay 2014, a mellor opción é alugar un apartamento no centro da cidade e gozar de todas as actividades que este festival ofrece este día especial. A celebración 2014 promete ter todo isto e moito máis para volver a ser un dos eventos máis divertidos en Alemaña e en Europa. Coa súa festa do Orgullo Gay 2014, Berlín, unha vez máis xustifica á súa reputación de cidade da cultura, artística e simbólica.  
Centos de miles de persoas celebrando nas rúas, cheas de cor, música e traxes e, sobre todo, as mensaxes para reivindicar unha maior tolerancia e respecto para gays, lesbianas, bisexuais e transexuais. De feito, considérase que Berlín celebra unha das mellores festas do Orgullo Gay en Europa, mentres, estou impaciente por asistir, para expresarme e pasar un bo rato.

xoves, 13 de marzo de 2014

O Muro de Berlín


Ola de novo! Agora mesmo estamos ante o muro de Berlín (ou o que queda del), claro que o que nos sorprende é que aínda quede algo!.

Como podedes ver se nos meteu un intruso na foto...

Os alemáns poden dicir “misa”, pero a iso no meu país chámanselle columnas. 
Volvendo ao tema principal, despois da 2ª Guerra Mundial, da ocupación de Berlín e a caída de Hitler, Berlín, coma o resto de Alemaña foi dividida. Concretamente en Berlín, fixeron un muro para evitar que as persoas de lado soviético ou comunista, chamado RDA, se escapasen ao lado occidental, o RDF.

Este é un esquema do muriño.
Parécenos que os soviéticos preocupábanse moito pola “seguridade” dos seus cidadáns.

martes, 18 de febreiro de 2014

Día 1 Alemaña: Chegamos a Berlín

Ola amigos e amigas, bueno despois de moitas horas de voo, aquí estamos xa no Waldorf Astoria Berlín, un hotel de luxo no centro da cidade. Perdoade o atraso pero estabamos moi cansos para contar nada. Eu durmo nunha suite na azotea do hotel e Christopher máis abaixo, nunha habitación "normal". 
Agora vos ensinaremos o hotel, comecemos:


 
Habitacións:
     Habitación de Javier ( é a mellor, seino).


     Habitación de Christopher (gústalle o "sinxelo").
  • E aquí está a piscina do hotel 


 

Bonita ¿eh?. Na próxima publicación compartiremos con vós a nosa viaxe turística por Berlín.

martes, 17 de decembro de 2013

Profundizando sobre Alemaña

                



Alemaña situase no centro de Europa, tal e como se mostra nesta ilustración:


Xeografía: 
Alemaña fai fronteira con:
Dinamarca, Polonia, Béxica, Luxemburgo, Francia, Suiza, Austria, República Checa,Países Baixos.
O seu territorio é de 357.021 m2 o que o pon no sétimo país máis grande de Europa.

Ten como fronteira natural:
Os Alpes (no sur).
O mar de Norte (no noroeste).
O mar Báltico (no nordeste).
Tamén está a Selva negra que une as altas terras do centro coas baixas terras do norte, este é un lugar moi baixo en Alemaña dado que esta a 3’45 m baixo o nivel do mar; en el pódense atopar algúns dos maiores ríos de Europa, como por exemplo: O Rhin, o Danubio e o Elba.

O seu relevo podemos dividilo en tres partes:
Unha chaira de baixas terras situadas ao norte, un terreo cheo de mestas denominada a Alemaña Media e outra chaira formando a Alemaña do Norte. O seu terreo é variado,  cheo de vales fluviais, montañas, ríos e concas. Teñen tamén moitas cordilleiras e cadeas montañosas, pero as montañas mais grandes sitúanse nos Alpes bávaros como o Zugspitze cunha altitude de 2.962m de altitude.

luns, 2 de decembro de 2013

Destino Alemaña



Ola, somos Javier y Christopher e imos os dous a unha viaxe a Alemaña usando a imaxinación.
E por que? (Principalmente porque si non o facemos nos catean en informática), pero tamén hai outros motivos aínda que sexan distintos para cada un de nós.

· Christopher quere coñecer novas culturas, ver a Anxela Merkel, gozar coa paisaxe típica e desexa visitar Berlin e Munich.
·  Eu (Javi) quero comer en Frankfurt e ver as casas típicas de alí.
A verdade é que tamén porque oín que os alemáns teñen unha tecnoloxía bastante boa así que tamén é posible que podamos visitar algún que outro laboratorio a ver se é certo o que din na publicidade sobre os seus avances tecnolóxicos.