mércores, 4 de xuño de 2014

Terceiro día de Rubén en Salou


      O mércores pola mañá tiñamos que xogar un partido de fase de grupos pero como quedamos primeiros xa non o xogamos, e así descansabamos para xogar as semifinais da Costa Daurada Cup contra o equipo anfitrión do torneo, o Cambrils FC. 
     
     O partido foi moi disputado entre os dous equipos xa que se decidiu nos últimos minutos metendo un gol de cabeza, e iso que é o meu punto máis débil, gañando o partido por 3-2. Ao día seguinte tiñamos a ansiosa final do torneo e íamos a por todas.

      Pola tarde fomos todos xuntos á praia de Levante a pasalo ben, mellor non se podía estar, porque a auga estaba boísima, podías estar tranquilamente nela, non coma na costa atlántica que a auga está demasiado fría. O único negativo é que a area estaba pero que moi quente, porque se quedabas 5 segundos se che cocían os pés por debaixo. Máis tarde, contra a noitiña, xogamos un partido de volley facendo equipos de 3 con 6 xogadores e  aos primeiros que acadaban 5 vitorias os adestradores lles invitaban a algo, pero por mala sorte o meu equipo non gañou. 
     
       
      Ao chegar o hotel démonos unha boa ducha para despois saír de festa. Despois de cear quedamos na entrada porque os adestradores tíñannos que dicir algo. Nese momento todos pensamos o peor, e así foi, dixéronnos que non se podía saír porque tiñamos a final as 10:00 h e se saíamos íamos perder, e non merece a pena chegar á final e perdela. 

      Nós estabamos un pouco fodidos xa que tiñamos a idea de saír pero respectamos as palabras dos adestradores, e así foi, descansamos para gañar o torneo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario