Tras visitar a Abadía De San Galgano, e despois de durmir unhas cantas horas, dispóñome a pasar o meu segundo dia en Siena e, como me queda preto, visitarei a Praza Do Campo.
Como xa fixen na entrada anterior, falareivos de súa historia e dos eventos que se realizan anualmente nela.
Como xa fixen na entrada anterior, falareivos de súa historia e dos eventos que se realizan anualmente nela.
Considerada unha obra mestra da arquitectura medieval, construíuse nun complexo terreo e é a causa da súa característica e orixinal inclinación.
Ten forma de cuncha e está situada no centro da cidade, no mesmo lugar no que se atopaba o antigo foro romano de Siena. A praza está inclinada. Na parte superior hai unha gran fonte, a Fonte gala, inaugurada en 1348.
Estou marabillado! Este lugar e fascinante, incrible e fermosisimo.
Nestes momentos apréciase un notable tránsito peonil. Estou buscando a maneira de poder entra na torre da praza ou nalgunha azotea para poder fotografar a praza dende arriba...
Nestes momentos apréciase un notable tránsito peonil. Estou buscando a maneira de poder entra na torre da praza ou nalgunha azotea para poder fotografar a praza dende arriba...
Falei cun home que entraba cara a súa casa e tras conversar un rato aceptou deixarme subir para fotografar o meu obxectivo...velaí vai o resultado:
Cando era un rapaz, meu pai ensinoume un pouco de italiano, e grazas a iso resúltame máis doado entender o que me están a dicir.
Tamén souben que nesta gran praza celébranse unhas carreiras de cabalos anuais, as Carreiras do Palio, unha competición entre as contradas de Siena nunha carreira hípica medieval que ten lugar dúas veces ao ano, unha o 2 de xullo (na honra da Virxe de Provenzano) e a outra o 16 de agosto (na honra de Asunción da Virxe).
O Palio gáñao o cabalo, con ou sen un cabaleiro, despois de cumprir tres veces ao redor da praza no sentido do horario. A liña de chegada, marcada por unha bandeira, está na mesma zona, sen corresponder exactamente á liña de partida. O premio para o barrio é o palio, ou drappellone ou cencio, bandeira de seda rectangular pintada e posta verticalmente nun poste branco e negro e montado nunha placa de prata con dúas plumas negras e brancas que descenden lateralmente.
Tamén souben que nesta gran praza celébranse unhas carreiras de cabalos anuais, as Carreiras do Palio, unha competición entre as contradas de Siena nunha carreira hípica medieval que ten lugar dúas veces ao ano, unha o 2 de xullo (na honra da Virxe de Provenzano) e a outra o 16 de agosto (na honra de Asunción da Virxe).
En cada Palio parten só dez contradas, as sete que non participaron o ano anterior e tres máis elixidas por sorteo, e de acordo cun cambio de xullo a xullo e de agosto, en agosto. O mecanismo é o seguinte:
Ningún comentario:
Publicar un comentario