Hoxe tocaba visitar o Cosmocaixa de Barcelona, cando rematamos de almorzar subimos ao bus e dirixímonos cara o museo.
De camiño fixemos unha parada no Camp Nou, aínda que non entramos no estadio, puidemos facer compras na súa boutique e fotografármonos no seu exterior.
Ao rematar a curta visita retomamos o camiño cara o museo. Ó chegar, o primeiro que visitamos foi un aparello que recollía unhas follas e soltábaas.
Logo deixáronnos tempo libre pola zona das ramblas, onde aproveitamos para facer unhas compriñas e parar no Starbucks e no Hard Rock Café.
Percorremos toda a primeira planta e quedamos impresionadas pola cantidade de aparellos que representaban leis da Física:
O museo tamén contaba cun bosque artificial ao que se podía acceder.
Logo fomos comer. O menú era un pouco cutre e había pouca variedade.
Subimos a azotea desde onde gozamos dunhas fantásticas vistas, que inmortalizamos tirando moitas fotos.
Pasada unha hora abandonamos aquel lugar e dirixímonos de novo a Barcelona para visitar distintas zonas da cidade.
Por último fomos visitar a Sagrada Familia, a pesar de non estar rematada e de que o exterior era coñecido por todos, o interior deixounos pasmados, era inmensa, estaba decorada dunha maneira moi especial e as vidreiras de cores eran espléndidas, a súa segunda fachada pareceunos un pouco triste e escura despois de ver aquel interior tan cargado e colorido.

Ao chegar ao hotel, despistamos a Blanca para prepararlle unha gran sorpresa para ao seu aniversario.
Preparámonos e saímos de festa outra vez polo Nicky´s, esta vez había máis xente, outros institutos, que fixeron máis divertida a noite.
As 00:00 saímos todos e foi cando lle demos a sorpresa a Blanca, cunha torta chea de gominolas, un gran detalle que lle gustou moito.
E aquí acabou o noso último día en Barcelona... ADEU!
As 00:00 saímos todos e foi cando lle demos a sorpresa a Blanca, cunha torta chea de gominolas, un gran detalle que lle gustou moito.
E aquí acabou o noso último día en Barcelona... ADEU!
Ningún comentario:
Publicar un comentario