Hoxe levantámonos tarde xa que onte fomos de festa, este día é para pásalo ben e gozar do que non gozaramos ata agora. Pola tarde todo o equipo foi á piscina e falamos co monitor para que nos deixara xogar ao wáter-polo, xa que tiña as porterías alí, e así foi. Fixemos tres equipos e o que chegara a 10 vitorias gañaban unha trofeo pequeniño do hotel. Aínda que o meu equipo tivo mala sorte no torneíño de volei, neste de wáter-polo gañamos, e recibimos o trofeo da mans do monitor da piscina, aínda que o obxectivo principal era pasalo ben. Pero, ¿que queredes que vos diga?, gañalo foi mellor aínda.
Quedaban poucas horas para marchar, fomos ós nosos cuartos a preparar a mochila para a volta a casa. Por último, fomos todos xuntos a tomar algo a un bar de Salou.
No hotel, ao baixar as maletas, ía un pouco triste porque o que vivín estes cinco días en Salou gustoume moito: piscina, praia, saír, os partidos, o compañeirismo... Pero quédome co positivo e é que o pasei moi ben e que gañamos un torneo internacional de fútbol base.
Aquí vos deixo unhas imaxes das paradas que fixemos polo camiño ata Galicia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario