xoves, 19 de xuño de 2014

Venres 11, Portaventura, día 6

Mal que nos pese hoxe é o último día, pero que o sexa non quere dicir que cambie a rutina de pola mañá. Fixemos o de sempre e marchamos cara Portaventura. 

Chegamos a iso das doce do mediodía, e estivemos a esperar como cousa dunha hora para entrar, xa que aínda tiñan que imprimir as entradas. 

Montañas rusas: Dragon Khan (a vermella) e Shambala (a branca)
Por fin demos entrado, todo era abraiante. Antes de comer subimos nunha soa atracción, o Furius Bako, para o cal estivemos dúas horas a esperar na cola. Despois de comer, para o que tamén agardamos o noso, fomos á caída libre. Tamara como non ía subir, quedou na porta agardando, e ó baixar, xa non estaba, entón separámonos. Eu, Ceci, fun cos que quedaban ó Dragon Khan, unha montaña rusa con moitas voltas. 

Tamara foi con máis xente a ver un musical, e logo miraron un espectáculo de paxaros. 
Ó baixar do Dragon Khan atopeime a máis compañeiros, e queríamos subir nunha última atracción, como xa se achegaba a hora de marchar fomos correndo a unha de auga, da  que non lembro o nome e cando baixamos fomos cara fóra, en busca dos profesores e o resto de compañeiros.

Shambala
Ata aquí chegou a excursión; subimos no bus e saímos cara Galiza de volta, paramos ó pasar unha hora, máis ou menos, a cear e xa, ó subir o bus, caemos todos mortos de sono. Espertamos un par de horas antes de chegar ó instituto. Ó chegar sentamos nas maletas a agardar que nos viñesen buscar.

E ata aquí chegou a nosa viaxe de fin de curso á Barcelona, e o noso traballo para o blog de informática.

Ningún comentario:

Publicar un comentario