Amosando publicacións coa etiqueta praia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta praia. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de xuño de 2014

Xoves 10, Vila Nova i la Geltrú, día 5

A mañá foi idéntica ás anteriores, erguernos, prepararnos, almorzar e para o bus. Solo cambiou en que collemos as caixiñas do pícnic.

Caixiñas de Pícnic
Fomos cara Vilanova i la Geltrú, como o primeiro día, pero non íamos tan cansos como cando chegamos de Salceda. Pola mañá fixemos kaiak, que é unha cousa que cansa moito, e logo fixemos vela, e nos demos un baño no Mediterráneo tirándonos dende o barquiño. A auga estaba bastante fría, pero nos deu un pouco igual. Despois disto nos duchamos e fomos cara un parque, onde íamos xantar os nosos famosos pícnics. Nese parque voou comida por todos lados. Se non querías a froita, o da toalla de enfrente seguro que si.




O "Nicky's"
Ó acabar de comer volvemos á praia, onde íamos xogar ó volei e ó fútbol praia. Foi bastande divertido, aínda que Ceci acabou cun pé inchado por mor dunha patada de David Romero, e cun corte no xeonllo.

Ó acabar os partidos quitamos a area que tiñamos enriba e tiramos unha foto en grupo. 

Subimos ó bus e volvemos cara Calafell. Despois de cear, os que quixeron, volveron ir ó "Niky's", e os que non tiñan ganas de festa quedaron a "durmir" no hotel.

xoves, 5 de xuño de 2014

BCN! Abraham - Día 1 e 2

Ola!

Son Abraham, do grupo de Xapón, e nas próximas entradas relatareivos a miña viaxe real a Barcelona. Comecemos!

O sábado 5 de abril estabamos todos moi nerviosos, tanto profesores como alumnos, pola inminente viaxe. Eramos uns corenta adolescentes con ganas de pasalo ben e afastarnos un tempo das clases e, por fin, ás 22:00 da noite, saímos de Salceda de Caselas para chegar ás 12:00 do día seguinte a Calafell.

Todos moi cansos á chegada a Calafell
O autobús non era moi espazoso, de feito chegamos a pensar que os asentos da parte traseira estaban máis xuntos que os da parte dianteira. Aínda así, non houbo moitos problemas de espazo debido a que algunhas persoas, me inclúo, deitámonos no corredor do bus para durmir.

Como é de supoñer, pasamos a noite en ruta, aínda que a viaxe se fixo levadeira porque houbo bastantes paradas en áreas de servizo e, ademais, tiñamos DJ propio que "amenizaba" o ambiente: Sergio, do grupo de Mónaco.

O domingo 6 de abril, dende que chegamos a Calafell e durante toda a mañá, nos aloxamos no Hotel Ramblas Miramar, e puidemos comprobar que compartiriamos estanza con anciáns moi simpáticos de todas as nacionalidades. Eu, persoalmente, compartín cuarto con Christian, do grupo de Australia, e Brais, do grupo de Brasil.

Detalle en todas as habitacións do hotel
Despois de xantar, a miña prima Andrea, do grupo de EE.UU., e máis eu, fomos dar unha volta polo paseo marítimo que estaba a un minuto do hotel. Primeira liña de praia!

A espectacular praia que estaba ao lado do hotel onde nos aloxabamos
Detalle no paseo marítimo
Pola tarde, fixemos actividades deportivas en Vilanova i la Geltrú moi variadas. Tivemos a oportunidade de facer unha xincana na praia, a cal englobaba retos como carreiras en kaiak e de sacos.

Os monitores explicándonos as actividades organizadas para ese día
Ademais, fixemos un circuíto en segway, un, atención, vehículo de transporte lixeiro xiroscópico eléctrico de dúas rodas con auto balanceo controlado por ordenador, o cal nun principio nos asustou un pouco, pero máis tarde nos desenvolviamos nel con total seguridade.

Noel Lee en segway saludando a Lady Gaga © mt3forum.net
Por último, tivemos un taller mariñeiro no que nos explicaron como preparar un barco de vela para ser botado, o cal nos serviu como preparatorio para o xoves 10, día no que iriamos a navegar.

Todos posando na praia despois da fantástica, aínda que cansa, xornada
Ata a seguinte entrada!

mércores, 4 de xuño de 2014

Terceiro día de Rubén en Salou


      O mércores pola mañá tiñamos que xogar un partido de fase de grupos pero como quedamos primeiros xa non o xogamos, e así descansabamos para xogar as semifinais da Costa Daurada Cup contra o equipo anfitrión do torneo, o Cambrils FC. 
     
     O partido foi moi disputado entre os dous equipos xa que se decidiu nos últimos minutos metendo un gol de cabeza, e iso que é o meu punto máis débil, gañando o partido por 3-2. Ao día seguinte tiñamos a ansiosa final do torneo e íamos a por todas.

      Pola tarde fomos todos xuntos á praia de Levante a pasalo ben, mellor non se podía estar, porque a auga estaba boísima, podías estar tranquilamente nela, non coma na costa atlántica que a auga está demasiado fría. O único negativo é que a area estaba pero que moi quente, porque se quedabas 5 segundos se che cocían os pés por debaixo. Máis tarde, contra a noitiña, xogamos un partido de volley facendo equipos de 3 con 6 xogadores e  aos primeiros que acadaban 5 vitorias os adestradores lles invitaban a algo, pero por mala sorte o meu equipo non gañou. 
     
       
      Ao chegar o hotel démonos unha boa ducha para despois saír de festa. Despois de cear quedamos na entrada porque os adestradores tíñannos que dicir algo. Nese momento todos pensamos o peor, e así foi, dixéronnos que non se podía saír porque tiñamos a final as 10:00 h e se saíamos íamos perder, e non merece a pena chegar á final e perdela. 

      Nós estabamos un pouco fodidos xa que tiñamos a idea de saír pero respectamos as palabras dos adestradores, e así foi, descansamos para gañar o torneo.

mércores, 23 de abril de 2014

Días 9 e 10 en Dubai

Día 9:

http://www.traveler.es
Xa é o noso último día neste engaiolante e exótico lugar. Non podemos crer que teñamos que marchar!!!

Para poder recordar este país unha vez esteamos fóra del, percorremos algunhas das súas rúas máis coñecidas, tirando moitas fotos e comprando moitos recordos propios desta cultura.

http://www.getyourguide.es
Chegada xa a tarde marchamos a praia para descansar unhas horiñas e coller color. Xa cando o sol se estaba agochando polo horizonte, un helicóptero recóllenos na azotea do noso hotel. Durante este recorrido de 22 apaixoantes minutos gozamos das preciosas vistas de Dubai, algo inesquecible para nós.

Xa rematamos esta aventura e volvemos ao hotel para facer as nosas maletas e despedirnos do noso querido hotel, xa que as once e media temos que estar no aeroporto para facturar.


Día 10:

Xa é a 01:55 da mañá en Dubai e xa estamos no avión da compañía Qatar Airways. Despois dun longo voó chegamos  a Londres as 06:20 polo horario europeo. Paseamos un pouco pola cidade londinense e as 11:50 emprendemos o voó cara Oporto o cal chegamos as 14:10. Nese aeroporto esteranos todos os nosos familiares con moitas ganas de vernos as tres.