Hoxe non era un día normal, tíñamos que abandonar o hotel, pero para non perder o costume Laura, Marisé e Nerea chegaron tarde.
Tivemos que baixar as maletas xa pola mañá e a PortAventura que nos fomos!
Ao chegar a entrada de PortAventura tivemos que esperar alí máis dunha hora polas entradas... Tirámonos ao chan e a durmir! Ó entrar cada un marchou polo seu lado, a varias atraccións.
Nós non fomos en especial a ningunha atracción grande, por vertixe ou por preguiza de esperar colas tan longas.
Despois de xantar houbo algúns valentes que se atreveron a subir á caída libre, nós, en cambio, fomos mirar un musical. Pero despois, como este nos gustou tanto fomos mirar outro, un de paxaros.
E chegou a hora de marchar, pero foi unha lea para atopar a saída!!
Cando xa estábamos no bus démonos conta de que isto se acababa, a nosa viaxe estaba rematando...
Faltábanos so esa noite xuntos, metidos no bus... Fixemos varias paradas, cenamos en Zaragoza e o resto do camiño pasámolo durmindo. Chegamos a Salceda sobre as 9 da mañá.
Aquí vos deixamos unha fotiño de Rodrigo durmindo, xa que tanto vos falamos diso.
A NOSA VIAXE REMATOU!
Ningún comentario:
Publicar un comentario