Amosando publicacións coa etiqueta Berlín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Berlín. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de marzo de 2014

Orgullo Gay en Berlin

A celebración do Día do Orgullo Gay naceu a raíz dos disturbios de Stonewall, ocorridos en Nova York o 28 de xuño de 1969 cando a policía levou a cabo unha redada no Stonewall Inn, bar de ambiente situado en Christopher Street, rúa do barrio do West Village de Manhattan. Ao ano seguinte, para conmemorar esta data, celebráronse en distintas cidades norteamericanas manifestacións reclamando dereitos e visibilidade para o colectivo e creando un movemento de liberación LGBT. Esta data coñécese como o Christopher Street Day e como xa vos comentei é o antecedente do Día do Orgullo Gay. 
Uns poucos anos máis tarde... en setembro de 1996, nacín eu, e dá a gran casualidade que me chamo Christopher e tamén son gay... sorprendidos verdade? Este é o meu Blog:
I'M GAY (con orgullo)




Berlín acolleu a Europride, a cita gay máis importante de Europa, en 1993 e nesa ocasión atraeu a 1,2 millóns de persoas. A maioría das cidades de Alemaña tamén teñen a súa celebración do día do Orgullo . 

Para vivir en Berlín o Orgullo Gay 2014, a mellor opción é alugar un apartamento no centro da cidade e gozar de todas as actividades que este festival ofrece este día especial. A celebración 2014 promete ter todo isto e moito máis para volver a ser un dos eventos máis divertidos en Alemaña e en Europa. Coa súa festa do Orgullo Gay 2014, Berlín, unha vez máis xustifica á súa reputación de cidade da cultura, artística e simbólica.  
Centos de miles de persoas celebrando nas rúas, cheas de cor, música e traxes e, sobre todo, as mensaxes para reivindicar unha maior tolerancia e respecto para gays, lesbianas, bisexuais e transexuais. De feito, considérase que Berlín celebra unha das mellores festas do Orgullo Gay en Europa, mentres, estou impaciente por asistir, para expresarme e pasar un bo rato.

xoves, 13 de marzo de 2014

O Muro de Berlín


Ola de novo! Agora mesmo estamos ante o muro de Berlín (ou o que queda del), claro que o que nos sorprende é que aínda quede algo!.

Como podedes ver se nos meteu un intruso na foto...

Os alemáns poden dicir “misa”, pero a iso no meu país chámanselle columnas. 
Volvendo ao tema principal, despois da 2ª Guerra Mundial, da ocupación de Berlín e a caída de Hitler, Berlín, coma o resto de Alemaña foi dividida. Concretamente en Berlín, fixeron un muro para evitar que as persoas de lado soviético ou comunista, chamado RDA, se escapasen ao lado occidental, o RDF.

Este é un esquema do muriño.
Parécenos que os soviéticos preocupábanse moito pola “seguridade” dos seus cidadáns.

martes, 18 de febreiro de 2014

Día 1 Alemaña: Chegamos a Berlín

Ola amigos e amigas, bueno despois de moitas horas de voo, aquí estamos xa no Waldorf Astoria Berlín, un hotel de luxo no centro da cidade. Perdoade o atraso pero estabamos moi cansos para contar nada. Eu durmo nunha suite na azotea do hotel e Christopher máis abaixo, nunha habitación "normal". 
Agora vos ensinaremos o hotel, comecemos:


 
Habitacións:
     Habitación de Javier ( é a mellor, seino).


     Habitación de Christopher (gústalle o "sinxelo").
  • E aquí está a piscina do hotel 


 

Bonita ¿eh?. Na próxima publicación compartiremos con vós a nosa viaxe turística por Berlín.