Amosando publicacións coa etiqueta jose. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta jose. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de xuño de 2014

Último día en Barcelona City (Brasil)

Despois dunha noite de festa na discoteca Nicky's, pasando, como sempre polo On Sempre, levantámonos e coas maletas xa feitas fomos almorzar. 

Montamos todo no bus e este nos levou ata o gran parque de atraccións PortAventura.



Estivemos esperando un bo rato no aparcamento para que o Curi fose a polas entradas.   
Agardamos sobre unha hora tumbados no chan ao lado dos coches (algúns durmindo) ata que puidemos entrar. Xa dentro, os profes dixéronnos que ás dúas tiñamos que estar no restaurante para comer, aínda que bastante xente chegou moi tarde, pero non pasou nada. Só puidemos montar en atraccións contadas porque as colas eran de entre cincuenta minutos e unha hora e media, pero iso nas máis grandes. As máis chulas eran Dragon Khan, Caida libre e o Shambala. 







Tras unha tarde moi cansa, reunímosnos na entrada do parque xa para coller o bus e ir para Salceda, facendo varias paradas en estación de servicio e chegando as dez da mañá. Remataba así unha gran excursion cos compañeiros de cuarto da ESO.

                                                           ENORMES!!

                                                               

5º dia en Barcelona City (Brasil)

Xa estabamos no quinto e penúltimo día da excursión, e realmente o tempo pasaba voando. O importante era que nolo estabamos pasando xenial, e este xoves prometía moito porque estaría cheo de actividades.
Como cada día, seguimos o mesmo ritual de espertar cedo, almorzar, coller a caixa do pícnic e subir ao bus, que nos levaría a Vilanova i la Geltrú. Unha praia moi grande e cun clima incrible.


Desta vez para realizar actividades marítimas, como Vela e Kayak. Estabamos moi excitados porque era unha experiencia que moi poucos tiñan vivido. A verdade é que a maioría non tiña experiencia, pero foi moi divertido e emocionante.

Dividíronnos en dous grupos, e antes de comezar, os monitores nos deron unha pequena clase básica. Cada grupo ocupou unha hora de actividade e pasámolo moi ben.




Chegou a hora de coller o pícnic e ir comer a un parque situado a uns poucos metros da praia. Despois de relaxarnos un pouco e aproveitar para durmir, volvemos á praia para xogar ao "voley" e ao fútbol praia.














Dividímonos en 4 equipos, dous para xogar ao fútbol e os outros dous ao voley.



Xa eran as 7 cando marchamos para o bus e volvemos ao hotel, estabamos cansos despois de tanto esforzo. Chegamos ao hotel sobre as 8 e logo fomos cear. Pero antes preparamos as maletas, porque cada vez quedaba menos para ir a Portaventura. Despois quedamos en ir á discoteca "Nicky´s" xa que era a última noite e había que dalo todo!

Aproveitamos ao máximo esta derradeira noite e, como era de esperar, volvemos ao hotel tarde, dispostos a descansar para o día seguinte ir a PORTAVENTURA!

NOTA: As comiñas se poñen con shift + a tecla do número 2, non cos acentos graves e agudos.

luns, 16 de xuño de 2014

4º Dia en Barcelona City dos garotos de Brasil

Estabamos no ecuador da semana. Outro madrugón para ir a Barcelona e visitar o CosmoCaixa, pero os profesores déronnos unha "sorpresa", xa que antes de ir alí visitamos o Camp Nou e os seus exteriores. Aproveitamos para tirar fotos e tamén entrar na tenda oficial do club, que tiña moitísimos artigos variados, e unha grande cantidade de produtos relacionados coa Champions League porque esa semana o FC Barcelona disputaba os cuartos de final da competición contra o Atlético de Madrid CF.



Pasaron quince minutos e tivemos que volver ao bus para ir finalmente ao CosmoCaixa. 

Xa alí, quedamos moi sorprendidos porque era un espazo moi grande, con varios pisos e áreas: Física, Bioloxía, Química...

Pero o mellor foi o buffet do que gozamos no restaurante do complexo. A comida era deliciosa e acabamos co o estómago ben cheo. Logo fomos para fóra, aínda que dentro do recinto. Alí tiñamos moito espazo para relaxarnos e botar unhas risas. 

Máis tarde fomos de novo ás Ramblas para visitar os sitios que non víramos o luns. Deixáronnos tempo libre para comprar máis recordos. Para finalizar o día fomos visitar a Sagrada Familia, un dos monumentos máis bonitos de Barcelona.
Logo pola noite saímos a dar unha volta ao On Sempre e ao Nicky´s, que esta noite estaban cheos de xente.

mércores, 11 de xuño de 2014

Os "garotos" paséanse polo Delta do Ebro

Segunda mañá en Calafell e segundo madrugón (esta vez máis cedo, xa que na rúa, debaixo nosa había unhas vellas a falaren como se estivesen a vender peixe).

Levantámonos para ir ao Parque Natural do Delta do Ebro. Tivemos que viaxar arredor dunha hora en autobús ata chegar a L'Ampolla, nome que como era de esperar, sorprendeunos moito. Descansamos un cuarto de hora na pequena vila e despois fomos ata unha zona de praia, aínda que non tiña area... E alí un garda forestal cunha acompañante explicounos a historia desa paisaxe e o seu ecosistema, ensinándonos a zona dende un miradoiro e dándonos a coñecer especies de animais autóctonas e diferentes formas de cazar aos animais que alí vivían.



Logo, ao mediodía, collemos a cesta de pícnic e comemos ao lado de un pequeno peirao do Ebro, e agardamos moito tempo ao barco no que íamos facer unha ruta guiada. Nese tempo, algúns de nós, estivemos xogando ao "pañuelito".

Saímos do porto cara á desembocadura do Ebro, mentres un guía nos ía explicando cousas interesantes da zona de L'Ampolla. Cando chegamos á desembocadura, demos volta e nos puxeron música, coa que nos motivamos e bailamos  como tolos.




De volta no porto, tivemos que coller o bus para que durante o camiño, os guías nos explicasen as paisaxes. Logo, deixámolos nunha peaxe e fomos ó hotel.

Despois de cear, preparámonos para o noso primeiro día de festa en Calafell. Estaban todos vestidos coma se fose fin de ano, aquilo parecía unha gala. Atopamos un bar chamado "On Sempre" ao que fomos antes de entrar na discoteca Nicky's, da que nos marchamos a durmir á 1h.

venres, 6 de xuño de 2014

Os garotos de Brasil en Barcelona

O luns, despois de madrugar e tomar o almorzo, fomos a Barcelona co obxectivo de visitar e coñecer o barrio Gótico, onde a guía nos informou sobre os edificios antigos e importantes no desenvolvemento da cidade. Despois dunha mañá "interesante", fomos comer ao restaurante do Maremagnum.


Logo tivemos algunhas horiñas de descanso para coñecer o centro comercial e o porto onde nos atopábamos. Dando unha volta polo exterior, levámonos unha sorpresa cando vimos dous enormes iates, estes (segundo nos dixo un residente da vila), pertencían, un a un xeque árabe e o outro ao goberno Británico. Outra anécdota que nos contou o paseante foi que a estes barcos chámaselles "Putas", debido a que custan miles de millóns de euros. O iate árabe, cuxo dono era un magnate de Qatar chámase Katara, e mide arredor de 125 metros de proa a popa, sendo un dos 15 barcos mais valiosos do mundo.

Pola tarde, subimos no autobús e fomos visitar a Vila Olímpica de Montjuïc onde se celebraron os Xogos Olímpicos de Barcelona no ano 1992.



Máis tarde, o bus nos deixaba un pouco máis abaixo do miradoiro, onde íamos ver o porto de Barcelona e un pouco máis da cidade, porque unhas árbores tapaban a visibilidade desta. Despois de explicarnos varias cousas, subimos por unhas escaleiras ata chegar ao castelo, no que antes da entrada había un canón no que se tiraban fotos.
Cando entramos no castelo, deixáronnos ir ao baño e os "homes", co chiste de que as rapazas sempre se tiran fotos diante do espello, para non seren menos, tirámonos unhas.
































 
Por último, subimos arriba de todo e apreciamos as vistas durante uns minutos. Baixamos cara ao bús para que este nos levase cara ao hotel e prepararnos para o que viña o dia seguinte.

luns, 19 de maio de 2014

1º Día dos "garotos brasileiros" en Barcelona

A noite do 5 de Abril saímos do IES Pedras Rubias e encamiñámonos cara á "Cidade Condal", destino principal da nosa excursión de fin da ESO. Estabamos moi nerviosos e impacientes porque Kevin chegou tarde e nos fixo atrasar a partida.

Marchamos arredor das 22:15 h, moi contentos e agardando chegar o máis cedo posible xa que era unha experiencia nova e posiblemente irrepetible!

Nada máis chegar, alá polas 12:00 h, instalámonos no hotel Ramblas Miramar e fomos comer. Logo de encher o estómago, paseamos un ratiño pola que sería a zona onde íamos estar, Calafell.

Esa mesma tarde, dirixímonos a unha poboación costeira chamada Vilanova i la Geltrú. Nela realizamos unha xincana, que consistía nunha carreira de obstáculos e kaiak, na que participaban varias parellas. Os vencedores da competición foron Jose e Brais, deste grupo, que gañaron dúas merecidas medallas, cun excelente tempo de 5,25 min, sacándolle un minuto de vantaxe aos segundos.

Brais Estévez á esquerda e o seu curmá Jose Castro na dereita da fotografía

Mentres un grupo facía isto, os dous restantes estaban no obradoiro mariñeiro e no circuito de segway, a actividade máis divertida. Despois, pola noite, fomos a dar unha volta pero non habia movemento na rúa.

xoves, 3 de abril de 2014

Principal música do Brasil

BREGA

É música popular brasileira. O seu maior representante é:


          REGINALDO ROSSI 

É coñecido como o "Rei do Brega". O seu nome real era Reginaldo Rodrigues dos Santos. Nace o 14 de febreiro de 1944 en Recife, Pernambuco e morre no seu pobo natal o 20 de decembro de 2013 debido a un cancro de pulmón.


www.musicaparamusica.com








     
Dentro deste xénero musical destacan:

     
           - O Tecnobrega: É unha alteración da música popular creada por Remixado.
releaszema.files.wordpress.com
           - O Brega Pop: É un estilo de música influenciado polos ritmos rexionais de Pará, sendo Joelma Mendes a súa maior representante.                                                                                                

CHORO

É música popular e instrumental, con máis de 130 anos de existencia. É considerada "A primeira música popular típica de Brasil". O creador deste estilo musical é:
       
          JOAQUIM CALADO

Joaquim Antonio da Silva Calado era un frautista profesional que se relacionaba cos grandes intérpretes da época, que tocaban por simple pracer.

http://releaszema.files.wordpress.com/2008/03/joaquim-callado.jpg
releaszema.files.wordpress.com

SAMBA

É un xénero musical de raíces africanas xurdido en Brasil, da cal deriva un tipo de danza. É unha das principais manifestacións da cultura popular brasileira e un símbolo de identidade nacional. O seu maior representante, quen fixo a primeira gravación de Samba, é Baiano.

Ivone Lara e Beth Carvalho son consideradas as mellores cantantes de Samba de Brasil.

Beth Carvalho

Ivone Lara



BOSSA NOVA


É un movemento renovador na música brasileira que repercutiu mundialmente. Ten raíces da Samba tradicional, resultando un xénero musical máis elaborado desenvolvido por músicos con base jazzística y erudita. João Gilberto, Tom Jobim  e Vinicius de Moraes  son os creadores deste estiló musical.

Tom Jobim






Vinicius de Moraes

João  Gilberto         













venres, 28 de febreiro de 2014

Entroido en Brasil

Celébrase corenta días antes de Pascua e tres días antes do Mércores de Ceniza. Este ano vaise facer desde o 28 de febreiro ata o 4 de marzo. É a festa máis grande de Brasil, sendo os entroidos de Río de Xaneiro e São Paulo os máis importantes. A celebración transfórmase e toma o carácter que hoxe coñecemos coa aparición das escolas de samba, netamente populares (especialmente das favelas e barrios de Rio de Xaneiro) que se institucionalizaron e converteron o entroido nun espectáculo mundial onde se invirten grandes sumas de diñeiro.
  • RIO DE XANEIRO

http://www.elpoderdelasideas.com/images/olimpiadas2016/noticia2/9.jpg
elpoderdelasideas.com
  • SÃO PAULO
 
sputuris.com
  • OS SAMBÓDROMOS
A finais do século XIX, os "cordoes" ("lazos" en portugués) foron introducidos en Río de Xaneiro e consistían en grupos de persoas que camiñaban polas rúas tocando música e bailando, sendo estes os antecesores das escolas de samba. "Blocos" tamén é outra forma de chamar aos "cordoes". Actualmente, nos sambódromos, as escolas de samba compiten unhas contra outras, presentando un tema diferente a través dos seus disfraces, coreografías, música e tríos electrónicos.

lapatilla.com
  • ENTROIDO DE OLINDA (PERNAMBUCO)
O entroido de Olinda é un dos máis divertidos e está aberto a todos os públicos. Revive a maxia do pasado a través dos ritmos tradicionais de Pernambuco. 
Os cidadáns e os turistas bailan ao ritmo dos "Blocos da troca" e os monecos xigantes, emblema deste entroido. Neste, a diferenza dos demáis entroidos de Brasil, non hai competición das escolas de samba, pero fan bailes na rúa con influencia africana.

wikipedia.org

xoves, 19 de decembro de 2013

Deportes en Brasil

O fútbol é o deporte máis popular en Brasil. A selección de fútbol de Brasil gañou o Mundial en cinco ocasións, en 1958, 1962, 1970, 1994 e en 2002, e tivo e ten na súa selección grandes xogadores como Ronaldinho, Romario, Neymar... 


Selección de Brasil















O voleibol, o fútbol sala, o baloncesto, o skate, o automobilismo, as artes marciais e o fútbol praia tamén gozan de gran popularidade no país. No automobilismo, tres pilotos brasileiros gañaron oito veces o campionato mundial de Fórmula 1: Emerson Fittipaldi en 1972 y 1974; Nelson Piquet en 1981, 1983 e 1987; Ayrton Senna en 1988, 1990 e 1991. Brasil organizou varios eventos deportivos de gran escala. A nación organizou e foi sede do Mundial de 1950, da cal resultou subcampión perdendo a final contra o seu eterno rival, Uruguai, no estadio de Maracaná e ante mais de 200.000 persoas. E foi elixida para ser sede da edición de 2014. 

Orixe da foto
Organiza anualmente o Gran Premio de Brasil de Fórmula 1 no circuíto de Interlagos, localizado en Sao Paulo.

Gran Premio de Brasil
O pais foi elixido para ser a sede dos xogos olímpicos do 2016, os que se celebrarán en Río de Xaneiro.

martes, 3 de decembro de 2013

Brasil

Ola, somos Brais, Diego e Jose e escollemos Brasil porque no ano 2014 celebrarase neste país a Copa do Mundo de fútbol. Co gallo deste evento veñen de crear unha páxina turísitica que contén vídeos fantásticos en 360º das doce cidades que van ser sede do campionato, se queredes velos premede AQUí.


A parte, daranos tempo a ver moitos dos seus lugares emblemáticos xa que quedan uns 6 meses para o Mundial.
 

Famosos monumentos como Cristo Redentor, estadio do Maracaná (o máis grande do mundo cunha capacidade de aproximadamente 100.000 persoas), circuíto  de Monza, catedral de Brasilia, parque nacional da Tixuca, praia de Copacabana, o famoso carnaval, museo Óscar Niemeyer, as cataratas do Iguazú, o Pan de Azucre, o Amazonas e moitos sitios máis.