Día 3. Saímos cara o Delta do Ebro, as 9:20 collemos o pícnic na recepción do hotel e fomos ao autobús. A viaxe fíxose moi longa ata coller ós guías nunha peaxe. Foi moi agradábel estar con eles. Despois de 30 minutos chegamos a L'Ampolla onde vimos a costa e compramos comida e bebida e de aí ata ao Parque Nacional do Ebro. Baixamos do autobús e andamos pola costa mirando a zona do parque. Seguimos camiñando e chegamos á praia onde tiramos unhas fotos de grupo, pero antes subimos a unha especie de miradoiro para ver a lagoa do parque e observar as distintas especies.
Volvemos sobre os nosos pasos ata o autobús e puxemos rumbo ao Delta do Ebro, onde comemos nuns bancos o pícnic que colléramos no hotel. Os profesores comeron no restaurante cos guías. Nós xa tiñamos rematado de comer e eles botaron alí dentro máis dunha hora! Despois, estivemos esperando o barco para dar un paseo polo río e fixemos tempo xogando ao "pañuelito". Por fin chegou o barco que nos levaría polo Ebro. Á ida o guía íanos explicando todo do Ebro pero á volta puxo música e todos os que estaban abaixo subiron para bailar enriba do barco e dalo todo. Cando chegamos á terra, collemos o autobús, deixamos os guías e fomos para o hotel.
Subimos ós cuartos, collemos unha pelota e puxémonos a xogar un pouco ao fútbol antes de ir cear. Despois subimos as habitacións, cambiámonos e marchamos de festa toda a noite. Pasámolo xenial aínda que os profesores nos puxeron de hora de regreso as 4 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario