Día 5:
No penúltimo día tocounos volver á praia de Vilanova e a
Geltrú, tras outro día de almorzo saudable.
Ao chegar, volvemos a separarnos en grupos,
pero esta vez en dous en vez de tres. Un dos grupos facía unha viaxe de vela
cun monitor especializado, aplicando o aprendido no bautizo de vela do primeiro
día.
Mentres que no outro grupo facían unha viaxe por parellas en
kaiak, seguindo ao monitor e facendo diversos xogos na auga (carreiras entre as
parellas, e un xogo de esquivar diferentes boias).
Ao acabar estes exercicios fomos comer unha vez máis de
pícnic, ao igual que o terceiro día, a un parque ao lado da praia. Cando
rematamos de comer deixáronnos algo de tempo libre que adicamos a durmir xa
que tras tres días seguidos de festa non podiamos co corpo, especialmente o
noso compañeiro Sergio, o gran festeiro. Tras a sesta levantámonos todos
queimados xa que ía un sol de carallo, especialmente Carlos, que acabou tal
que así:
Pola tarde, tras repousar a comida, xogamos ao fútbol praia e ao
volei praia. Novamente dividíronnos en dous grupos, uns xogaban unha hora ao
fútbol e os outros unha hora ao volei, e logo cambiábanse.
O grupo do volei facía unha especie de torneo. Facíamos catro equipos de seis persoas. E o grupo de
fútbol dividíase en dous equipos, os que portaban camiseta contra os que
portaban o seu torso espido.
Ao rematar a xornada volvemos ao hotel e, como chegamos cedo e
aínda non era a hora de cear, o profesorado deixounos ir á piscina do hotel,
aínda que non foi moita xente, xa que a maioría preferiu descansar ou dar unha volta pola
praia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario