O mércores tiñamos planeado ir ao de novo a Vilanova i la Geltrú a continuar as actividades na praia, erguémonos moi cedo, e despois de coller o "pícnic" dirixímonos ao lugar.
Ao chegar fomos mudarnos, a maioría das persoas collemos un traxe de neopreno que amablemente nos deron, xa que se caíamos facendo vela ou kayak, a auga a esas horas da mañá estaba moi fría, por moito que no mediterráneo a auga é moito máis quente que no Atlántico.
Primeiro fixemos kayak, ensináronnos como remar e como avanzar rapidamente pola auga, fomos navegando ata unha praia próxima e volvemos.
A segunda actividade consistiu en aprender a manexar un barco de vela, en todo momento un instrutor íanos axudando a manexar o barco, demos unha volta dunha hora e gozamos da paisaxe e a relaxación que produce o mar.
Rematamos moi cansos, pero puidemos ir a un parque para tomar o noso "pícnic" e descansar. Había que coller forzas para a tarde.
Pola tarde volvemos á praia para practicar fútbol durante media hora. Branca e Ainhoa foron as estrelas femininas do equipo.
O resto do tempo practicamos volley. O noso equipo estaba formado por Blanca, Lois, Brais, Ainhoa e Lara, no que cabe destacar o gran saque de Lara que fixo que gañáramos o campionato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario