Hello people!
Xa estamos de volta para seguir cotándovos a nosa experiencia polos Estados Unidos. Nesta entrada mostrarémosvos o noso quinto e sexto día en Nova York, esperamos que vos guste.
Día 5 xullo.
Neste día comezamos espertándonos máis cedo do normal xa que tiñamos planeado descubrir moitas cousas novas. Cando estabamos almorzando puxemos en orde o noso axitado planning do día, adicado a pasar todo o día no distrito do Bronx. Nel naceu o Hip-Hop e tamén os New York Yankees, dous factores moi representativos de New York e tamén dos Estados Unidos. Ademais é coñecido por ser o berce das artes urbanas e das máis vangardistas.
Entrada do museo de artes de Bronx. (foto orixinaria de Manuela Martin) |
Xa con forzas grazas a un gran almorzo, collemos un taxi para levarnos ao noso primeiro destino do Bronx, a Grand Concourse. Esta é unha vía pública duns 7'2 Km e o lugar máis característico e famoso de Bronx. Estibemos paseando durante unha hora e media. Non hai nada mellor que un bo paseo coas mellores para empezar ben o día.
Como non sabiamos moi ben como chegar ata o noso seguinte destino preguntámoslle a un mozo que había por alí (moi ben feitiño, a verdade) como podíamos chegar ata o Bronx Museum of Arts. Foi moi amable connosco e ata nos acompañou ó museo. Antes de entrar decidimos ir a un Starbucks para tomar un refrixerio de media mañá acompañadas do mozo. Cando el tivo que marchar, optamos por entrar.
Entrada (foto orixinaria de sheri silver) |
Ó rematar co percorrido da visita, tivemos un ratiño para charlar co autor da exposición máis outros artístas que se encontraban alí. Nós comentámoslles que nos encantou poder gozar daquelas marabillas. Comentámoslles que a Andrea e a Iria lles encantou a parte de fotografía pero que, sen embargo, a min gustáronme máis as esculturas.
Saímos de alí sobre as dúas e media do mediodía e cunha fame tremenda e paramos nun posto de comida rápida. Cada unha pediu o seu e cando nolo serviron quedamos abraiadas polo tamaño das racións. Non conseguimos acabalo todo pero quedamos cheas.
A verdade é que esta comida non era moi saudable pero nesta viaxe non tivemos en conta o de engordar uns quiliños de máis. Xa tocará facer operación bikini á volta a España. Antes de ir ó noso seguinte destino, estivemos dando un paseo polas rúas da zona xa que o Andrew Freedman Home (un antigo pazo de 1924) estaba case ó lado do museo.
Patio traseiro do Andrew Freedman House (foto orixinaria de Christina Crowl) |
Nalgunhas ocasións, este pazo é utilizado como albergue de diversas exposicións de arte e nesta ocasión tivemos a gran coincidencia de atoparnos con unha. Ao entrar, gozamos dunha exposición completamente diferente á do museo porque esta era máis de tipo antiga.
Tras unha longa visita, fíxosenos noite polo que era hora de volver a "casa". Pedimos un taxi e nos levou de volta ó hotel. Ceamos e non tivemos forzas para ir de troula como tiñamos previsto, polo que nos demos un baño de auga quente e directas para cama.
Día 6 xullo.
Neste día da noxa viaxe quedamos un pouco máis na cama porque seguíamos cansas de tato camiñar o día anterior.
Xa vestidas e ben alimentadas, o plan que tiñamos era un tour gastronómico por Little India, onde nos esperan un montón de pratos novos por descubrir!!
Calles de Little India. |
O máis salientable deste lugar era a gran cantidade de cores que había polo barrio. Era fermoso. Parecía que nos tiñamos tele transportado á mismísima India porque era totalmente diferente ao que estabamos acostumadas a ver días atrás. Fomos dando un paseo para descubrir todos os establecementos ata chegar a un bar que atopáramos facendo unha busca en Google. Non sabíamos o que pedir pola gran variedade, entón decidimos preguntarlle ó camareiro que nos recomendase un bo prato de iniciación. Recomendounos o dal, que é un prato típico de legumes secas. A nos as tres non nos gustou moito pero tiñamos que probalo para sabelo, ademais non estamos acostumadas a ese tipo de comidas.
Dentro dun comercio (foto orixinaria de 何塞埃利亚斯 (何塞·克鲁兹)) |
Despois disto seguimos paseando polo barrio parando cada dous por tres en cada establecemento por cousas típicas de India que nos chamaban a atención, pero como tiñamos tempo gozabamos da cantidade de obxectos fermosos que había. Andrea e eu (Laura) seguimos camiñando pola rúa e foi aí cando nos demos conta que perderamos a Iria xa que a súa ausencia faixe notar. Chamámola unha chea de veces pero nada, a rapaza non nos collía o móbil. Despois dun bo rato buscándoa, atopámola dentro dunha tenda alucinando por todas as especias que había naquel comercio, e o mellor que ela nin se dera conta de que nós non estabamos. Para esquecer o incidente, decidimos tomar un refrescante xeado e así, facer máis levadeiro aquel caloroso día.
Xa eran máis das 5 da tarde e aínda non foramos xantar. A verdade que non tiñamos demasiada fame pero encontramos un local de comida rápida con comida típica hindú e decidimos probar. Está vez probamos as samosas vexetarianas que nos gustaron bastante. Enchendo a barriga aínda máis seguimos dando voltas polas rúas.
Xa eran máis das 5 da tarde e aínda non foramos xantar. A verdade que non tiñamos demasiada fame pero encontramos un local de comida rápida con comida típica hindú e decidimos probar. Está vez probamos as samosas vexetarianas que nos gustaron bastante. Enchendo a barriga aínda máis seguimos dando voltas polas rúas.
Visto todo o barrio, volvemos ó noso hotel sobre as 7 da tarde porque tiñamos previsto probar a segunda noite de troula por New York. Esta vez íamos ir ao East Village, que é unha das zonas de ambiente para xente nova. Decidimos pedir un taxi e unha vez alí empezou a festa. Foi unha noite moi longa polo que vai ser mellor non entrar en detalles da cantidade de cousas que pasaron. O que pasa en New York quédase en New York. Só dicir que volvemos bastante tarde ó hotel.
Con estes últimos relatos rematamos as entradas desta viaxe imaxinada. Dicimos adeus a EEUU para dar paso a Cataluña, á nosa excursión de fin de 4º ESO. É unha mágoa non ter podido terminar de contar toda a experiencia que nos estabamos a imaxinar as tres, pero seguro que o noso paso por Barcelona vaivos gustar.
Esperámosvos na seguinte entrada, ata entón...
Bye-Bye!
Con estes últimos relatos rematamos as entradas desta viaxe imaxinada. Dicimos adeus a EEUU para dar paso a Cataluña, á nosa excursión de fin de 4º ESO. É unha mágoa non ter podido terminar de contar toda a experiencia que nos estabamos a imaxinar as tres, pero seguro que o noso paso por Barcelona vaivos gustar.
Esperámosvos na seguinte entrada, ata entón...
Bye-Bye!
Ningún comentario:
Publicar un comentario