Amosando publicacións coa etiqueta Cruceiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cruceiro. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de xuño de 2014

Jorge cóntanos o seu cruceiro polo Mediterráneo.



Día 1:

Tras catorce horas de autobús, por fin chegamos a Barcelona. Ata as catro da tarde non podiamos embarcar no cruceiro e tiñamos chegado as once da mañá, tivemos que facer tempo paseando polas Ramblas.
Tamén visitamos o Parque “Güell” e a Sagrada Familia, na que nos tería gustado entrar pero había moita cola e non tiñamos tempo como para estar a esperar, así que marchamos. A última hora, antes de subir o cruceiro, fomos a un centro comercial que estaba xusto ao lado do porto, e aproveitamos para facer unhas pequenas compras.
Cando por fin chegou a hora de subir ó barco, todos estabamos nerviosos por embarcar e poder descansar depois de tan larga viaxe. Unha vez dentro, fomos para os nosos camarotes para desfacer as maletas. Despois dunha sesta bastante larga xa era hora de cear, así que nos preparamos e alá fomos. Ao rematar fomos a unha discoteca do cruceiro. Despois duns bailes volvemos a os camarotes a descansar. Mallorca agardábanos!


mércores, 4 de xuño de 2014

BCN14 Día 3 por David e Sebi

O terceiro día era o martes, baixamos ao restaurante do hotel, almorzamos e collemos as nosas pequenas ''picnicadas'' (pequenas caixas de pícnic, con distintas variedades de alimentos). Arrancamos en bus cara o Parque Natural Do Ebro, alí visitaríamos campos inmensos de arroz e a praia ''Arenal'', que era unha ironía, porque había máis pedra que outra cousa. 
Despois de tirar unhas fotos, fomos comer a unhas mesas ao carón do río. Alí comezou o tráfico de batidos de chocolate, e coma a espera do barco para facer un cruceiro polo Ebro facíase eterna, algúns fomos dar unha pequena volta por alí. 


Outros xogaron ao ''pañuelito'', homes vs mulleres, gañaron as mulleres pero só porque o Curi lles axudou. Cando por fin chegou o barco, subimos e de primeiras non parecía moi divertido. Aínda por riba ía un frío de carallo, pero era moi interesante o que nos contaban, e á volta puxéronnos música, e iso sumado ás ganas que tiñamos de festa, xa vos podedes imaxinar, máis de medio 4º da ESO, co Curi incluído, toleando enriba dun barco. Ao rematar o cruceiro, subimos no bus e volvemos para o hotel coa música de DJ Sergio Rodríguez soando.

                   


Xa no hotel fomos cear, pero non o puidemos facer no restaurante debido a que os benqueridos hóspedes da terceira idade tamén tiñan ganas de festa e a montaron alí. Sen ningún problema fomos cear ás mesas da cafetaría. 

Despois da cea, fomos prepararnos para o primeiro día de festa; era o día de recoñecemento, onde descubriríamos os locais e coñeceríamos ao camareiro do ''On Sempre'' co que acabaríamos por tecer unha pequena amizade. Estivemos ata as dúas e pouco se recordo ben, pero foi un tempo moi ben aproveitado.


domingo, 1 de xuño de 2014

Noelía, Carla e Ali van de cruceiro polo Delta do Ebro

Día  9:

Espertamos as 8:25 da mañá, preparámonos, almorzamos e collemos o noso pícnic. De seguido marchamos cara ó autobús, que nos leva a L'Ampolla, unha poboación situada no Delta do Ebro. Alí facemos un percorrido podo Delta, onde o guía nos dá unha explicación sobre a súa fauna, flora e o proceso de cultivo do arroz.





Máis tarde fixemos unha parada para almorzar. Como tivemos un longo tempo de espera, algúns dos nosos compañeiros xogaron ao "pañuelito", mentres  os que estaban comendo no restaurante rían. Pasámolo xenial, isto recordounos os nosos anos de párvulos. Pouco despois, sobre as 18:00 h, embarcamos e comezamos a nosa viaxe fluvial.


Ía frío. Chamounos a atención a vexetación, o guía íanos explicando e amosando un pouco toda a paisaxe. Cando chegou a hora de volver, puxéronnos música na planta de arriba todos rimos e bailamos xa que estábamos quecendo motores para a noite.


Collemos o autobús e volvemos ao noso hotel. Alí preparámonos para saír de festa. Era a primeira noite que saíamos e todos tíñamos unhas ganas incribles  de coñecer ós locais da zona, como a discoteca Nikki´s ou On Sempre.